Amosando publicacións coa etiqueta Fomento da lectura:Amigos lectores. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Fomento da lectura:Amigos lectores. Amosar todas as publicacións

24/04/26

APADRIÑAMENTO NO DÍA DO LIBRO

Con motivo da celebración do Día do libro, estivemos na biblioteca cos nosos padriños e madriñas lectores desfrutando dun momento moi agradable.

 

27/01/26

APADRIÑAMENTO LECTOR

  O alumnado de 6º de Primaria participou nos apadriñamentos lectores cos compañeiros de 2º de Primaria. Nesta actividade, os maiores contan historias, axudan a ler e comparten tempo cos máis pequenos.

Os de 2º gozan das historias e os de 6º aprenden a motivar e apoiar aos compañeiros. É unha forma divertida de aprender, compartir e facer novas amizades a través da lectura.



20/11/25

Apadriñamento lector

Hoxe os nenos e nenas de 1º de primaria desfrutaron dun ratiño de lectura cos seus padriños e madriñas de 5º de primaria.

Foi moi agradable compartir este momento...



12/11/25

APADRIÑAMENTO LECTOR

 Hoxe fixemos a primeira xuntaza de apadriñamento lector do curso. O alumnado de 4ºP e 6ºI compartiron lecturas moi interesantes na biblioteca.





06/06/25

APADRIÑAMENTO LECTOR

Hoxe tivemos a última xuntanza deste curso cos amigos lectores.
 Gozaron moito con estes momentos de lectura.

20/03/25

APADRIÑAMENTO LECTOR

 Os nenos e as nenas de primeiro de primaria puideron desfrutar hoxe da compañía dos maiores do cole. Durante a hora de ler compartiron a biblioteca e o amor polos libros. 

Aquí vos deixamos una mostra.



06/02/25

Apadriñamento lector

Hoxe visitamos aos nosos afillad@s na clase de sexto de infantil... Pasamos un rato moi agradable lendo xunt@s.

23/01/25

Apadriñamento lector

O alumnado das clases de segundo e sexto de Primaria gozamos onte do apadriñamento lector organizado pola biblioteca do cole.  

Xuntos compartimos as nosas lecturas favoritas.




Compartindo momentos de lectura

Un día máis, o alumnado de Quintela disfruta na biblioteca compartindo lecturas. Os nenos e nenas de 3º de Primaria, contáronlle contos os nenos e nenas de 4º e 5º de Infantil. 
Son momentos máxicos de lectura e convivencia que valoramos moito!!!





 

18/10/24

Apadriñamento lector

 Os pandas e as bolboretas compartimos lecturas co alumnado de 3ºP. Disfrutamos dos contos e da compañía dos nosos amigos e amigas lectoras. Esperamos con ilusión máis encontros como este!!!





Compartindo lecturas: 6ºI e 4ºP

 A clase do teatro e a de 3ºP compartiron lecturas na nosa biblioteca

Pasamos un rato moi divertido coñecéndonos e lendo contos.




03/04/24

Día da poesía 2024

O día da poesía tivemos un encontro cos nosos amigos lectores para recitarlles un poema e agasallalos cun poema e unha flor. O alumnado de primeiro e cuarto citámonos na biblio para compartir poemas. Foi moi emotivo.

22/03/24

Amigos e amigas lectoras no día da poesía

As nenas e nenos de cuarto e quinto de infantil reuníronse na biblioteca coas súas amigas e amigos lectores de terceiro de primaria para celebrar o Día da Poesía.
Recitou cada clase un poema e fixeron un intercambio de agasallos: unhas fermosas flores elaboradas nas aulas.



















 

14/02/24

Amigos e amigas lectores en 4º de Infantil e terceiro

As aulas de 4º de Infantil e 3º de Primaria compartiron lecturas na biblio, cuns momentos moi emotivos.
Encántanos encontrarnos cos amigos e amigas dos nosos irmáns para que nos conten contos. E encántanos que outros nenos e nenas nos acompañen léndonos. 



 

29/11/23

Amigos lectores en cuarto e primeiro

 Esta semana puidemos compartir lecturas co curso de primeiro. Á clase de cuarto encántanos contarlles contos.


26/11/23

Apadriñamentos lectores

 Hoxe fixemos a actividade de apadriñamentos lectores.

O alumnado de 3ºP, compartiu momentos de lectura con 4ºI e 5ºI. Foi o noso primeiro encontro, polo que primeiro nos presentamos e despois disfrutamos dos contos.

Pasámolo xenial!!!






30/10/23

Primeira reunión dos amigos lectores

 Esta semana estivemos con nosos amigos e amigas lectores. Á clase de cuarto encántanos contarnos contos e a nós compartir estes momentos con eles facendoo o que máis nos gusta: escoitar contos.


16/06/23

Amigos lectores en 5º de Infantil

Esta mañá gozamos de novo da lectura cos nosos amigos e amigas lectores de 3º. 

Foi un pracer compartir estes momentos durante o curso.

Pasámolo xenial e seguro que repetiremos!
 

13/06/23

Amigos e amigas lectores

 Hoxe os nenos e nenas de 6º estiveron lendo aos compañeiros e compañeiras de 2º. Gústanos moito compartir lecturas! Grazas, amigos lectores!






Blog Widget by LinkWithin
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas
var linkwithin_site_id = 42636; Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...