Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto: As bolboretas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto: As bolboretas. Amosar todas as publicacións

14/04/25

PROXECTO AS BOLBORETAS

 O alumnado de 5º de Infantil investigou durante este curso sobre as BOLBORETAS. Este é un resumo do seu traballo. Mirade todo o que aprenderon e como se divertiron no proceso.


20/12/24

INVESTIGAMOS SOBRE AS BOLBORETAS

 O alumnado de 5º de Infantil, este trimestre desenvolveu un proxecto sobre as bolboretas. Hoxe, despois de moitas investigacións, presentamos o noso traballo aos compañeiros e compañeiras do colexio. Invitamos a clase de 6º de Infantil, e 1º e 2º de Primaria, para compartir as nosas aprendizaxes. 

05/12/24

POEMA DA BOLBORETA

 O alumnado de 5º de infantil este trimestre investigou sobre as bolboretas. Aprendemos moito sobre este insecto e aproveitamos tamén para aprender un poema e gravalo en croma. Aquí tedes o poema e o recitado con croma.

Un verme branco vivía nunha moreira

e chamábanlle verme de seda.

Gustábanlle as follas, era moi lambón

e en pouquiños meses fíxose maior.

Coa súa fina seda teceu un casulo

e aquel verme sorriu con orgullo.

Cando rematou estaba canso

e dentro do casulo quedouse deitado.

Despois dun tempo de estar durmido

nunha bolboreta se convertera.

Chegou a hora de poñer os ovos

e así a historia comezará de novo.



23/12/15

AS BOLBORETAS

Este foi o proxecto de investigación dos nenos e nenas da clase das bolboretas (6º Infantil) durante o 1º trimestre.
Blog Widget by LinkWithin
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas
var linkwithin_site_id = 42636; Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...