Amosando publicacións coa etiqueta As bibliotecas escolares e a formación. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta As bibliotecas escolares e a formación. Amosar todas as publicacións

17/11/24

Formación en radio para o alumnado de 5° de primaria

 O venres tivemos o pracer de contar no cole con Damián Alonso, que nos ensinou moitas cousas sobre o mundo da radio (intensidade da voz, tono, volume, indicacións sobre cómo dar paso á voz ou á música cando gravamos…). Ensinounos a facer un guión e, por parellas, gravamos o noso podcast.

Grazas Damián, aprendemos moito!

07/11/18

PROXECTO BIBLIOTECA CREATIVA. ESCORNABOT

Este curso, o noso centro foi seleccionado para participar no proxecto de Biblioteca Creativa, Escornabot. Para desenvolver dito proxecto, temos no cole 4 escornabots que fomos montando co alumnado de 5º de primaria, 6º de primaria e tamén no claustro de mestras.
Deixamos un titorial feito por nós, por se nalgún momento o precisamos para a montaxe e soldadura dun futuro escornabot.



13/04/18

Biblioteca viva, escola viva

Hoxe xoves e mañán venres estánse a celebrar os Encontros do Plan de mellora de Bibliotecas Escolares

Estes encontros, que reúnen a mais de 600 docentes responsables de bibliotecas escolares,  teñen como obxectivo a formación en base as experiencias que aportan diferentes expertos en temas como: a lectura, o traballo por proxectos, o fomento da investigación.

O noso centro estará alí representado pola responsable da nosa biblioteca escolar, que ademais foi invitada a expoñer a nosa experiencia . O título da súa charla é :
" Unha biblioteca LÍA (Lectura, Información, Aprendizaxe): “Biblioteca viva, escola viva” 

16/03/17

Encontros 2017

Os días 16 e 17 de marzo celebraranse no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela os Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares. 
Os Encontros están convocados para os centros educativos que forman parte do Plambe.O noso colexio estará representado pola coordinadora do Equipo de Biblioteca, que impartirá unha charla sobre as nosas experiencias de colaboración coas familias "Bibliotecadocole, biblioteca das familias" 



21/11/16

Xornadas bibliotecas escolares

Esta fin de semana participamos nas Xornadas de Formación das Bibliotecas Escolares. Asistimos a espléndidas charlas que nos enchen de ideas para seguir mellorando as competencias do alumnado. Gloria Durban achegounos unha visión actualizada do que deben ser as bibliotecas escolares, que nos dá seguridade para seguir camiñando no bo aproveiramente deste espazo de saber. Outras personalidades como  Carlos Scolari ou Silvia González Goñi amosáronos información e experiencias innovadoras  especialmente interesantes.

22/11/15

VI Xornadas de bibliotecas escolares

O venres 20 e o sábado 21 participamos nas VI Xornadas de Bibliotecas Escolares, un esforzó formativo que contribúe a mellorar a calidade das bibliotecas escolares de Galicia.
Interesantes charlas, presentación de experiencias, encontros con colegas...fonda  e aproveitada actividade.
A ciencia tivo una importante presenza como eido no que desenvolver as competencias e serviunos de inspiración para futuras dinamizacións.

07/05/14

Gracia Santorum e o álbum ilustrado

Empezou dicindo que non era especialista en nada, pero nós sabiamos que dominaba amplamente o ámbito do ÁLBUM ILUSTRADO.
 Chegou cargada cunha maleta chea de xoias da literatura ilustrada, e así foi como os corenta asistentes puidemos pasear as nosas mans e os nosos ollos polas obras dos imprescindibles do álbum ilustrado.
  Saun Tan, Van Allsburg, Quentin Blake, Tomi Ungerer, Jean Brunhoff, Quint Buchholz,Suzy Lee, Innocenti,... etc foron algúns dos autores  que tivemos nas mans ao longo dunha  tarde máis que satisfactoria. 
 A charla suscitou moitísimo interese entre o profesorado, do noso e doutros centros dos arredores, e tamén entre as nais do equipo de biblioteca que asistiron e gozaron coma nós da charla de Gracia Santorum.
Nunca acabaremos de agradecerlle que nos visitara e compartira o seu tempo e saber con todos nós.

05/05/14

Charla sobre o álbum ilustrado

O mes de abril veu cargado con poucos días este ano, polo que as actividades arredor do libro seguen desenvolvéndose no mes das Letras.
Mañá martes 6 , contaremos con  Gracia Santórum, especialista en literatura infantile xuvenil, profesora de Literatura Galega, escritora e responsable, xunto a Anxo Fernández do blog Trafegandoi ronseis, referente sobre literatura  para todas as bibliotecas escolares.
Gracia desenvolverá para todo o profesorado do centro unha charla sobre o álbum ilustrado, para axudarnos a descubrir esas pequenas xoias que todos e todas deberíamos coñecer. Asistirán tamén outras coordinadoras de bibliotecas escolares da zona e profesorado interesado.

08/11/12

IV Xornadas de Bibliotecas escolares de Galicia

Os  días 9 e 10 de Novembro vanse celebrar en Santiago as IV Xornadas de Bibliotecas escolares de Galicia, este ano co lema "Ler para ver".
Nas xornadas haberá conferencias plenarias que poderán seguirse en directo.
Alguns dos profesores do centro estaremos alí, para aprender e mellorar as nosas prácticas.
Toda a información no blog da Asesoría de Bibliotecas escolares de Galicia
Descarga o programa

16/11/11

Vídeo das bibliotecas escolares


 Este vídeo que publican na páxina da Asesoría de Bibliotecas escolares de Galicia foi rodado en distintas bibliotecas que forman parte do Plan de Mellora de Bibliotecas escolares, entre elas a nosa. O vídeo presentouse no Congreso de Bibliotcas en Tránsito, celebrado en Santiago os días 10,11 e 12 de Novembro.
Mais información:

13/11/11

Congreso Bibliotecas escolares en tránsito

Vimos de asistir ao Congreso de Bibliotecas escolares en tránsito, celebrado en Santiago de Compostela.
Un Congreso cheo de personalidades que non nos decepcionaron.
As conferencias de Javier Celaya, ou Michele Petit, os debates de Jaume Carbonell, José Antonio Cordón, ou Puerto Menéndez e Rosa Piquín, as experiencias de outros compañeiros nas bibliotecas escolares, foron de unha calidade que esperamos ser capaces de trasladar ao noso facer diario,

04/11/11

Congreso Bibliotecas escolares en tránsito 2011

Os días 10, 11 e 12 de Novembro vaise celebrar o Congreso de Bibliotecas Escolares en Tránsito 2011.
Este Congreso está organizado polo Ministerio de Educación  e a  Consellería de Educación da Xunta de Galicia..Asociado ó Congreso terán lugar os Encontros de bibliotecas escolares en tránsito, no que unha parta importante do profesorado galego integrante da Rede do Plan de mellora de bibliotecas teremos a posibilidade de asistir.
Para máis informacion_




O congreso retransmitese en directo. Este é o enlace para seguilo: 
http://www.bibliotecasescolaresentransito.com/gl/streaming.asp

10/04/11

Encontros do Plan de Mellora

O pasado venres asistimos aos Encontros de Plan de Melloras de Bibliotecas Escolares.
Comenzaron coa interesantísima exposición de Teresa Maña e Mónica Baró sobre""Avaliar para avanzar. Prácticas de autoavaliación na biblioteca escolar"
Despois baixo o título de "Literatura en imaxes" houbo sesión simultáneas sobre experiencias con cine ou banda deseñada nas bibliotecas.Nesta sesión poidemos escoitar a experiencia dos compeñeiros/as e "veciños" do IES Monte Carrasco de Cangas.
Pola tarde xuntámonos por zonas, e poidemos constatar que a zona de Vigo é a máis numerosa.
O momento máis emotivo chegou ao final, da man de Xosé Neira Vilas, que fixo unha brillantísima e emotiva exposición sobre literatura e nenos.
Os materiais sobre as distintas exposicións pódense atopar AQUI.Entrade como convidado. Tamén están os vídeos das conferencias. 

Si queres saber máis sobre o tema:

Noutros blogs de bibliotecas:

07/04/11

Encontros Plambe

Mañá venres 8 de Abril terá lugar no Pazo de Congresos de Santiago o Encontro dos centros de ensino integrados no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia, do que formamos parte dende o curso 2007/2008.
Será unha xornada de formación e intercambio entre os distintos coordinadores de Galicia.
Pódense seguir as sesións plenarias en directo a través da páxina da Asesoría de bibliotecas escolares de Galicia.

31/10/10

Encontros de Bibliotecas Escolares

Este fin de semana foron os III Encontros de Bibliotecas Escolares de Galicia.

Xuntáronse máis de 1.000 docentes relacionados coas bibliotecas para escoitar conferencias e compartir experiencias.


Como todos os anos, algunhas profesoras do cole acudimos para aprender, compartir, mellorar.


Tivemos ademáis a posibilidade de falar de algunhas das nosas experiencias na biblioteca escolar do noso cole.: os traballos documentais, as aportacións á galipedia, as produccións multimedia, o traballo por proxectos, a participación das familias nas actividades da biblioteca,..

Pódese ver máis información sobre os Encontros en:

21/09/10

Plan de mellora de bibliotecas escolares


Recientemente ven de publicarse do Diario Oficial de Galicia a lista de centros integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares.
O noso centro sigue formando parte desa rede de centros, dende o curso 2006-2007.Grazas a eso temos a posibilidade de intercambiar experiencias e material con outros centros, recibir formación e asesoría e unha dotación económica.

07/04/10

Encontros do Plan de Melloras de bibliotecas escolares de Galicia



Os días 15 e16 de Abril vanse celebrar en Santiago os Encontros do Plan de Melloras de Bibliotecas escolares de Galicia.

Nesta xuntanza xuntaranse os responsables das 299 bibliotecas escolares incluídas neste Plan. Un lugar para o intercambio de experiencias, información e aprendizaxe sobre o mundo das bibliotecas escolares. Ali estará representada tamén a nosa biblioteca escolar.

Máis información no blog da asesoría de bibliotecas escolares de Galicia

25/10/09

Novas lecturas, novos lectores

Esta fin de semana celebráronse en Santiago as "Xornadas de bibliotecas escolares de Galicia", organizadas pola asesoría de bibliotecas de Galicia.
Ao longo de dous días, máis dun millar de mestres asistimos a diversas conferencias retransmitidas en directo dende o blog da asesoría, e referidas a temas que están agora mesmo no centro de discusión dos equipos de biblioteca.

Houbo ademáis unha mesa redonda onde varias compañeiras doutros centros contáronnos as súas experiencias sobre a Hora de ler, os Proxectos lectores ou os Clubs de lectura.

Sobre este último tema expuso a súa experiencia Cova do CEIP Brea Segade de Taragoña, centro co que nos une un proxecto de intercambio programado polos respectivos equipos de Dinamización e Normalización Lingüística. Pronto teremos oportunidade de coñecer a súa biblioteca.

Quédavos aquí o programa das Xornadas.
E aquí un enlace coa información máis completa:
O Segrel do Penedo: Xornadas de Bibliotecas Escolares 09

09/10/09

Plan de mellora de bibliotecas escolares

Un ano máis, tal como informan dende a páxina de Bibliotecas escolares de Galicia, o noso centro segue integrado no Plan de mellora de bibliotecas escolares.
E un privilexio formar parte de ese grupo de bibliotecas escolares, que nos permite ademáis acceder a unha formación e uns recursos que doutro xeito serían inviables.

O noso reto segue a ser traballar para que a biblioteca escolar siga mellorando.

19/04/09

De volta dos Encontros


Xa estamos de volta dos Encontros.

Este ano somentes os "novos" no Plan de Mellora poideron ter dous días de traballo. Os demais incorporámonos o segundo día.

Tamén Jose Luis Barreiro, da Unidade de atención a centros, falounos un pouco da plataforma Moodle.

Como novidade,a Asesoría de Biblitotecas pon a nosa disposición un enlace onde descargar as ponencias.Si queres consultalos, entra como convidado.

A interesantísima conferencia de Gloria Durban retransmitiuse en directo na páxina da Asesoría de Bibliotecas Escolares.

Como outros anos, as distintas ponencias fannos cuestionar ou reflexionar sobre as prácticas concretas na nosa biblioteca.

Tamén os conversas e debates c@s responsables de outras bibliotecas son moi importantes para nós.

Traemos a axenda chea de citas e direccións para intercambiar experiencias e ideas.

Agora quédanos trasladar o alí escoitado ao equipo de biblioteca do noso cole, para millorar as prácticas na nosa biblioteca, e xuntas enfocar o novo proxecto para o curso que ven.
Grazas as asesoras Cristina e Pilar por tanto traballo e tan ben feito.
Máis información en :
Blog Widget by LinkWithin
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas
var linkwithin_site_id = 42636; Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...