Amosando publicacións coa etiqueta Fomento da lectura: Recomendacións. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Fomento da lectura: Recomendacións. Amosar todas as publicacións

05/05/26

OS NOSOS CONTOS FAVORITOS

No mes de abril, cada neno e nena da clase dos canciños, trouxo o seu libro ou conto favorito e compartiuno cos compañeiros e compañeiras. Faláronnos da súa páxina favorita, explicaron o argumento e, sobre todo, transmitiron a ilusión pola lectura.

Unha experiencia moi enriquecedora que nos axuda a medrar como lectores e lectoras!



04/03/26

8 M

 Na biblioteca temos unha sección de libros recomendados para a conmemoración deste día. Pásate e ollea!






30/01/26

Lemos para a Paz

Conmemorando o 30 de xaneiro, dende a biblioteca de Quintela, fixemos unha selección de libros vinculados co día da Paz.








10/12/25

O Nadal na biblioteca

 Non vos perdades a selección de contos navideños que temos na biblioteca. Pasade e ollade!





07/04/18

O mellor conto do mes, a mellor poesía do mes

Ao comenzar o mes, na aula de 6º de Educación Infantil escollen o mellor conto do mes e a mellor poesía do mes. A selección faise entre aqueles poemas e contos que leron na clase.
Estos son os escollido do mes de marzo:

OS TIGRES XA ESCOLLEMOS O  CONTO E A POESÍA FAVORITOS DO MES DE MARZO.AQUÍ ESTÁN. 


29/02/16

Mel. Unha mosca agradecida e o ratiño Paco


En abril do 2012, recibiramos na nosa biblioteca a  Miguel Ángel Alonso Diz. poeta de Moaña, que viña de publicar un libro de poesía para nenos e nenas: O CULLARAPO CROQUE, fermosamente ilustrado por Luz Beloso.

Naquela ocasión, o  Cullarapo Croque  agasallou ó ratiño Paco, a nosa mascota, cun poema.


Nestes días está a punto de sair publicado un novo traballo de Miguel : Mel, unha mosca agradecida". ilustrado de novo por Luz Beloso. Como novidade, inclúe un CD con poemas musicados, entre os que se atopa o dedicado ao noso ratiño Paco. Podedes escoitar a canción nesta ligazón:


17/06/14

Lecturas para o verán

Pronto pecharemos a biblioteca do cole, pero deixámosvos aquí unha recomendación para que non pasedes tantos días sen contos.
 Lembrade que aquí ao ladiño tedes a Biblioteca Pública de Moaña cunha ampla colección de lecturas , aberta de 8 a 14.30 durante todo o verán.

15/12/11

Lecturas para o Nadal en Primaria

Estas son as recomendacións para Primaria:

Recomendacións de lectura para o Nadal en Infantil

Nos próximos días imos repartir as recomendación de lecturas para o Nadal que nos propón  a Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización do Morrazo :

18/12/10

Lecturas para o Nadal

Estas son as guías de lectura , que a Coordinadora de Equipos de Dinamización da Lingua Galega do Morrazo elaborou para o Nadal.
Este curso, a proposta é moi interesante, chea de boas lecturas.
Para Infantil:


Para Primaria:

14/06/10

Guías de lectura para o verán

Xa temos listas as guías de lecturas para o verán 2010.
Repartíremolas a vindeira semana.
Clicade nas imaxes para descargalas.
Guía de Primaria:


Guía de Infantil:

27/02/10

O vento e a lectura

Esta fin de semana tan especial, na que o vento e a chuvia téñennos pechados nas casas, é boa....para a lectura.

E, por se quedades con ganas, nas aulas do cole espérannos o luns dous libros que teñen que ver co vento: "A viaxe do vento pequeno" e " O mago de Oz"
Clica na imaxe de abaixo e entrarás na web oficial. Empeza co son do vento nas árbores.
A que che soa coñecido?

25/12/09

Contos clásicos

Nesta páxina que descubrimos vía Educa con Tic hai unha selección de contos:

11/12/09

Guías de lectura para o Nadal

Pronto repartiremos no cole as guías de lectura para o Nadal.Son libros recomendados para Infantil e Primaria que nos gustan.Este ano, como novidade, as guías están feitas polos coordinadores de Normalización Lingüística do Morrazo, e repartiranse na maioría dos centros:A primeira é a de Infantil, e a outra de Primaria.
Nos esquezades poñelo en pantalla completa, para velo mellor:


PRIMARIA:

03/12/09

Conto de Nadal

"Cuento de Navidad" é unha novela escrita por Charles Dickens en 1843.
É a historia dun avaro que non quere celebrar o Nadal, nin que ninguén dos que o arrodean o faga.
Pouco a pouco o espíritu do Nadal ...
Mellor deixamos que investiguedes o final da historia.
Tedes o conto na biblioteca, nunha estupenda adaptación de Vicens Vives.
A que o adiviñades? Pois si, a película está nos cines.
O trailer oficial:

Onde viven os monstros

"Onde viven os monstros" de Maurice Sendak, é un fermoso álbum de gran éxito en todo o mundo dende a súa publicación, en 1963.
Está editado en galego por Kalandraka dende o ano 2000.
O libro conta a historia de Mak, un neno traste que fuxe a un mundo imaxinario poboado de monstros. As ilustracións son fermosas.
O 18 de decembro vaise estrenar unha película baseada no libro.Esperamos impacientes a estrea. Mentres, podemos pasarnos pola biblio do cole para lembrar o conto.
Aquí vos deixamos un trailer da película:



A biblioteca do CEIP Milladoiro de Malpica recoméndanos o enlace dunha web americana onde diferentes ilustradores mostran as súas versións do conto.
Tamén tedes unha entrada no blog Trafegando Ronseis.

31/10/09

Asterix e Obelix

Estamos no ano 50. A Galia enteira está ocupada polos romanos...Toda?. Non! Unha aldea poboada por irredutibles galos aínda resiste ao invasor,....

Estes días o famoso cómic Asterix e Obelix está de aniversario: Cumple nada menos que 50 anos. O primeiro álbum saíu o 29 de outubro de 1959.
Este cómic creado por René Goscinny (guionista) e Albert Uderzo (debuxante), ten a peculiaridade de gustar igual a maiores e pequenos.
Se entras na imaxe(cabeceira da rede de bibliotecas Meiga estes días) poderás acceder ao sitio oficial de Asterix e Obelix:




Na nosa biblioteca atoparás a súa colección. Recordamosche algúns títulos:
Asterix e os xogos olímpicos (inolvidable o momento en que a burocracia casi os fai perder)
Asterix en Hispania.
Asterix e Cleopatra
Asterix e a cizaña
Asterix dos belgas,...

Máis:

Páxina non oficial de Asterix e Obelix.

Asterix na Galipedia

Asterixe en Vieiros


09/08/09

As bágoas de San Lorenzo


As bágoas de San Lorenzo son unha chuvia de meteoros que teñen o seu momento de máxima actividade todos os anos o día 11 de Agosto.
Se está a noite despexada, podes aproveitar para ver as estrelas.
É un bo momento para achegarte á biblioteca pública e pedir algún libro sobre as estrelas. Con el poderás identificalas máis facilmente. Aquí tes algúns dos libros que atoparás na biblioteca pública de Moaña:

“Me pregunto por qué las estrellas centellean y otras preguntas sobre el espacio” de Everest
“El cosmos” de Editex.
“El universo” de Everest.
“La clave secreta del universo” de Stephen Hawking
“Estrellas y planetas” de Everest
“Atlas de astronomía “ de Alianza Editorial

04/08/09

Alicia

Vemos en Leer y leer que Tim Burton está preparando unha nova versión cinematográfica de Alicia no pais das maravillas, do escritor Lewis Carroll.
E un libro que hai que ler!!!. Xa sabes que na biblioteca pública de Moaña tes varios exemplares.
Aquí tedes un trailer da película. A nós gustounos moito o gato. Non sei si o ratiño "Paco" estará de acordo,...

24/07/09

Leocadio, o león


Estase celebrando en Cangas a Feira do Libro, que remata este domingo. Non deixedes de pasar por alí.
Onte foi a presentación dun novo libro de "Oli", fermosamente ilustrado por Teresa Novoa e editado por Xerais na colección Merlín.

Trátase de "Leocadio, o león". Conta a historia dun león a quen lle gusta xogar cos nenos, e coas gacelas.
Despois dunha serie de peripecias, convertirase nun león moi famoso.
Un libro que vos vai gustar,...
Blog Widget by LinkWithin
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas
var linkwithin_site_id = 42636; Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...