A clase de segundo estivo visitando a exposición sobre Mª Victoria Moreno. É unha exposición interactiva, ademais de ler e ver os traballos de todo o alumnado do cole, precisamos as tablets para ver e escoitar os vídeos que a exposición ten enlazados.
Amosando publicacións coa etiqueta Curso 2017-2018 b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Curso 2017-2018 b>. Amosar todas as publicacións
06/06/18
24/05/18
KAMISHIBAI en 4º curso
O grupo de 4º curso preparou unha sesión de contacontos cunha adaptación do conto de Marisa Núñez A cebra Camila.
Empregaron a técnica do Kamishibai e tiveron de espectadores aos nenas e nenas da Escola Infantil de O Con. Alá foron de excursión e así de ben o fixeron:
Empregaron a técnica do Kamishibai e tiveron de espectadores aos nenas e nenas da Escola Infantil de O Con. Alá foron de excursión e así de ben o fixeron:
15/05/18
Os clubs de lectura recitan a Teijeiro
Como xa vos contamos, nos clubs de lectura de 5º e 6º estivemos lendo, recitando e ilustrando poemas de Antonio García Teijeiro e agora queremos
compartilos con vós.
compartilos con vós.
03/05/18
O rato e os ventos en Kamishibai
Os nenos e nenas de 3º contaron ao alumnado de Infantil e de 1º e 2º de Primaria unha fermosa historia de Arnold Lobel do libro "CONTOS DE RATIÑOS: O RATO E OS VENTOS". Utilizaron o teatriño xaponés para contar contos chamado KAMISHIBAI.
ENCANTOUNOS.
MOITAS GRAZAS E PARABÉNS AO ALUMNADO DE 3º!!!
ENCANTOUNOS.
MOITAS GRAZAS E PARABÉNS AO ALUMNADO DE 3º!!!
30/04/18
As familias contan en 3º
En 3º recibiron a visita de dúas nais que viñeron contarnos un conto.
Mayca, a nai de Óscar, e María, a nai de Mateo Barcia. Leron dúas historias que tiveron moito éxito: " Jan estivo aquí " de Xosé Neira Cruz e " Anya y el tigre blanco " de F. Bernard e F. Roca. María tivo de colaborador a Mateo. Foron dúas historias ben bonitas e moi ben contadas.
Moitas grazas por contribuir a facer lectores!!!
24/04/18
O libro favorito en 5º curso
O alumnado de quinto curso preparou este vídeo para contarvos cales son os seus libros favoritos.
Esta é a continuación:
Esta é a continuación:
23/04/18
23 de Abril , día do libro
Esta semana rematamos o programa de actividades do mes do libro, cun agasallo!!!
Que contentos os nosos lectores e lectoras coas chapas de Paco!
Que contentos os nosos lectores e lectoras coas chapas de Paco!
18/04/18
Nun laboratorio de control de calidade
Marta visitounos na clase de segundo para explicarnos en que consiste o seu traballo no laboratorio da empresa ALONARTI.
Alí controla a calidade dos tubos dos envases para que funcionen correctamente:
As librerías colaboran
As librerías de Moaña, un ano máis colaboran connosco no fomento da lectura nas familias. Está aberta a exposición na biblioteca do cole cos novidosos fondos que nos emprestaron por uns días. Este ano , no proxecto Traballa que traballa, parécenos moi importante poñer en valor o traballo dos libreiros e libreiras que nos orientan e dan a coñecer novas lecturas.
Este curso participan La papelería, Alborada e Nobel O Pontillón.
A exposición pode visitarse de 4 a 5.30 da tarde, ata o xoves 19 de abril.
Este curso participan La papelería, Alborada e Nobel O Pontillón.
A exposición pode visitarse de 4 a 5.30 da tarde, ata o xoves 19 de abril.
As familias contan en 6º de Infantil
17/04/18
Ass familias contan e contan
16/04/18
Alana contadora de contos
ALANA é a auxiliar de conversa en inglés que está connosco este ano .
Ela axúda ao alumnado a mellorar a competencia linüística e uns divertidos contos son unha das mellores maneiras. Este mes contou en 4º e 5º de Infantil dous contos da Editorial Combel. Grazas Alana!!!
13/04/18
Biblioteca viva, escola viva
Hoxe xoves e mañán venres estánse a celebrar os Encontros do Plan de mellora de Bibliotecas EscolaresEstes encontros, que reúnen a mais de 600 docentes responsables de bibliotecas escolares, teñen como obxectivo a formación en base as experiencias que aportan diferentes expertos en temas como: a lectura, o traballo por proxectos, o fomento da investigación.
O noso centro estará alí representado pola responsable da nosa biblioteca escolar, que ademais foi invitada a expoñer a nosa experiencia . O título da súa charla é :
" Unha biblioteca LÍA (Lectura, Información, Aprendizaxe): “Biblioteca viva, escola viva”
12/04/18
Un mar de poesía con García Teijeiro
Todas as emocionadas espectativas se cumpriron onte coa visita do premiado , recoñecido e querido poeta:
11/04/18
09/04/18
Un enxeñeiro en segundo
No proxecto Traballa que traballa, recibimos en segundo curso a visita de Alfonso que como inxeñieiro explicounos como é o proceso de fabricación dos coches. Contounos que traballaba co ordenador para darlle a forma necesaria aos compoñentes do coche e como era o traballo dos robots. Foi moi interesante!!!
07/04/18
O mellor conto do mes, a mellor poesía do mes
Ao comenzar o mes, na aula de 6º de Educación Infantil escollen o mellor conto do mes e a mellor poesía do mes. A selección faise entre aqueles poemas e contos que leron na clase.
Estos son os escollido do mes de marzo:
Estos son os escollido do mes de marzo:
02/04/18
2 de abril, Día Internacional do libro Infantil
Hoxe celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, unha data que promove a organización internacional para o libro Xuvenil IBBY , en homenaxe ao nacemento de Hans Christian Andersen.Cada ano un país é recoñecido pola a súa literatura difundindo a celebración cunha ilustración e un manifesto. Neste ano 2018, Letonia foi elixido como sponsor, redactando o texto a escritora, poeta e editora Inese Zandere, recoñecida tamén polas súas propostas en favor da promoción da lectura e o ilustrador Reinis Pêtersons que deseñou este atractivo cartel.
31/03/18
Antonio García Teijeiro en 1º e 2º
No mes da poesía nas aulas de 1º e 2º estiveron lendo e recitando poemas de Antonio García Teijeiro. Aquí os vemos:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas

















