Biblioteca do cole
09/11/26
CANDO CHEGA A NOITE...
28/10/26
COMEZA O NOSO PROXECTO...
Polo Día das Bibliotecas Escolares vivimos un día moi especial na biblioteca de Quintela. Paco, a nosa mascota, preparounos unha sorpresa para dar comezo ao noso novo proxecto: "Cando chega a noite...".
Os nenos e nenas puideron gozar dun momento moi especial lendo contos á luz das lanternas, descubrindo que a biblioteca tamén pode ser un lugar máxico cando cae a noite.
Pasámolo xenial e gozamos moitísimo desta experiencia tan diferente e divertida!
E isto non fixo máis que comezar… Cantas aventuras nos agardan cando chega a noite!
26/10/26
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
Polo Día das Bibliotecas Escolares, Paco, a nosa mascota, preparou a biblioteca para dar comezo ao noso novo proxecto: «De noite».
Neste vídeo podemos ver como quedou preparada a biblioteca para que, durante a xornada de hoxe, os nenos e nenas puidesen achegarse aos novos contos e descubrir todo o que agocha a noite.
E isto non fixo máis que comezar… A noite acaba de chegar a Quintela!
19/10/26
A biblioteca comeza a funcionar!
Un curso máis, Paco pon a funcionar a biblioteca. O alumnado de infantil desfruta das lecturas e dos préstamos semanais de libros para poder levar a casae gozar de momentos lectores en familia.
MOCHILAS VIAXEIRAS
En outubro comezamos coas mochilas viaxeiras! Cada alumno/a levará durante quince días unha selección de contos adaptados á súa idade e novidades para desfrutar da lectura en familia.
18/10/26
FORMACIÓN DE USUARIOS EN PRIMARIA
PRÉSTAMOS SEMANAL
Xa comezamos co préstamo semanal en Infantil!
15/10/26
08/10/26
O ALUMNADO DE 4ºI VISITA A BIBLIOTECA
Unha vez rematada a adaptación, o alumnado de 4º de Infantil fixo un percorrido por todo o colexio para coñecer as diferentes dependencias: o comedor, o ximnasio, as aulas e, como non podía ser doutro xeito, a nosa querida biblioteca escolar.
Alí descubrimos xuntos os diferentes espazos e recunchos da biblioteca e presentamos a un dos seus grandes protagonistas: o rato Paco, a nosa mascota!
Estes primeiros encontros coa biblioteca son sempre momentos moi especiais, cheos de ilusión, curiosidade e emoción.
Benvidos á vosa biblioteca! Que este sexa o comezo de moitas aventuras entre libros e historias.
05/10/26
FORMACIÓN DE USUARIOS
Antes de comezar co préstamo semanal da biblioteca, o alumnado de Infantil participou nunha xornada de formación de usuarios moi divertida.
A través dun xogo, tivemos que colocar cada libro no seu sitio, fixándonos nas etiquetas. Así, pouco a pouco, fomos descubrindo como se organizan os libros da nosa biblioteca e aprendemos a diferenciar os contos dos libros informativos.
Aprendemos xogando e xa estamos preparados para gozar dos libros, coidalos e compartir novas aventuras con eles!
10/09/26
CONTO DO PRIMEIRO DÍA
06/07/26
TRÍPTICOS COMUNIDADES AUTÓNOMAS
03/07/26
Proxecto Polos eclipsados. Entrega no Concello dos trípticos
Hoxe demos un paso máis no noso proxecto Polos Eclipsados.
O alumnado de 5º de Primaria fixo entrega no Concello de Moaña dos trípticos divulgativos elaborados tras semanas de investigación sobre os mellores lugares do municipio para observar a eclipse solar do vindeiro 12 de agosto.
Posteriormente, depositamos os trípticos na oficina de Turismo, para que veciños e visitantes poidan consultalos e descubrir os puntos recomendados para desfrutar deste acontecemento astronómico de forma segura.
Grazas ao Concello de Moaña pola súa acollida e por colaborar na difusión deste proxecto de divulgación científica realizado polo noso alumnado.

29/06/26
Préstamo de verán
O noso alumnado pode desfrutar dos momentos de lectura durante o verán cos libros que escolleron na biblioteca.
























