Amosando publicacións coa etiqueta Premio ao traballo por proxectos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Premio ao traballo por proxectos. Amosar todas as publicacións

20/11/19

Premio!!

Estamos felices!
A Dirección Xeral de Centros da Consellería de Educación publicou hoxe na resolución do VI Concurso de traballos por Proxectos que o Proxecto "Os Canciños" da clase de 6º de Infantil do curso pasado , obtivo  o premio na modalidade de Proxectos de aula en Ciencias.
Énchenos de orgullo que os proxectos científicos dos nosos nenos e nenas acaden este premio e felicitamos tamén ás familias e a Protectora do Morrazo pola súa colaboración no Proxecto. E como non, parabéns para a súa titora polo excelente traballo.
Parabéns igualmente aos restante 18 centros premiados e o noso recoñecemento á Asesoría de Bibliotecas Escolares por impulsar estes galardóns a tanto traballo ben feito nos centros públicos.

13/12/17

Premio ao Proxecto Ciencia en galego en 4º curso

Estamos de noraboa!!
A asesoría de Bibliotecas Escolares vén de publicar a resolución do IV Concurso de traballos por proxectos correspondente ao curso 2016-2017.
 O CEIP Quintela  de Moaña foi premiado polo proxecto "Día da ciencia en 4º curso", feito que nos reconforta polo recoñecemento ao traballo por competencias e ao traballo desenvolvido a prol da divulgación da Ciencia en galego.
Os nosos e as nosas investigadoras compartiron con todo o cole as súas investigacións e agora veñen de ser recoñecidos no seu labor. Foi o produto final de parte da materia "Aprender a investigar", a materia de libre configuración elixida no noso centro.

PARABÉNS A TODOS E TODAS!!!!

03/12/16

Premio no traballo por proxectos para 6º de Infantil

A Consellería de Educación publicou esta semana a resolución da convocatoria de Premios ao traballo por proxectos. 
Estamos moi contentos/as porque a profe Ana e o seu grupo do curso pasado en 6º de Infantil resultaron premiados polo seu proxecto "As bolboretas".

Este foi o proxecto de investigación dos nenos e nenas da clase das bolboretas (6º Infantil) o curso pasado.
.

31/01/16

O noso traballo no blog de Bibliotecas Escolares de Galicia

Na web de Bibliotecas Escolares da Xunta de Galicia está o enlace ao noso traballo "Construímos" do curso 2014/2015 premiado no II Concurso de Traballo por Proxectos. Entrando na páxina, e clicando na palabra Construímos, atoparedes a memoria do traballo


03/12/15

Premio ao traballo por proxectos

Estamos moi contentos/as! 
O noso centro acada, unha vez máis, un premio ao seu traballo
Acaba de publicarse a resolución do II Concurso de traballos por proxectos impulsados dende a biblioteca escolar. O noso cole vén de ser premiado polo proxecto "Construimos" desenvolvido o curso pasado, e no que participou toda a comunidade educativa.

Esta é a publicación na páxina da xunta:

Resolución concurso proxectos 

Para ver parte do noso proxecto:

Blog Widget by LinkWithin
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas
var linkwithin_site_id = 42636; Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...