Amosando publicacións coa etiqueta Fomento da lectura: Hora de ler. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Fomento da lectura: Hora de ler. Amosar todas as publicacións

02/02/23

Hora de ler en primeiro

Que gustazo que nos lean ao sol. A profe Mayca leunos o conto "Como lavar a un mamut lanudo" que nos encantou.


 

30/03/16

Hora de ler...en inglés

Na hora de ler, Douglas, o noso profe lector americano, leunos un conto en inglés. Gustóunos moito!


25/04/13

No mes de abril....lemos ao sol

Canto nos gusta o sol! 
Tanto tanto que hoxe os ennos e nenas de Infantil, decidimos saír ao patio a ler e así relaxarnos das carreiras do recreo.
Que ben se estaba! 








30/01/13

Ler en Paz

A hora de ler do día 30 de Xaneiro foi especial, xa que decidimos facelas mezclados, en paz por pasillos e corredores.

 Seguindo a idea de EEI Barrionovo vista en Hora de Ler da asesoría de Bibliotecas escolares

Desexos de paz en Infantil
Desexos de paz en primeiro ciclo
Desexos de paz no segundo ciclo
Desexos de paz no terceiro ciclo

30/03/12

Lecturas e bo tempo

Hoxe os  nenos e nenas de 1º fixeron ao patio na hora de ler.
Que maravilla velos disfrutar da lectura e do bo tempo! Haberá que facelo mais veces!


08/06/08

Os alumnos/as de 6º curso avalían a Hora de Ler


Este curso tivemos a HORA DE LER en todos os cursos, dende primeiros de Outubro.Unha sesión diaria de lectura silenciosa, de 20 minutos de duración en Primaria, e 30 minutos en Infantil.
No caso de Primaria , a sesión era á volta do recreo.
Rematando xa o curso, pasamoslle aos nenos e nenas de 6º curso un par de preguntas para que avalien a experiencia:

1-¿Que che pareceu a HORA DE LER ?. ¿Gustouche a experiencia?

2-Nomea algúns dos libros que leiches na HORA DE LER.
As respostas son moi alentadoras. Hai 16 alumnos/as en 6º curso, e todos avalían positivamente a experiencia, con argumentos como:

-“Moi boa, é unha experiencia nova e gustoume ler porque nunca tiña tempo de ler na casa.”. Andrea C.-“Moi ben, sobre todo tantos libros que lin.Gustoume moito porque todo estaba en silencio e asi podíame concentrar millor na lectura” .Laura-“Pareceume boa, eu antes non leía e agora non paro de ler. Gustoume a experiencia porque mellorei a lectura.”.Jose Manuel




-“Pareceume moi ben porque na casa, por algunha que outra cousa , non lía casi nada, e agora todos os libros que empezaba acabeinos nunha semana ou así”.María.-“Ben, porque descansamos despois do recreo”.Raúl C.-“Moi boa, porque podes estar tranquilo lendo, gustoume a experiencia”.Diego-“A min pareceume moi boa experiencia porque agora leo millor. Gustoume ler libros que non leera”. Sergio-“Pareceume unha experiencia divertida e interesante, un tempo no que, en medio das clases, mergullaste na lectura”. Eva-“A min pareceume ben porque poidemos millorar a lectura ainda máis. A experiencia non foi nada do outro mundo, pero estivo ben.”Almudena-“A hora de ler pareceume ben porque temos 5 minutos menos de cada clase. Gustoume ser dos primeiros coles en facela”. Raúl F.-“Moi divertida. Gustoume moito poder ler os libros que ti queiras”.Andrea R.-Moi interesante, porque si non tes tempo en casa , aquí sí”.Daniel.-“A hora de ler pareceume unha experiencia guai”.Fernando-“A hora de ler pareceume unha boa idea para que leamos máis e millor”.Denís.-“A hora de ler pareceume estupenda.Gustoume a experiencia”.Miguel.-“Gustoume , porque me gusta ler moito.”.Martín
E interesante observar que :

1-Son varios os que valoran poder disfrutar dun tempo para ler, que din non ter na casa.


2-Valoran tamén o tempo de silencio e descanso , a parada na rutina diaria.


3-Son conscientes da millora da lectura.


Gústanos especialmente a resposta dese neno que dí que antes non lía nada, e agora le moito.Podemos afirmar que é certo!!



Si queredes saber que libros leron, entrade no CLUB DE LECTURA

09/05/08

Hora de ler en Infantil

Dende o mes de outubro,que empezamos a "hora de ler", esa sesión diaria de lectura silenciosa,fannos moitas preguntas dende outros coles sobre a maneira de facelo.

Vemos ademais que a maneira de facelo nas aulas de Infantil suscita moita curiosidade, e moitas das preguntas son sobre estas idades.

Por iso lles pedimos ás compañeiras de Infantil ( Ana, Marian e Belén) que utilicen estas páxinas para explicalo un pouco.Estas son as súas palabras:



INFANTIL TAMÉN TEMOS HORA DE LER.

É UN TEMPO FIXO NO HORARIO LECTIVO:DE 9 A 9.30,A PRIMEIRA HORA DA MAÑÁ.( En primaria é despois do recreo, e dura 20 minutos)

É UN TEMPO DE LECTURA LIBRE,SEN MÁIS OBRIGA QUE A DE SENTARSE CON UN LIBRO NAS MANS.TODOS TEÑEN QUE TER UN LIBRO ,AÍNDA QUE DESPOIS O COMPARTAN CO COMPAÑEIRO OU COMPAÑEIRA.

LER POR LER SEN PEDIRLLES MÁIS QUE ESO:QUE LEAN

E ASI LEN:
-ALGÚNS RECITAN OS CONTOS QUE SABEN DE MEMORIA
-OUTROS CÓNTANLLO ÓS COMPAÑEIROS
-ALGÚN,(A EXCEPCIÓN) PASA AS FOLLAS SEN MIRAR.

OUTROS SO COLLE LIBROS DE ANIMAIS
OUTROS SÓ COLLEN CONTOS

PERO TODOS LEN, DUN OU OUTRO XEITO.

ADEMÁIS, OS QUE LEN ASÍ AGORA, MAÍS ADIANTE PASARÁN A OUTRA ETAPA,
E ASÍ POUCOA A POUCO É UN HÁBITO QUE PERMANECERÁ EN TODA A PRIMARIA E QUE EN INFANTIL ACADA TAMÉN RESULTADOS SORPRENDENTES, TODOS ELES MOI POSITiVOS.

Create Your Own

30/10/07

¿Que len os nenos e nenas na hora de ler?





No blog da campaña de Fomento da lectura “Hora de ler” da Consellería de Educación Universitaria, contannos que as nenas e nenos entre 10 e 13 anos son os que máis len, especialmente as nenas.

Nós entramos na aula de 6º curso (11, 12 anos ), durante a "hora de ler ", e esto é o que están lendo:

De momento esto é o que len en 6º curso:



¿A vós que vos parece?

25/10/07

Hora de ler

E . por suposto, seguimos coa "Hora de ler"

Temos xa algunhas fotos da hora de ler,no noso ALBUM DE FOTOS.

Iremos subindo algunha máis. Gústanos ver a variedade de lecturas que escollen.Tamén é curioso de ver as posturas que adoptan cando están moi concentrados, e relaxados.

07/10/07

O deseo de ler


"Contagiar el deseo de leer es como contagiar cualquier otra convicción profunda: sólo se puede conseguir, o mejor intentar, sin imposiciones, por simple contacto, imitación o seducción....

En algunos países han establecido la hora del silencio en la cual todo el personal debe permanecer callado y con un libro en las manos, desde la directora hasta el conserje, y aplicarse en la lectura."

03/10/07

Hora de ler



Como os compañeiros e compañeiras do colexio de Pazos de Ferrol nos tamén imos comenzar a partir do luns 8 de outubro a "hora de ler"

A "hora de ler " vai ser unha sesión diaria, de 20 minutos,adicada a lectura individual. Un tempo para relaxarse e disfrutar do pracer de ler dentro da aula. Un paréntesis dentro do día .
Os nenos e nenas de Infantil vanno facer a primeira hora da mañá, e os alumnos e alumnas de Primaria ,á volta do recreo.
¿Preparados? ¡FELIZ LECTURA!

08/06/07

LECTURA SILENCIOSA


Nalgúns cursos estase a facer lectura silenciosa diaria para millorar a lectura. Sempre é un placer abrir unha porta e descubrir a profes e alumnos disfrutando dun momento de lectura.


¡Vamos a curiosear!


¡¡¡¡¡Chissss!!!!!!!!! ¡Non fagades ruido, que non nos descubran!
Blog Widget by LinkWithin
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas
var linkwithin_site_id = 42636; Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...