Amosando publicacións coa etiqueta PROXECTO MUNDO TIC@TAP. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PROXECTO MUNDO TIC@TAP. Amosar todas as publicacións

08/06/20

OS LEOPARDOS APRENDEN COAS NOVAS TECNOLOXÍAS

DURANTE ESTE CURSO OS LEOPARDOS APRENDERON MOITO A TRAVÉS DAS NOVAS TECNOLOXÍAS (TIC). 
XOGAMOS COA PIZARRA DIXITAL INTERACTIVA (PDI), CO ESCORNABOT CON DIFERENTES ACTIVIDADES (BUSCAMOS OS NOMES DOS COMPAÑEIROS/AS, FORMAS XEOMÉTRICAS, TIRAMOS OS DADOS E BUSCAMOS OS NÚMEROS,...) E TAMÉN XOGAMOS COS IPADS A APLICACIÓN QUE MÁIS NOS GUSTA É QUIVER, DE REALIDADE AUMENTADA). 
AQUÍ VOS DEIXAMOS UNHA PEQUENA MOSTRA DE COMO XOGARON E APRENDERON. 


 MOITOS BIQUIÑOS LEOPARDOS!!!

13/01/20

ESCORNABOT EN 2º CURSO

O alumnado de 2º curso estivo repasando todo o que aprendeu sobre o Dragón de Komodo dun xeito moi lúdico, xogando cos escornabots. 
A actividade consistiu en dividir á clase en grupos e en contestar a unhas cuestións que se ían facendo uns a ourtros. O grupo que tiña que resolver a pregunta, poñíase dacordo na resposta e programaban o escornabot para levalo á casilla correspondente. Se a resposta era certa, o grupo conseguía un pacopunto.
O obxectivo foi afianzar o aprendido durante o primeiro trimestre sobre o Dragón de Komodo.
Deixamos un resumo da actividade así como as plantillas e adiviñas que empregamos no xogo.


06/12/19

DÍA DA CIENCIA. EXPERIMENTOS


Chegou o día!!!!
Amosamos os nosos experimentos a todo o público asistente, que non foi pouco!


Pasaron nervios, pero fixéronno xenial!!!
Parabéns a todos e todas polo excelente traballo feito.

Aquí deixamos os experimentos que cada grupo fixo. Para velos, facede clic nos símbolos redondos cuha cruz dentro.





29/11/19

DIGICRAFT NO TEU COLE. FACEMOS UN STOP MOTION


Seguindo coa temática dos dereitos de autor, o alumnado creou un STOP MOTION co material que elaboraron para o diorama. Crearon a súa historia e tamén decidiron que licenza lle daban.









20/11/19

DIGICRAFT NO TEU COLE. ANIMACIÓNS EN 3D


Esta semana, a sesión de DigiCraft estivo dedicada a aprender a facer animacións en 3D coa aplicación TOONTASTIC. O alumnado deseñou en papel unha breve historia ou un anuncio publicitario e logo, coa aplicación, fixeron a animación. Resultou moi divertida!






DIGICRAFT NO TEU COLE. BUSCA EN INTERNET

Esta semana tocounos aprender sobre buscas en internet (coñecer distintos tipos de buscadores, uso de palabras clave, evitar artigos e preposicións, indiferencia entre o uso de maiúsculas e minúsculas...) empregando un xogo coas letras do abecedario que o alumnado creou na aula. Que ben o pasamos!








14/05/19

ESCORNABOT PARA O CONTO “A NOITE DAS MUDANZAS”

Na clase de 1º a nai de Aixa contounos un conto titulado "A noite das mudanzas".
 Posteriormente preparounos unhas actividades sobre o conto co ESCORNABOT.
Pasámolo moi ben!!!

 

24/02/19

ESCORNABOT NA AULA DE 2º CURSO DE PRIMARIA

Na aula de 2° curso estivemos repasando os principais ósos do corpo humano co Escornabot. Plantexamos as preguntas, o equipo resolve e un deles dá as ordes ao robot para levalo á resposta correcta.
Traballamos a competencia dixital, a competencia social e cívica, a competencia oral e a competencia matemática.
O obxectivo fundamental foi traballar os ósos do corpo humano.
Os contidos traballados foron as partes do corpo, nomes dos ósos principais, traballo cooperativo...
O resultado foi moi positivo. A continuación deixamos un resumo.




27/11/18

O ESCORNABOT EN 6º DE INFANTIL

Os canciños de 6º de Infantil tiveron estes días a súa primeira experiencia co esconabot. O primeiro días traballaron sobre unha soa plantilla, e na segunda empregaron xa máis.

Neste primeiro contaco foi importante familiarizarse co robot comprendento os seus movementos: adiante e xiro.

Traballaron todos xuntos para ir aprendendo mellor a mecánica do xogo.


 O obxectivo era recoñecer as diferentes razas dos cans, o tema sobre o que están investigando, traballando así dun xeito motivador.

Pouco a pouco, eles van recoñecendo os logros e avanzando nesta nova aprendizaxe.













15/11/18

5º DE INFANTIL TRABALLA CO ESCORNABOT

Na clase de 5º de Infantil xa tiveron a segunda sesión co escornabot.

Esta vez na plantilla tiñan os debuxos dos dinosauros que están a traballar (os dinosauros dos equipos da aula e a mascota da clase ).
O obxectivo era mellorar o manexo do escornabot facendo os camiños correctos para chegar ao dinosauro elixido, e pola outra banda identificar os dinosauros sobre os que etán recollendo información.

Esta vez complícase un pouco máis a tarefa, xa que a norma é que non poden pisar os demáis dinosauros, non os poden aplastar, polo que teñen que buscar o camiño correcto.

 


 


 O nivel de dificultade tamén cambia, sendo o primeiro un panel en A3 e logo dous xuntos, tendo así que contar máis casillas e facendo un percorrido maior.
Noutra actividade seguen traballando diferentes competencias, neste xogo cada un decide a que dinosauro quere chegar e dá as instrucións ao robot.





 Eles mesmos fan autoavaliación ao comprobar se o scornabot chega ou non ad dinosauro desexado.
O exercicio de atención e autocontrol é importante, todos seguen a actividade, agardando impacientes a súa quenda.



14/11/18

5º DE INFANTIL TRABALLA AS MATEMÁTICAS CO ESCORNABOT

Os nenos e nenas de 5º de Infantil teñen a primeira toma de contacto co escornabot.

O obxectivo principal era familiarizarse co robot, comprendendo os seus movementos pouco a pouco, para poder anticipar e combinalos.

 Outo contido traballado era o conteo ata 6, empregando como elemento significativo o dado, para a posterior asociación  das caras do dado coa plantilla proporcionada. Desenvólvese así a competencia matemática, a competencia dixital e a competencia en expresión oral.
Nesta primeira vez xogaron todos xuntos, en gran grupo, para entender a dinámica dos movementos, e participando de forma individual ou en parellas.



Os primeiros paso para aprender a dirixilo:

13/11/18

ESCORNABOT PARA APRENDER SOBRE DEPORTES

O alumnado de 5º curso estivo traballando durante un par de sesións sobre os deportes e as pelotas que se utilizan en cada deporte.
O obxectivo que pretendemos conseguir con isto é asociar e identificar cada deporte co implemento utilizado para poder practicalo. Para conseguilo, estivemos traballando contidos, como o coñecemento da normativa básica de ditos deportes, o xogo e o deporte como fenómenos sociais e culturais e a utilización e integración de medios tecnolóxicos no proceso de aprendizaxe para obter a información.
Os materiais que empregamos para a realización da actividade foron as plantillas A3 coas imaxes  das pelotas e o escornabot. Dividímonos en grupos e un grupo daba pistas ao outro e estes tiñan que adiviñar a pelota utilizada e o nome do deporte.
Estivo moi entretida e foi moi positiva!!!!! 










14/03/18

DÍA DA MULLER POLO ALUMNADO DE 5º CURSO

Nestas últimas sesións de Tic's, os nenos e nenas de 5º de primaria estiveron facendo un traballo sobre as mulleres e o que inventaron.
Resumiron e fixeron nun Moldiv coa información recollida. 
Aquí deixamos o resultado de todos os traballos.


Blog Widget by LinkWithin
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas
var linkwithin_site_id = 42636; Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...