Os pandas e as bolborestas subimos nos primeiros días de curso á biblioteca para saudar a Paco, o noso ratiño. Aproveitamos para facer un xogo para aprender a colocar os contos, dentros das actividades de formación de usuarios, e tamén compartimos e disfrutamos lendo contos.
Amosando publicacións coa etiqueta Inicio de curso b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Inicio de curso b>. Amosar todas as publicacións
17/10/24
12/09/21
UNS CONTOS PARA EMPEZAR
Un novo curso acaba de comezar e desde o equipo de biblioteca queremos darvos a benvida a todas e a todos e desexarvos unhas moi felices lecturas!
Empezamos con esta selección de contos para o primeiro día de clase:
...e a partir de agora, quedan moitos libros por abrir, para contar, cantar, recitar, viaxar, descubrir, imaxinar...
Agardan por vós na biblio!
13/09/18
UN CONTO PARA EMPEZAR
Xa estamos no cole!
Empezamos un novo curso con ilusión, con ganas de aprender, de estar cos amigos e amigas, de vivir novas experiencias,...e tamén de compartir lecturas que nos fagan gozar, pensar, imaxinar,...
17/11/16
AS TARTARUGAS NA BIBLIOTECA
Aproveitamos sempre que imos para ler contos
E hoxe por fin, como xa somos moi maiores, fixemos o préstamo na biblioteca, xa que ata agora o faciamos na clase na nosa biblioteca de aula. Axudounos a profe Andrea a prestar os libros no ordenador, e aprendemos a colocar o conto e a carpeta na mesa, a buscar o conto que nos apetece levar para casa, ...
FIXÉSTELO MOI BEN!!!
14/09/16
Comezamos cun conto
Como nos últimos anos, comezamos o curso lendo un conto en todos os niveis.
Os nenos e nenas de primeiro decidiron facelo no patio.
Os nenos e nenas de primeiro decidiron facelo no patio.
14/09/15
O CONTO DE PACO
16/09/14
Xa estamos de volta!
Xa estamos de volta neste novo curso 2014-2015. Esperamos que as vacacións fosen divertidas, interesantes e descansadas para coñecer este curso novas lecturas.
Os andeis quedaron un pouco baleiros co préstamo de verán, así que é hora de que volvamos contar con estas lecturas tan viaxeiras.
A información de como podedes devolvelas está aquí:
Os andeis quedaron un pouco baleiros co préstamo de verán, así que é hora de que volvamos contar con estas lecturas tan viaxeiras.
A información de como podedes devolvelas está aquí:
14/09/13
Comezo do curso en 2º
Empezamos o novo curso con moitas ganas! Temos unha clase nova, e... xa no piso de arriba! Hai moitas cousas diferentes na aula: xa non hai alfombra, as mesas son individuais... Pero outras moitas seguen igual: traballamos por equipos, xogamos e aprendemos xuntos... O primeiro día lemos un conto moi divertido que xa case aprendemos de memoria.
13/09/13
Comezo de curso en 5º de Infantil
XA ESTAMOS DE NOVO!
Xa rematou isto de ser os pequenos do cole! Agora xa estamos na aula dos maiores de 4 anos e ben que se nos nota! Cantísimo medramos neste verán...
Nestes días andivemos moi liados descubrindo os nosos novos espazos e materiais, investigando que cousas nos facían falla, anotando para Paco as temáticas dos libros que queremos para a nosa biblio, escollendo como queriamos chamarnos este ano... moitísimas cousas!
Se ben, o que máis nos gustou de todo foi estrear o curso co noso novo conto, así que con CARABUÑAS damos a benvida a outro ano xenial.
12/09/12
Empeza o curso
Despois de dous meses de silencio, aquí estamos de novo!
Hoxe empezou o curso, e con él un montón de propostas novas.
Este ano o noso proxecto vai ser "O MAR".
Como pronto cumprírase 10 anos do afundimento nas costas galegas do "Prestige", falaremos deso e xuntos reflexionaremos sobre o importante que é o mar para nós, e como debemos coidalo.
Pediremos a axuda das familias, coma sempre, porque con elas aprendemos moitas cousas.
Tentaremos facer saídas relacionadas co mar, e mais cousas que xa iremos contando.
Cantas ideas e proxectos temos!!!
Convidamos a toda a comunidade escolar a subir a bordo de este proxecto!

10/09/11
Aquí estamos
Ola a todos e todas!
Aquí estamos de novo, coa ilusión de un novo curso, cheo de novidades.
Ao longo da semana que ven iremos recollendo os libros do préstamo de verán, e organizando as bibliotecas de aula.
O luns vémonos na biblioteca do cole!
08/09/10
Proxectos para este curso
Ola nenos e nenas!
Este verán andiven moi atarefado, indo á praia (que verán máis bo tivemos, non si?), lendo os libros de verán que levei para min da biblioteca (Historias de monte e praia) , e facendo amigos.
Este verán andiven moito por Moaña, fun a praias ás que nunca fora, fixen un curso de windsurf, recorrín moitos sitios bonitos, coñecín a moita xente,..
E pensei que tiñamos que facer entre todos unha grande investigación sobre Moaña, a súa costa, as súas xentes, os seus lugares. Así poderemos pedirlle a axuda ás nosas familias, e estrear un cadernos de investigación que estou a preparar para vós,.. Convertirnos en periodistas e fotógrafos.
Que vos parece?
Pronto nos vemos e vos conto máis.
05/09/10
Ola a todos e todas
Despois deste descanso veraniego, aquí estamos de novo.
Como podedes ver, aproveitamos o descanso para renovar a apariencia do blog. Queríamos que o acceso ás diferentes páxinas do menú lateral fora máis doado.
Que vos parece o resultado?
Sabedes xa que o vindeiro venres comenzamos as clases de novo?
Paco vos espera cun novo proxecto para este ano. Anda metido na biblioteca, a ver si conseguimos que veña a contarvos as súas ideas.
Mentras, imos deixarvos con este divertido vídeo de Mafalda, no seu primeiro día de cole, que xa vos puxemos hai tempo.
Si vos gusta Mafalda, na biblioteca temos as súas historias:

08/09/09
Empezamos?
O xoves empezamos de novo, esperamos que veñades con moitas ganas, non como Mafalda no seu primeiro día de escola.
Xa vos mostraramos esta peli, pero é que nos gusta moito,...
Xa vos mostraramos esta peli, pero é que nos gusta moito,...
17/09/08
Novidades neste curso

Pouco a pouco imos empezando xa a traballar. Os nenos e nenas de Primaria xa fomos a biblioteca, e levamos libros prestados.
O libro máis solicitado polos maiores é "Os megatoxos e a espada esmeralda".As profes tiveron que mercar máis.
Este curso imos aprender cousas de outros países, coa axuda da nosa mascota "Paco"que nos vai traer libros e música .Outra novidade deste curso é que os nenos e nenas de sexto están facendo un blogue, pero ata que o teñan listo non o queren ensinar.
10/09/08
04/09/08
Aquí estamos
08/09/07
¡Arriba o telón!
O mércores, dia 12 de setembro, as nove da mañá empezamos as clases.Este curso o horario será completo dende o primeiro día, esto quere decir que sairemos as dúas tamén en setembro.
¡Nos vemos!
¡Nos vemos!
02/09/07
¿Preparados?
A nos xa nos falta pouco para vernos,pero mentras tanto, aquí tedes a Mafalda no seu primeiro día de escola. ¡Un chuvasqueiro non lle iría mal!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas