Amosando publicacións coa etiqueta Curso 2018-2019. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Curso 2018-2019. Amosar todas as publicacións

26/06/19

Despedida do Club de lectura de 6º

 O xoves, día 20 de xuño reuniuse por última vez o club de lectura de sexto. Foi un pracer compartir con vós esta última lectura e escoitar os comentarios tan pertinentes e interesantes.


Espero que sigades compartindo as vosas lecturas! 



19/06/19

Proxecto Os canciños

Os nenos e as nenas da clase dos canciños (6º Infantil) investigaron sobre a súa mascota:este foi o noso proxecto durante o 1º trimestre. O traballo por proxectos ofrece moitas posibilidades aos nenos e nenas, xa que aprenden investigando, experimentando e vivindo cada un dos procesos de ensinanza-aprendizaxe, ademais de contar co extra indispensable de nacer dos propios intereses e inquietudes. Este é o resultado da súa investigación!!

09/06/19

Exposición interactiva sobre Antonio García Teijeiro

A semana pasada as nenas e nenos de 1º visitamos a exposición interactiva sobre Antonio García Teijeiro. 
Gustounos moito!!!






05/06/19

LECTURAS COMPARTIDAS

Hoxe os nenos e nenas de 6º de infantil gozaron dunha sesión de lectura na biblioteca cos seus padriños e madriñas de 5º de primaria...porque lles encanta!




Lemos na biblioteca

Os nenos e nenas de 5º E.P. son os padriños lectores dos canciños. Por iso, de cando en vez, se xuntan para disfrutar de agradables momentos de lectura.




14/05/19

ESCORNABOT PARA O CONTO “A NOITE DAS MUDANZAS”

Na clase de 1º a nai de Aixa contounos un conto titulado "A noite das mudanzas".
 Posteriormente preparounos unhas actividades sobre o conto co ESCORNABOT.
Pasámolo moi ben!!!

 

09/05/19

García Teijeiro visita a nova biblioteca

Emotivo encontro o que tivo hoxe o alumnado de Infantil e segundo ciclo co noso admirado poeta , Antonio García Teijeiro.
Dedicamos o mes da poesía a coñecer un pouco máis a súa obra e a facer belísimas artistadas cos seus poemas. Audiovisuais, retratos, poemas ilustrados, recreacións de poemas....
Os nenos e nenas recibiron emocionados ao seu poeta e o poeta ofreceunos unha marabillosa xornada na que a poesía inundou a nosa nova biblioteca.
Moitas grazas Antonio!!!



4º canta a García Teijeiro

Os nenos e nenas de 4º preparamos nas clases de música esta canción con letra dun poema de Antonio García Teijeiro e música de Susa Herrera. Disfrutamos moito!


2º canta a Antonio García Teijeiro

Os nenos e nenas de 2º E.P. cantaron unha canción con letra de Antonio García Teijeiro con música de Susa Herrera. Preparamos esta actuación nas sesións de música, con moita ilusión!


Antonio García Teijeiro visita o noso cole

Aquí temos as fotos da visita de Antonio García Teijeiro. Podedes disfrutar véndoas e escoitando os recitados de poemas.


09/04/19

MES DA POESÍA: RIMAS DOS CANCIÑOS

NO MES DA POESÍA, OS CANCIÑOS INVENTAMOS UNHAS RIMAS MOI DIVERTIDAS COAS NOSAS MASCOTAS, COS IRMÁNS OU CON CALQUERA COUSA QUE SE NOS FOI OCORRENDO.
MIRADE QUE CHULÍSIMAS QUEDARON.



02/04/19

Abril , mes dos libros 2019

Este é o programa para este mes, coa biblioteca de novo aberta

2 de abril, Día do Libro Infantil e Xuvenil

Hoxe celébrase o día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, lembrando a Hans Christian Andersen.
  Kestius Kasparavicius, o ilustrador e escritor de Lituania elaborou o cartel oficial da celebración, baixo o lema, "Os libros fannos acougar".

23/03/19

Día da poesía

HOXE, 21 DE MARZO, CELEBRAMOS O DÍA DA POESÍA CUN FERMOSO POEMA DE ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO E UNHA FLOR.






13/03/19

Compartindo lecturas

Hoxe os nenos e nenas de 6º E.I. estiveron na biblioteca cos seus padriños e madriñas lectores de 5º E.P. Lemos contos, vimos imaxes, contamos, imaxinamos... Encántanos!







05/03/19

PROTECTORA DO MORRAZO

O ALUMNADO DE 6º DE INFANTIL, DURANTE O PRIMEIRO TRIMESTRE, DESENVOLVEU UN PROXECTO SOBRE OS CANCIÑOS NO QUE APRENDERON UN MONTÓN DE COUSAS. 
TRABALLANDO ESTE TEMA PUXÉMONOS EN CONTACTO COA PROTECTORA DE ANIMAIS DO MORRAZO PARA QUE NOS EXPLICARAN O SEU TRABLLO  NA PROTE COS CANCIÑOS E ASÍ TAMÉN POÑER EN VALOR NA COMUNIDADE O LABOR TAN IMPORTANTE QUE FAN.
OS CANCIÑOS FIXERON ESTA REPORTAXE, CONVERTÉNDONSE ELES EN "PEQUEPORTEIROS/AS" E ASÍ DIFUNDINDO O SEU LABOR.

24/02/19

ESCORNABOT NA AULA DE 2º CURSO DE PRIMARIA

Na aula de 2° curso estivemos repasando os principais ósos do corpo humano co Escornabot. Plantexamos as preguntas, o equipo resolve e un deles dá as ordes ao robot para levalo á resposta correcta.
Traballamos a competencia dixital, a competencia social e cívica, a competencia oral e a competencia matemática.
O obxectivo fundamental foi traballar os ósos do corpo humano.
Os contidos traballados foron as partes do corpo, nomes dos ósos principais, traballo cooperativo...
O resultado foi moi positivo. A continuación deixamos un resumo.




18/02/19

Informativo Caranvexornal

Aquí deixamos o informativo que elaboramos no noso cole para presentar na canle de televisión do concello.



17/02/19

Aprendendo sobre os dinosauros

Nesta ocasión presentamos o vídeo resumo do proxecto sobre os dinosauros que desenvolveron na clase de 5º de Infantil.

14/02/19

Aprendendo sobre o tempo en Infantil

Neste vídeo o alumnado de 5º de Infantil cóntanos como aprenden sobre meteoroloxía no seu día a día:
Blog Widget by LinkWithin
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas
var linkwithin_site_id = 42636; Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...