Amosando publicacións coa etiqueta Recursos dixitais. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Recursos dixitais. Amosar todas as publicacións

04/06/17

Casares en realidade aumentada

A partir de mañá e ata que remate o curso, queda aberta a exposición feita polo alumnado dos distintos cursos sobre Carlos Casares, persoa a quen se lle dedica este ano as Letras Galegas. Como sabedes, a exposición é interactiva e ten contidos de realidade aumentada que só poderedes ver se tedes descargada a aplicación AURASMA nos vosos dispositivos móbiles.
Tamén podedes pedir no cole algún dos Ipads que estarán a vosa disposición.
Vinde descubrir os contidos en realidade aumentada que agocha a exposición!!!
Esperamos a vosa visita!!!!


HORARIO: de 9:00 h. a 10:00 h. pola mañá e de 15:00 h. a 16:00 h. pola tarde.


Aquí vos deixamos unha guía para realizar a visita. Tamén a teredes en formato papel na entrada do cole.





23/11/16

Oliver Button é unha nena

Outro conto que trata os roles dos nenos e as nenas:

22/11/16

Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres

O 25 de novembro é o Día Internacional da Eliminación de la Violencia contra a Muller que foi aprobado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas en 1999 . 
Aquí, desde as escolas, desde a sociedade, desde as familias, temos que seguir traballando para que a igualdade entre mulleres e homes acabe con toda aviolencia que sufren as mulleres de todo o mundo en pleno século XXI. Deixámosvos uns contiños que axudarán a reflexionar sobre o tema. En primeiro lugar unha feliz catástrofe, de Adela Turín e Nella Bosnia , publicado na Ed. KalandraKa, e anteriomente en Lumen.


 Outro dos álbumes ilustrados desta autora: A Historia dos bonobos con lentes, outro fabuloso título sobre a igualdade e a coeducación:

E por último Rosa Caramelo ,Tamén publicado en Kalandraka:


14/05/16

12/05/16

O poema "Señor gato" en 5º de Infantil

Os nenos e nenas de 5º de Infantil aprenderon o poema Señor Gato", de Manuel María, incluído no libros "Os soños na gaiola.

08/06/14

As meninas vistas por outros pintores

O cadro das meninas tivo e ten moitas versións. Imos ver algunhas.

20/01/14

Picasso e a paz

Pablo Picasso preparou un cartel para unhas xornadas de paz,....pero mirade a presentación de diapostivas para saber máis:

19/01/14

Poemas pola paz

Esta  selección de poemas de paz que o noso equipo de biblioteca preparou axudarannos  reflexionar e a facer un mundo mellor:

18/01/13

Déixate apadriñar

10 poemas pola paz

Esta é a selección de poemas de paz que se traballarán nas aulas ao longo deste mes.  10 poemas pola paz que nos axudarán a reflexionar e a facer un mundo mellor:

12/12/12

# recitandocelsoemilio


Chegou o día e a hora, e alí estábamos para renderlle homenaxe a Celso Emilio Ferreiro no seu centenario. A homenaxe que lle debíamos polos fermosos poemas que nos deixou e que grazas a Coordinadora galega de ENDL reuniu a  30.000 voces por todo o país.

E esta é a aportación de 4º curso, co poema Cantiga para durmir a un neno: E o 3º curso recitounos o poema sobre Moraima:

23/11/12

25 de Novembro, Día da non violencia

Para traballar a igoaldade, vede aquí este traballo do noso alumnado:
 Rosa Caramelo, un conto de Adela Turín para tratar o tema do sexismo .


E aqui temos outro conto, Unha feliz catástrofe, en Vídeo . Despois podedes traballalo con esta guía:


Visto en Educando en Igualdade

17/11/12

En galego

Miguel Ängel Alonso Diz que nos visitou o curso pasado para presentarnos o seu fermoso libro de poemas "O Cullarapo Croque" , envíanos este fermoso poema visual:

Deixamos este fermoso vídeo sobre o poema de Miguel Ángel Alonso Diz:
En Galego - Miguel Ángel Alonso Diz from lavioneta on Vimeo.

19/02/12

Cando penso que te fuches....




O 24 de Febreiro de 2012 celébrase o 175 aniversario de nacemento da meirande  poeta e escritora en lingua galega,   Rosalía de Castro
Moitos dos seus poemas foron musicados:

27/01/12

Contos pola paz


A Escola Unitaria de Vide,  preséntanos unha interesante recompilación de contos relacionados coa Educación para a Paz,

Preme na imaxe para acceder aos contos.

23/01/12

Día da Paz 2012

O vindeiro 30 de Xaneiro celébrase o Día Escolar da Paz e a Non Violencia , en memoria de Mahatma Gandhi.
Nestes días no cole aprendemos cancións, lemos contos, e dialogamos sobre a paz e a non violencia
Deixamos aqui un conto para os maiores do cole:



E para os máis pequenos do cole,o conto "Wangari e as árbores da paz" 

Temos tamén estas actividades, para aprender máis cousas sobre a Paz:

                              sc

Blog Widget by LinkWithin
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas
var linkwithin_site_id = 42636; Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...