Amosando publicacións coa etiqueta Obradoiro de escritura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Obradoiro de escritura. Amosar todas as publicacións

04/06/26

Investigación sobre os monumentos do mundo

 Despois de traballar cos Bits da Intelixencia, o alumnado de 6ºI interesouse polos monumentos do mundo. Buscamos información na biblioteca, como aparece nunha entrada anterior, e elaboramos un mapa cos monumentos máis importantes.

A partir deste traballo e do maletín que realizamos coa información,  estamos a descubrir cales están máis preto ou máis lonxe e compartindo os nosos monumentos favoritos. Unha experiencia moi enriquecedora para seguir aprendendo sobre o mundo.



24/05/26

OS NOSOS TESOUROS

Despois de escoitar con moita atención "O GRAN LIBRO DOS SUPERTESOUROS", decidimos compartir os nosos propios supertesouros.

Aquí vos deixamos unhas imaxes da riqueza dos nosos tesouros.



19/05/26

INVESTIGACIÓNS DE AULA

 O alumnado de terceiro de Primaria continúa realizando pequenas investigacións na aula sobre diferentes temáticas que esperten a súa curiosidade e interese. Nesta ocasión, Lois e Jairo sorprenderon aos seus compañeiros e compañeiras cunha investigación sobre un parqur acuático abandonado na Arxentina.

Tras buscar información, documentarse e preparar o seu traballo, presentaron a súa investigación ao alumnado de sexto de Infantil e primeiro de Primaria, compartindo con eles todo o que descubriron sobre este tema.

Estas experiencias son moi enriquecedoras, xa que lles permiten desenvolver a súa curiosidade, aprender a investigar e mellorar as súas habilidades para comunicar e compartir os seus coñecementos cos demais. É unha grande satisfacción velos aprender con ilusión e converterse en protagonistas da súa propia aprendizaxe.



14/05/26

SALVEMOS AOS ANIMAIS


A semana pasada un grupo de nenas de 4º de primaria expuxeron un traballo de investigación para concienciar ao resto do alumnado do colexio sobre a importancia de coidar os animais.

Grazas a eles aprendemos moitos consellos para previr a súa extinción e evitar a caza furtiva.

Un traballo excelente compañeiras!!








 

02/05/26

OBRADOIRO DE RADIO EN 4ºP

Este curso o alumnado de 4º animouse a facer guións para un podcast e cada equipo escolleu un tema para conversar.

Aquí vos deixamos os resultados.

Se queredes escoitarnos premede nos títulos.

ADIVIÑAS 


ARTISTAS DE CINE


CHISTES


CURIOSIDADES


MÚSICA



 

13/04/26

Proxecto "Coas mans na Terra" en 4º de primaria

Seguimos traballando en 4º sobre o proxecto da biblio. Este curso o tema que nos escolleu Paco foi "As froitas de temporada". Estamos aprendendo moito!

23/02/26

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Polo Día de Rosalía de Castro, o alumnado de Infantil aprendeu o poema Alborada do seu libro Cantares Gallegos, e fixo una produción escrita para expoñer na entrada do colexio e recitou o poema aos compañeiros e compañeiras do colexio.





12/02/26

Makey Makey na clase de lingua en 4º de primaria

 As nenas e nenos de 4º de primaria elaboraron un cómic e, coas Makey Makey estamos aprendendo a programar para que en cada viñeta se reproduza a nosa voz.

Gústanos moito!


25/01/26

OBRADOIROS DE ESCRITA EN 4ºP

Nas clases de lingua galega estivemos traballando os obradoiros de escrita. 
Aprendemos a facer anuncios, descricións, receitas e noticias. 
As noticias disparatadas foron as que máis gustaron.

 

17/12/25

CARTEIS DE NADAL

Este venres celebraremos a festa de Nadal. As nenas e nenos de terceiro elaboraron uns fermosos carteis.

08/12/25

INVITACIÓNS POLO DÍA DA CIENCIA

Esta mañá estivemos elaborando as invitacións para o Día da ciencia. Quedáronnos moi ben!

 

03/12/25

3 de decembro. Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional

 No cole, traballamos o Día da Diversidade. O departamento de orientación preparou unha exposición que amosa a realidade para unha persoa con discapacidade cando escoita frases que consideramos "normais" dicir.

Nos cursos de infantil e algúns de primaria, prepararon unha ficha na que cada persoa escribía sobre os seus gustos e logo fixeron un intercambio de puntos de vista sobre o diferentes e diversos que somos.

O que nos quedou claro é que non hai dúas persoas iguais, todos somos diferentes e non por iso somos mellores nin peores.








01/06/25

TEATRO QUINTELA PRESENTA...

As bolboretas preparamos un teatro con monicreques do conto de "Os tres porquiños", así que fixemos unhas invitacións para levar aos nosos compañeiros e compañeiras do colexio e colocalo na carteleira que temos na entrada do colexio. Tivemos que pensar que había que poñer na invitación: o título, lugar, día, hora,... Agora a esperar o estreno o martes que ven. 




19/05/25

OBRADOIRO DE ESCRITA NAS LETRAS GALEGAS

 Seguimos cos obradoiros de escrita en primaria. Con motivo das celebracións, cada curso se ocupa de facer os carteis da festa correspondente. Nesta ocasión tocoulle o turno a quinto de primaria, que fixo os carteis para o festival das Letras Galegas.Aquí tedes un exemplo.



16/05/25

PROXECTO: "COUSAS DE MOAÑA, O NOSO FOGAR"

O alumnado de segundo de EP empezou o proxecto "COUSAS DE MOAÑA: o noso fogar" para coñecer máis detidamente o lugar onde viven. Polo de pronto situaron a Moaña, observaron as súas rúas, os parques, as zonas de ocio:
Despois investigaron sobre os xogos tradicionais no pobo:
Aproveitamos esta entrada para animarvos a que veñades ao cole a contarnos máis cosas sobre o pobo ou sobre vós: que profesións podemos atopar, que cancións hai sobre Moaña, tradicións do pobo... Tamén podedes vir a contarnos contos, de seguro que coa vosa visita descubrimos máis cousas interesante sobre as familias de Moaña. Grazas pola vosa colaboración.

COÑECENDO MOAÑA

 En segundo seguimos investigando sobre Moaña, xogamos aos xogos tradicionais que recuperamos investigando en familia e ademáis o avó de Anxo contounos como era Moaña cando el era pequeno.

Grazas familias!



OBRADOIROS DE LECTURA E DE ESCRITA

 Durante este curso estamos a xogar coas letras, as palabras, a música e o ritmo.


09/04/25

Contacontos co Kamishibai

Este venres na biblio teremos unha sesión de contacontos co Kamishibai.
O alumnado de 3º preparou dous contos para relatar con esta técnica e fixeron unhas invitacións para repartir polas clases.










 

02/04/25

INVITACIÓNS PARA A EXPOSICIÓN SOBRE O TEATRO

 Os pandas e as bolboretas, dentro do proxecto Teatro Quintela, promovido pola biblioteca do cole, investigamos sobre os tipos de teatro que hai. Levamos moito aprendido así que decidimos preparar unha exposición oral para explicarlle o que sabemos os nosos compañeiros/as do colexio. Para iso, preparamos unhas invitacións, co curso o que ía dirixido, o día e a hora. Logo fomos entragarllas as súas clases.

Moito traballan estes pequenos do cole.




Blog Widget by LinkWithin
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas
var linkwithin_site_id = 42636; Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...