Amosando publicacións coa etiqueta Educación e igoaldade. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Educación e igoaldade. Amosar todas as publicacións

25/11/15

Rosa Caralemelo no 25 de Novembro

O conto de Adela Turín segue sendo un referente para tratar o tema da igualdade, aínda que hai que reflexionar moito para facer ver as imposicións ás que están sometidas as elefantiñas. Rosa Caramelo, un conto de Adela Turín para reflexionar un pouco.

Outro dos álbumes ilustrados desta autora: A Historia dos bonobos con lentes, outro fabuloso título sobre a igualdade e a coeducación:

24/11/15

25 de novembro, día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres

 O  25 de  novembro é  o Día Internacional da Eliminación de la Violencia contra la Mujer que foi aprobado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas en 1999 .
Aquí, desde as escolas, desde a sociedade, desde as familias, temos que seguir traballando para que a igualdade entre mulleres e homes acabe con toda aviolencia  que sufren as mulleres de todo o mundo en pleno século XXI.
Deixámosvos uns contiños que axudarán a reflexionar sobre o tema. En primeiro lugar unha feiz catastrofe, de Adela Turín e Nella Bosnia , acabado de publicar en KalandraKa, e anteriomente en Lumen




23/11/15

Día Internacional para a eliminación da violencia de xénero

Desde a biblioteca queremos compartir algúns contos que poden servir para traballar nas aulas sobre a igualdade e a non violencia de xénero:


Oliver Button é un nena, neste documento atopamos una guía didáctica sobre o libro, e no seguinte vídeo do CEIP El Enebral podemos ver o conto:

"Unha feliz catástrofe", editado en Kalandraka pode servirnos tamén para reflexionar. Este é o vídeo do conto en castelán:

04/02/14

Proxecto mira mira. Miramos un cadro

Na clase de quinto curso atopámonos con esta reprodución do cadro  "Escuela rural" de Albert Anker, e ... mirámolo.
Tratábase de observar, apender a mirar os cadros, respostando a moitas preguntas:

Onde están? É unha escola, ou ten outros usos? Hai calefacción? Hai encerado? Como son os pupitres? Hai pupitres para todos? Quen está sentado neles? Onde están sentadas as rapazas? Por que?
Como é a roupa dos rapaces? Algún aparenta máis riqueza? Se é así, onde está sentado?
E as rapazas? Algunha ten mellor roupa, de máis abrigo? Onde está sentada?
Como é o comportamento dos rapaces? Como imparte a disciplina o profesor?
Que papel ten a profesora? Que levan as rapazas nas cestas? Para que? 
Como é o material escolar?














O cadro permitiunos reflexionar sobre como era a escola noutros tempos. Era mellor que agora?
E sobre a diferencia de trato entre os nenos e as nenas.
Foi unha sesión moi interesante!!

25/11/13

Día Internacional da Eliminación da violencia contra as mulleres

O 25 de novembro foi declarado pola ONU o día Internacional da Eliminación da violencia contra as mulleres.
Escolleuse ese día para lembrar as irmás Mirabal.


Para traballar a igualdade, vede aquí este traballo do noso alumnado:
 Rosa Caramelo, un conto de Adela Turín para tratar o tema do sexismo .

E este ano Kalandraka Editora publicou outro dos álbumes ilustrados desta autora: A Historia dos bonobos con lentes, outro fabuloso título sobre a igualdade e a coeducación:

10/03/13

Recursos para o día da muller traballadora

Clica na imaxe para acceder a variados recursos: vídeos, webquest,...
Clicando nesta outra imaxe, verás algunhas das lecturas que che recomendamos, e que hai na nosa biblioteca escolar:
Clicando nesta outra imaxe, verás algunhas das lecturas que che recomendamos :

04/03/13

Día da muller traballadora


Queres saber porqué o día 8 de marzo celébrase   o Día Internacional da muller traballadora ?



Nesta páxina de Olga Rodríguez, do CEIP Milladoiro de Malpica hai recursos para ver, aprender, investigar:

23/11/12

25 de Novembro, Día da non violencia

Para traballar a igoaldade, vede aquí este traballo do noso alumnado:
 Rosa Caramelo, un conto de Adela Turín para tratar o tema do sexismo .


E aqui temos outro conto, Unha feliz catástrofe, en Vídeo . Despois podedes traballalo con esta guía:


Visto en Educando en Igualdade

08/03/12

Dia da muller traballadora


O Día 8 de Marzo celébrase o Día Internacional da muller traballadora vede nesta presentación a información:

8 de Marzo
View more presentations or Upload your own.


Aprende con estes xogos, que nos chegan dende o CEIP de Aguiño:





:


:


CLARA CAMPOAMOR E SUFRAXIO FEMININO:

23/11/11

Contra a violencia de xénero

O vindeiro venres celébrase o Día Internaciónal contra a violencia de xénero.
No segundo e terceiro ciclo traballan o tema preparando un audivisual sobre o conto "Rosa Caramelo.
O venres teremos na biblioteca escolar o visionado de varios vídeos e contos que tratan o tema.

Mentres, deixamosvos o enlace a unha páxina de recursos elaborada na biblioteca escolar do
 CEIP Víctor Sáenz de Mazaricos


25/11/10

Para a eliminación da violencia contra as mulleres

Neste 25 de Novembro
Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres
Retomamos as suxestións para tratar nas aulas que vos propuxemos o curso pasado:


Lecturas para facer na clase, que tratan o tema:
Para os máis pequenos (3 a 6 anos):"Arturo y Clementina", e "Rosa Caramelo", ámbolos dous de Adela Turín.


Para os medianos do cole (6 a 9 anos):
"Nin un biquiño a forza", editado hai tempo pola Xunta de Galicia,

e "Miña nai é fantástica ", que reivindica un papel da muller activo e sen complexos.
Tamén "Meu pai é estupendo" é un complemento apropiado.
Para os maiores (de 9 a 12 anos):
"O libro dos porcos" Editado por Kalandraka, segue sendo moi apropiado para nenos e nenas do terceiro ciclo. As ilustracións son fortes e efectivas.



Para adultos:
"La cenicienta que no quería comer perdices"
de Nunila Lòpez e Myriam Cameros, que está actualmente nas librerías, con gran éxito de ventas, pero podemos velo na rede:

Ademais, para traballar, temos unha webquest para os mais peques (Infantil e primeiro ciclo) sobre "Rosa Caramelo".Os demais tamén poden animarse, será divertido!!!
A autora é Rocío Cabanillas Magro, do Ceip J.L. Rebollo de Andalucía
E interesante facela con eles, para inicialos nesta ferramenta de traballo.

Non esquezades ler o conto primeiro!!!:


Aquí temos unha animación do conto "Unha feliz catástrofe , de Adela Turín, e ilustrado por Nella Bosnia, que vemos en Educastur Blog :
Ademais, como a mellor prevención é a coeducación, deixovos AQUI un enlace á unha interesante selección feita dende a Escola Unitaria de Vide .

22/11/09

25 de Novembro

O Día 25 de Novembro é o
Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres
Suxestións para tratar nas aulas:


Lecturas para facer na clase, que tratan o tema:
Para os máis pequenos (3 a 6 anos):
"Arturo y Clementina", e "Rosa Caramelo", ámbolos dous de Adela Turín.

Son libros que esperamos reediten pronto, porque témolos xa moi gastadiños.

Para os medianos do cole (6 a 9 anos):
"Nin un biquiño a forza", editado hai tempo pola Xunta de Galicia,

e "Miña nai é fantástica ", que reivindica un papel da muller activo e sen complexos.
Tamén "Meu pai é estupendo" é un complemento apropiado.

Para os maiores (de 9 a 12 anos):
"O libro dos porcos" Editado por Kalandraka, segue sendo moi apropiado para nenos e nenas do terceiro ciclo. As ilustracións son fortes e efectivas.


Para adultos:
"La cenicienta que no quería comer perdices"
de Nunila Lòpez e Myriam Cameros, que está actualmente nas librerías, con gran éxito de ventas, pero podemos velo na rede:

Ademais, para traballar, temos unha webquest para os mais peques (Infantil e primeiro ciclo) sobre "Rosa Caramelo".Os demais tamén poden animarse, será divertido!!!
A autora é Rocío Cabanillas Magro, do Ceip J.L. Rebollo de Andalucía
E interesante facela con eles, para inicialos nesta ferramenta de traballo.

Non esquezades ler o conto primeiro!!!:


Aquí temos unha animación do conto "Unha feliz catástrofe , de Adela Turín, e ilustrado por Nella Bosnia, que vemos en Educastur Blog :

Ademais, como a mellor prevención é a coeducación, deixovos AQUI un enlace á unha interesante selección feita dende a Escola Unitaria de Vide .
Blog Widget by LinkWithin
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas
var linkwithin_site_id = 42636; Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...