Amosando publicacións coa etiqueta Fomento da lectura: mochilas viaxeiras. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Fomento da lectura: mochilas viaxeiras. Amosar todas as publicacións

03/10/25

MOCHILAS VIAXEIRAS

 Esta semana poñemos en marcha a actividade das Mochilas Viaxeiras.

Trátase  dunhas mochilas nas que recibiredes unha selección de lecturas e da que poderedes gozar en préstamo durante 15 días.

O noso obxectivo é compartir con vós o gusto pola lectura e a información, presentándovos algúns títulos que esperamos vos agraden.

Gozade moito coas lecturas!!!




01/10/24

MOCHILAS VIAXEIRAS, LECTURA EN FAMILIA

 Un ano máis, comeza a actividade de fomento da lectura, das mochilas viaxeiras. A biblioteca pon a andar dúas mochilas por aula, onde as familias podes disfrutar dela durante 15 días. A selección de libros é variada según o curso, valorando as recomendacións que fan as familias todos os anos na libreta que vai na mochila.

Disfrutade das lecturas!!!



06/11/23

Mochilas viaxeiras

 Xa andan rodando polas aulas as mochilas viaxeiras.

Van acompañadas duns caderniños onde as familias poden poñer as súas impresións e suxestións sobre as lecturas que visitan os domicilios.




21/10/22

Mochilas viaxeiras, lectura en familia

 No día das bibliotecas escolares botamos a andar as mochilas viaxeiras. Unha selección de lecturas para compartir en familia.

Dúas mochilas irán rotando de casa en casa ao longo do curso.

Moitas grazas a todas a s familias pola colaboración e as palabras tan fermosas que nos deixan.




16/10/16

As mochilas viaxeiras seguen en marcha

Coa incorporación dos máis pequenos do cole xa están en marcha as mochilas viaxeiras en todas as clases. Debido ao aumento na matrícula dos diferentes grupos, o equipo de biblio reorganizou as dotacións das mochilas para que houbese dúas mochilas en cada grupo. Un pequeno envío da nosa biblioteca anda polos fogares de Moaña, contribuíndo ao fomento da lectura nas familias. esta é parte dao escrito que nos deixou unha familia no caderno:
"Que contento chegou Pablo a casa o día que trouxo a mochila viaxeira, xa quería ler todos os libros antes de comer. Cando acabamos de ler un conto, a él gústalle repetirllo ao seu irmán pequeno mirando os debuxos das páxinas e lembrando o que escoitou...."

04/11/14

Mochilas viaxeiras en Infantil

As mochilas viaxeiras botan a andar en Educación Infantil esta semana.
 Catro mochilas viaxeiras, unha en 4º e 5º  e dúas en 6º ,cunha decena de contos e libros de información que esperamos sexan de interese para as familias. Manuais de cociña infantil, arte , ciencia, manualidades e literatura seleccionada para compartir en familia, que estarán en cada casa 15 días.
Xunto coas mochilas viaxan uns caderniños onde esperamos compartir coas familias as súas impresións sobre esta interesante actividade.

10/10/11

Mochilas en marcha

A semana pasada empezaron a sua andaina as mochilas viaxeiras, cargadas de libros para as familias. De momento hai unha en cada curso de Primaria, pero pronto teremos máis.
Boa viaxe e boas lecturas para todos!

30/09/09

O luns empezan a viaxar os libros

Este ano seguimos coas mochilas viaxeiras.
O luns da próxima semana empezarán a viaxar.
Hai seis mochilas.Este curso van "viaxar" ás familias de 1º a 6º curso de Primaria.Cada familia vai ter na casa a mochila durante 15 días.
Dentro das mochilas hai diferentes lecturas para toda a familia.
Esperamos, coma sempre,con gran interés as anotacións e suxestións das familias.

03/02/09

Seguindo a pista das mochilas



Hai tempo que nos vos contamos das mochilas viaxeiras.
Este curso puxemos a viaxar cara as familias tres mochilas.
Pero como gustan tanto, o mes pasado empezaron a viaxar tres novas mochilas.
Nestes momentos hai dúas en 1º, dúas en 3º e dúas en sexto curso.
As mochilas está 15 días en cada casa, e as libretiñas van estando cheas de comentarios, e suxerencias sobre o contido.

20/11/08

Mochilas viaxeiras

Este curso continuamos coas mochilas viaxeiras.
Dende hai 20 días están en marcha.
Este ano van "viaxar " as familias de 1º e de 6º curso de Primaria.
Neste momento hai 2 mochilas en 1º e unha en 6º.Pronto poremos a andar outra mais en sexto.
Cada familia ten en casa a mochila durante 15 días.
Dentro das mochilas hai diferentes lecturas para toda a familia.
Esperamos con gran interés as anotacións e suxerencias das familias.

08/05/08

Seguindo a pista das mochilas

A principios de marzo as mochilas viaxeiras iniciaron a súa viaxe.As familias dos nenos e nenas de 1º curso son os que están a disfrutar desta actividade.

As mochilas, ademáis dos libros e discos, levan unha libretiña onde as familias poden anotar comentarios e suxerencias.

Aquí tedes algúns deses comentarios , que nos enchen de ledicia.





Ademáis, algunhas nais de 1º pedíronnos máis tempo para ler os libros que trataban o tema da educación dos fillos e fillas, porque non lles chegou o tempo para rematalos, e pareceronlle moi interesantes.
Como consecuencia deso, o equipo de biblioteca decidiu mercar máis fondos , e pasarlle un listado aos pais e nais de Infantil e 1º Ciclo, para facer préstamos directos.
¡Tentaremos telo listo canto antes!!!

04/03/08

Mochilas viaxeiras



Hoxe saen do cole as mochilas viaxeiras.Van estar doce días nas casas dos nenos e nenas de primeiro.Nelas hai unha selección de libros e música para toda a familia.Van acompañadas de un caderniño onde anotar as impresións e suxerencias.¡Boa viaxe e feliz lectura!
Blog Widget by LinkWithin
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas
var linkwithin_site_id = 42636; Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...