Amosando publicacións coa etiqueta Curso 2009-2010. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Curso 2009-2010. Amosar todas as publicacións

15/09/10

Empezamos a andar

Estes días a biblioteca recibe montones de libro dos préstamos de verán: libros para as familias que pasaron o verán nas casas de nenos e nenas do cole.

Ademáis, empezamos xa a andar:


  • Mañá haberá na biblioteca escolar unha xuntanza no recreo para os alumnos e alumnas do terceiro ciclo que queiran ser axudantes de biblioteca neste curso.Os voluntarios asinarán un "contrato" coas tarefas que deberán realizar durante os recreos que estén de "garda".
  • O equipo de nais e pais de apoio á biblioteca escolar xuntaránse nos próximos días para traballar nos diferentes proxectos de participación das familias de este curso.
  • Abrírase tamén o prazo para os alumnos e alumnas que desexen formar parte dos clubs de lectura.

  • "Paco" ,a mascota do cole, prepara a súa maleta para levar contos aos nenos e nenas de 4º de Infantil, que pronto virán á coñecer a biblioteca escolar.

    Como a crisis tamén nos chega a nós, por primeira vez dende hai catro anos, este curso o concello non nos envía auxiliar de biblioteca. Todos e todas teremos que traballar máis!

03/07/10

Ler no verán

Vemos estes vídeo en Nosololibros e Trafegando Ronseis.
E un vídeo feito polo profesorado dunha escola elemental de USA, algo similar ao noso cole. A súa intención é animar á lectura no verán.
Quen sabe, igoal nos animamos nós o vindeiro curso!!!

28/06/10

A cebra Camila

Un dos últimos traballos do curso:

25/06/10

As pelotas fan rimas

Os nenos e nenas de 5º de Infantil ( a clase das pelotas )fan rimas con seus nomes



18/06/10

Traballando na Galipedia

Hoxe o alumnado de 5º subiu un artigo á Galipedia. Trátase de Lito Portela, pintor e escultor moañés. Previamente visitaron o seu taller, e fixeronlle unha entrevista para recompilar a información necesaria.

Deste xeito, pouco a pouco imos completando a páxina de Moaña, no apartado de persoeiros:

As nosas contribucións son as tres últimas:


17/06/10

Mil cousas poden pasar

No blog de Mil cousas poden pasar Jacobo Fernández Serrano fala da súa visita ao noso cole. Clica na imaxe para vela

Un xogo

Anxo Rúa, alumno de 5º, fixo este xogo cos cadros do artista moañés Lito Portela

16/06/10

Poemas en Infantil

Os nenos e nenas de 4º de Infantil aprenderon este poema de Gloria Sánchez, e traballaron moito nel, facendo os debuxos e grabando as súas voces. Escoitádeo, xa veredes que ben lles quedou:
PARAUGAS:
UNHA MAÑÁ PITIÑO PISPÍN
SAIU A PASEAR.
DÍXOLLE A NUBE:
"PIN-PIRÍN-PIN, PITIÑO PISPÍN,
COAS MIÑAS PINGAS, HEITE MOLLAR".
DÍXOLLE O PITO:
"TEÑO PARAUGAS
PARA AS TÚAS PINGAS,
PAN-PARÁN-PAN".
Un poema de Gloria Sánchez. "Rimas con letra", Xerais.

15/06/10

Visita dos nenos e nenas da escola de Vide

O xoves os nenos e nenas de 5º (as pelotas) e 6º de Infantil (os ponis) van recibir a visita dos nenos e nenas da escola de Vide:

14/06/10

Guías de lectura para o verán

Xa temos listas as guías de lecturas para o verán 2010.
Repartíremolas a vindeira semana.
Clicade nas imaxes para descargalas.
Guía de Primaria:


Guía de Infantil:

11/06/10

Historias para monte e praia


Queridas familias:

A semana que ven xa podedes levar en préstamo un lote de libros para o verán.
O horario de atención é as 9 de maña e a partir da 1,30 do mediodía.

O préstamo faranno as nais do equipo de apoio á biblioteca, que se encargarán de asesoraros.

Cada familia poderá levar ata un máximo de 15 libros, que deberán devolverse en setembro, na primeira semana de clase.

01/06/10

A tele no cole

Hoxe estivo un equipo de televisión no noso cole para gravar a algúns dos nosos alumnos contanto as cousas que fan na rede. Todos estaban moi nerviosos, pero fixeronno moi ben. Falaronlle dos blogs e dos contos e montaxes que fan para os blogs, sempre en galego.
Os de arriba son Paco e os da tele.
Pero os de abaixo son Patri e Anxo, de 5º. Que maiores parecen!!

Xornada de portas abertas na biblioteca


Hoxe celebramos no cole a xornada de portas abertas da biblioteca para pais e nais. María e Chus, as mamás do equipo de biblioteca escolar encargaronse de explicar a organización da CDU, e fixeron novos sociós e préstamos. Ademais informaron do préstamo de verán para as familias, as bolsas de "Historias para monte e praia", que elas se van encargar de xestionar.Foi moi agradable velas falando de libros e lectura.
As magdalenas fíxoas María.

26/05/10

Lecto escritura

As letras están presentes no noso entorno e os nenos ven como os adultos as utilizamos de xeito habitual para desenvolvernos na vida, polo tanto, os nenos perciben a finalidade práctica da escritura e da lectura. Escribimos para elaborar listas da compra, recados, apuntar horarios, nomes, escribir cartas e mensaxes,...Lemos para buscar información, para aprender, para coñecer noticias,...
Queremos que os rapaces aprendan a ler e escribir resolvendo tarefas con un significado, por iso traballamos moito cos seus nomes, os nomes das cousas da clase, os títulos dos libros, as receitas,... Buscamos que os rapaces poidan comunicarse a través da escritura, que entendan que ten unha utilidade real.
Mestras de Infantil do CEIP Quintela

12/05/10

Cuestionario para o alumnado de 2º e 3º ciclo


O equipo de Normalización do cole de Quintela propònvos un trato:
Cubride un cuestionario que podedes pedir na biblioteca do cole, ou descargar Aquí e entregadeo aos vosos titores.
A cambio recibiredes un agasallo.
Para responder ao cuestionario, tedes os enlaces no blog de Dinamiza Normaliza.

É un traballo voluntario que non se poderá resolver en horario de clase, poderedes utilizar os equipos informáticos da biblioteca, ou na biblioteca municipal, sempre que lle presentedes o cuestionario ao bibliotecario municipal.
Os cuestionarios debidamente cumprimentados terán dereito a un agasallo sorpresa.
O alumnado do primeiro ciclo poderá optar ao agasallo se entrega un poema de Uxío Novoneyra ilustrado.

10/05/10

Como se fai un libro?


O venres pasado, dous profesores do Departamento de Artes Gráficas do I.E.S. Montecelo ( Pontevedra ), viñeron dar unha interesantísima charla ao alumnado do terceiro ciclo.
Como se fai un libro? era o tema da charla.
Empezaron explicando a historia do libro, para continuar falando do proceso de elaboración : dende a idea inicial do escritor ou escritora ata a chegada dos exemplares ás librarías
.Axudáronse de imaxes na pantalla para ilustrar todo o proceso.. Tamén nos amosaron obxectos que se utilizan na edición artesanal. Ao final regaláronlle ao alumnado un traballo troquelado: un cartón cortado e dividido de tal xeito que se convirte nun lapiseiro en forma de moucho.
Resultou unha charla moi entretida na que aprendemos moitas cousas.

05/05/10

Terceiro ciclo e a Galipedia


O alumnado de terceiro ciclo está preparando novas entradas para a Galipedia ( a wikipedia en galego).
Os de sexto prepararon a súa: Primeiro editaron a entrada que hai sobre Moaña para incluir entre os persoeiros ilustres a Xabier Blanco, mestre gaiteiro de Moaña.

A continuación crearon a entrada sobre Xabier, con información recollida do propio gaiteiro.

Antes acudiran a Aula de catalogación de instrumentos tradicionais onde o gaiteiro explicoulles e ensinoulles o uso de moitos intrumentos alí expostos, e contestou ás súas preguntas.
Clica na imaxe para ver a páxina


O curso pasado o terceiro ciclo creou a de Iván Costa Blanco.

04/05/10

Recursos Letras galegas 2010


A páxina de coordinadora galega de equipos de normalización e dinamización lingüística ofrécenos unha recompilación de recursos sobre Uxío Novoneyra que nos permiten traballar en rede en todos os cursos.
Dende o equipo de Normalización do cole pásannos unha selección para cada ciclo que irán a parecendo nos seus blogs. De momento tedes material para traballar. Adiante!


Terceiro ciclo en Quintela

Primeiro ciclo en Quintela

Segundo ciclo en Quintela
Blog Widget by LinkWithin
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas
var linkwithin_site_id = 42636; Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...