Amosando publicacións coa etiqueta Fomento da lectura: o kamishibai. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Fomento da lectura: o kamishibai. Amosar todas as publicacións

01/02/23

Kamishibai en APREIXO

 Polo día da Paz decidimos no cole visitar os centros de día de Moaña e compartir cos seus asistentes algunha actividade.

Desta volta visitamos o centro de día APREIXO. Alí recibíronnos moi contentos os asistentes, compartimos unha actividade plástica con eles e elas facendo unha pomba da Paz. Despois contámoslle o conto  O Coelliño Branco

Gustounos moito compartir con eles e agradecemos a calurosa benvida a todos os/as asistentes e ao persoal responsable. 


31/01/23

Dia da paz compartindo lecturas en AFAMO

 

No día da Paz quixemos acordarnos daquelas persoas que asisten cada día aos centros de día e levarlles unha actividade especial. En AFAMO recibíronnos con moita alegría e nós esforzámosnos moito para que desfrutaran un ratiño co noso conto.

 Martina, a directora do centro explicounos que actividades facían e como funcionaban estes centros de día. Tamén nos explicou que actividades eran beneficiosas para as persoas afectadas de Alzeimer e mesmo para os que non estaban afectados. Gustounos moito compartir esta xornada con todos eles e elas.

 

24/05/18

KAMISHIBAI en 4º curso

O grupo de 4º curso preparou unha sesión de contacontos cunha adaptación do conto de Marisa Núñez A cebra Camila.
Empregaron a técnica do Kamishibai e tiveron de espectadores aos nenas e nenas da Escola Infantil de O Con. Alá foron de excursión e así de ben o fixeron:

03/05/18

O rato e os ventos en Kamishibai

Os nenos e nenas de 3º contaron ao alumnado de Infantil e de  1º e 2º de Primaria unha fermosa historia de Arnold Lobel do libro "CONTOS DE RATIÑOS: O RATO E OS VENTOS". Utilizaron o teatriño xaponés para contar contos chamado  KAMISHIBAI.
ENCANTOUNOS.
 MOITAS GRAZAS E PARABÉNS AO ALUMNADO DE 3º!!!

 

01/05/16

Conta que che conto co Kamishibai

Os nenos e nenas de cuarto curso contáronlle aos pequenos de Infantil o conto de "O coelliño blanco" coa técnica do kamishibai. Estiveron moi atentos/as!

01/05/12

Cuarto presenta....O coelliño branco

o alumnado de cuarto ilustrou e preparou o conto "O coelliño branco". En grupos foron contando o conto aos distintos niveis. Aquí vemos ó grupo que foi a 4º de Infantil:
 

17/11/11

O rato e os ventos no Kamishibai

Retomando a actividade "Conta que che conto" na que todos os nenos e nenas do cole somos contacontos.
Os alumnado de 4º de Primaria ilustrou paaa o kamishibai unha das historias de "Contos de ratiños". de Arnold Lobel, o conto de "O rato e os ventos".Despois forono conarlla aos pequenos de 1º de Primaria que aplaudiron moito.


10/02/11

Porque o vento bandido...


Os nenos e nenas de 4º seguen contando contos aos máis pequenos. Esta vez tocoulle aos de 3 anos, que estiveron mooooi atentos!!

02/02/11

Os artistas do Kamishibai

Os nenos e nenas de 4º curso ilustraron o conto da "Cebra Camila", e prepararon as ilustracions para poder contar o conto co Kamishibai. Por diante ían os debuxos, e por detrás os textos.
Logo prepararonse ben, e hoxe tres deles contáronlle o conto aos nenos e nenas de 1º, que estiveron moi atentos.

05/03/09

kamishibai, teatro de papel



O Kamishibai , que significa "teatro de papel",é unha forma de contar contos moi popular en Japón.

Consiste nun teatriño, con diferentes láminas de papel, e un texto por detrás, que o narrador vai lendo.

No cole acabamos de mercar un, e pronto empezarán as "funcions".

Mentras esperades, a biblioteca pública de Moaña ten previsto para o venres 6 as 6 da tarde a actuación de Marisa Irimia, co Kamishibai, para os nenos e nenas de5 a 9 anos.


Máis información, na páxina da biblioteca:


26/04/07

LÙA CON LUVAS EN ABRIL


Non podían quedar os máis pequenos do colexio sen a súa sesión de contacontos. Por iso estivo con nós hoxe Lùa con luvas, que nos levou nunha viaxe imaxinaria polo mundo co seu Kamishibai (conto tradicional xaponés). Con él contounos "O gato Sol" e "Hans e a princesa" , e rematou a súa sesión regalandonos mazás para o camiño.



Blog Widget by LinkWithin
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas
var linkwithin_site_id = 42636; Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...