Enterámonos hai uns minutos que a
Federación de Libreiros de Galicia acaba de seleccionarnos como finalistas para o premio Irmandade do libro, na súa categoría de Centros de Ensino, xunto co
Ceip San Martiño, de Salcedo, e o IES Blanco Amor de Ourense.
A nosa alegría e doble, posto que na categoría de "Fomento da Lectura" seleccionan tamén a
Lonxa literaria de Moaña.
Grazas a
cultura galega.org, temos esta información:
A Federación de Libreiros entregará o vineiro 28 de marzo no Carballiño os premios Irmandade do Libro na súa edición número dezaoito.
O gañador na categoría de autor foi desta volta
Xabier P. Docampo, que recibirá unha estatuíña e mais un cheque por valor de 2.000 para adquirir libros.
Canda ao premio de Docampo, esa noite coñeceranse os galardóns nas diferentes categorías: mellor libro, fomento da lectura, institucións, librarías, editorial e centro de ensino.
FINALISTAS DOS XVIII PREMIOS IRMANDADE DO LIBRO
Fomento da lectura:
Biblioteca Pública de O Porriño
Bibliotecas Públicas da Coruña
Asociación Cultural Lonxa Literaria, de Moaña
Centros de ensino:
CEIP de Quintela – Moaña
CEIP San Martiño, de Igrexa-Salcedo –Pontevedra
IES Blanco Amor, de Ourense
Institucións:
Casino de Santiago
Asociación Cultural IES Rosalía de Castro
Liceo Recreo Ourensán
Librarías:
Andel do Libro Galego e Portugués
Libraría Porta da Vila, de Viveiro
Libraría Paz, de Pontevedra
Mellor libro do ano 2008:
Fin de século en Palestina. Miguel Anxo Murado. Editorial Galaxia.
Festina lente. Marcos S. Calveiro. Edicións Xerais de Galicia.
O xardín das pedras flotantes. Manuel Lourenzo. Edicións Xerais de Galicia
Obra editorial do ano 2008:
As flores do mal. Ed. Galaxia.
Guía das plantas de Galicia. Ed. Xerais.
Colección rescate. Alvarellos editora.
Outras ligazóns:
Vieiros
El correo gallego
El progreso
Galicia Hoxe