Amosando publicacións coa etiqueta Traballos alumnado. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Traballos alumnado. Amosar todas as publicacións

30/01/14

Manifesto do alumnado de 6º curso no día da Paz


"Ninguén nace odiando a outras persoas pola súa cor, a súa orixe ou a súa relixión.A xente aprende a odiar pero tamén aprende a amar".
Así pensaba Nelson Mandela.
Neste día da paz recordamos a este líder ,que loitou contra o "apartheid" practicando a tolerancia e a reconciliación.
Tamén queremos agradecerlle a todas as persoas que traballan pola paz e a igualdade o seu esforzo a prol dun mundo mellor.
Gustaríanos que rematasen as guerras e os conflitos . E que o diálogo e a comprensión fosen as "armas" que utilicemos para resolver os problemas.


ENTRE TODOS E TODAS PODEMOS !

11/12/12

Os nenos e nenas de Primeiro...

Na clase de primeiro aprenderon moitos poemas de outono:

10/11/12

Os nosos traballos na rede

A web da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia publica unha entrada que titula "Outono de Ciencia"
Nesa páxina recolle cinco proxectos e traballos do noso colexio no primeiro e segundo ciclo:

Os nenos e nenas de 1º Ciclo recibiron unha carta do ratiño Paco na que lles pedía axuda. Queredes saber que lle responderon?

O día e a noite


Dous experimentos interesantes dos nenos e nenas do 2º ciclo:

Experimentamos

Os nenos e nenas de primeiro queren saber para que serven as matemáticas:

Profe, para que serven as matemáticas?

Un día, no blog do primeiro ciclo apareceu un cadro e os nenos e nenas de 1º foron a biblioteca a documentarse:

Proxecto animais


Os nenos e nenas de 2º ciclo prepararon esta presentación de diapositivas coa información que foron recollendo:

As árbores

23/06/12

Rosa Caramelo

A produción audiovisual deste curso foi extraordinaria, tanto pola cantidade como pola calidade dos traballos . Este é o último dos contos presentados, Rosa Caramelo, un conto de Adela Turín para tratar o tema do sexismo coa rapazada.

14/05/12

Nós tamén somos escritores....

Un novo conto audiovisual, neste caso creado polo alumnado de 6º de Infantil. Deles son os textos as ilustracións e as voces:

18/03/12

Quérote porque me fas o Colacao

Este ano a convocatoria de cartas de amor do alumnado contou con moita participación. 
Por elo, no equipo de biblioteca decidimos dar un premio por curso.
Aquí deixamos unha mostra das cartas que cubren paredes e corredores do cole, xa que os expositores están ocupados polas cartas de amor das familias, (62 cartas das familias!!!)
Abaixo tedes os enlaces a algunas das cartas premiadas.
 Lembramosvos que este ano o tema para o alumnado era: carta de amor aos avós e avoas.
Reproducimos aquí a carta gañadora de 1º curso, que nos gustou pola súa inocencia,...



Querida avoa:

Quérote porque me fas o “colacao”.
Querido avó:
Quérote porque xogas conmigo.

Rubén 1º curso




CARTA GAÑADORA DE 6º CURSO

CARTA GAÑADORA DE 4º CURSO

CARTA GAÑADORA DE 3º CURSO

23/03/11

Os alumnos/as maiores ensinan formación de usuarios aos pequenos.

Os nenos e nenas de 4º curso, algúns deles axudantes de biblioteca, estiveron hoxe co alumnado de 2º de Primaria, para darlles unha lección práctica de formación de usuarios. Traballaron con eles en grupos pequenos. Despois da súa explicación, puxéronlles tarea: gardar libros de diferentes temas, no sitio correcto:

Os próximos días seguirán cos cursos máis pequenos.

01/02/11

Competencia dixital: O noso cole en 3D

Este é un traballo realizado por Anxo Rúa, alumno de 6º curso. Trátase do noso colexio, en 3D.

28/01/11

As mascotas

Aquí deixamos un vídeo sobre as mascotas que teñen os de terceiro de Primaria. Escoitade, xa veredes que cousas máis curiosas fan:

24/03/10

O alumnado de Quinto

O alumnado de 5º está aprendendo a facer presentacións. O tema: Moaña.
Aquí tedes unha feita por Ilian e Juan,
As fotografías son de dous alumnos de 5º, Noa e Samuel:




Se queredes ver máis dos seus estupendos traballos están en Terceiro ciclo en Quintela

06/03/10

Cartas de amor


Xa temos gañadores no I Concurso de cartas de amor do cole de Quintela.

Os premiados foron :

Carmén, de 6º curso, por unha emotiva carta á súa nai.

Lucía, de 4º curso, pola carta á súa gatiña Pelusas.

Noel, de 6º curso, pola carta ao seu amigo Lucho.


Tamén leva un premio especial a carta de Sara de 4º curso, pola coidadísima presentación.

As cartas premiadas están expostas no cole.

No Club de escritura podedes lelas.


Noraboa aos premiados!

17/12/09

Edicións Quintela


Este curso, dentro do proxecto de Normalización do centro, os alumnos de Primaria temos previsto un intercambio co CEP Brea Segade de Taragoña.
Para irnos coñecendo, nós editamos uns libros que lles enviamos:
"Estes somos nós" é a nova colección, composta de momento por catro títulos:

A clase de Primeiro

A clase de Segundo

A clase de Terceiro

A clase de Cuarto.

De cada un dos títulos publicamos dous exemplares, Un queda no cole, e o outro enviámosllo ao cole Brea Segade de Taragoña.
Eles enviáronnos un vídeo para presentarse, que vimos hoxe e gustounos moito.

10/12/09

Un pouco de todo

Os nenos e nenas de segundo remataron estes días un bonito mural para decorar un poema de outono que fixeron entre todos. No blog do seu ciclo, Primeiro ciclo en Quintela, podedes velo.
O alumnado de sexto está facendo uns folletos turísticos de diferentes sitios de Galicia.
Podedes velo no blog de
Terceiro ciclo.

En terceiro curso ilustraron e adaptaron o libro de "Rata linda de Compostela " de Bernardino Graña. En
Segundo ciclo en Quintela

Os nenos e nenas de Infantil seguen descubrindo os tesouros que garda o baúl de contos de "Lecturas de Ida e Volta".

Xa vos irán contando, que andan moi ocupados co Nadal

15/12/08

Illas Atlánticas


Os nenos e nenas de 6º curso levaron o 1º premio do concurso Illas Atlánticas de posters.
O seu traballo, estará exposto na Casa da Xuventude de Vigo dende o 23 de decembro ata o 7 de Xaneiro.
Hoxe recibiron uns agasallos.Aquí vedes a alguns cos seus premios.
Si queredes ver as fotos "censuradas",entrade no blogue dos de 6º:

http://cursodesexto.blogspot.com/2008/12/premio-illas-atlnticas.html

18/12/07

Xosé Manuel Budiño


Laura, alumna de 6º curso, faille unha entrevista a Xosé Manuel Budiño, gaiteiro de Moaña,con motivo da publicación do seu último disco.

A nós parecenos que Laura faino moi ben.Tedes a entrevista en AQUÍ VIVIMOS.

20/06/07

Agasallo para os nosos escritores



Lembrade que hai uns días vos mostrábamos o conto que escribiron os nenos e nenas de 5º curso de Primaria, despois dunha excursión a Illa de Ons.
Dende o Parque Natural Illas Atlánticas enviaronlles unhas mochilas e unhas camisetas de agasallo.Aquí os tedes todos guapos.

Si queredes ler o seu conto, está no CLUB DE LECTURA:

Publicado por Merchi e Isa.
Blog Widget by LinkWithin
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas
var linkwithin_site_id = 42636; Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...