Amosando publicacións coa etiqueta Organización da biblioteca: os axudantes. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Organización da biblioteca: os axudantes. Amosar todas as publicacións

21/09/11

Preparando a biblioteca

Este curso imos moi despacio na preparación da biblioteca.
As profesoras do equipo de biblioteca non temos tempo! Menos mal que temos axuda:
As nais do equipo de apio á biblioteca están recollendo as bolsas do préstamo de verán.
Tamén o alumnado axuda. O pasado venres tivemos a xuntanza co alumnado voluntario para axudar na biblioteca escolar neste curso. Son 20 nenos e nenas que nos recreos van traballar en grupos de catro para organizar a biblioteca.
Pronto teremos lista a biblioteca.


21/12/10

Axudantes de biblioteca


Hoxe, na hora de ler, tivemos xuntanza na biblioteca cos axudantes de biblioteca.
Son alumnos e alumnas voluntarias que atenden a biblioteca escolar na hora do recreo.
Ao rematar cada trimestre, algúns voluntarios continúan, e outros deixannos para que poidan incorporarse novos voluntarios.
Para o segundo trimestre, imos contar con cinco equipos, un para cada día da semana,formados por parellas ou tríos.
A súa función é ordear, facer respectar as normas, levar o turno de uso dos ordenadores, e cubrir o caderno de incidencias.Todos os axudantes de biblioteca deben ser maiores de 10 anos, xa que é un traballo de responsabilidade.
Para eso, asinan un contrato, do que levan copia.
"Paco" está encantado de ter tantos axudantes.

15/09/10

Empezamos a andar

Estes días a biblioteca recibe montones de libro dos préstamos de verán: libros para as familias que pasaron o verán nas casas de nenos e nenas do cole.

Ademáis, empezamos xa a andar:


  • Mañá haberá na biblioteca escolar unha xuntanza no recreo para os alumnos e alumnas do terceiro ciclo que queiran ser axudantes de biblioteca neste curso.Os voluntarios asinarán un "contrato" coas tarefas que deberán realizar durante os recreos que estén de "garda".
  • O equipo de nais e pais de apoio á biblioteca escolar xuntaránse nos próximos días para traballar nos diferentes proxectos de participación das familias de este curso.
  • Abrírase tamén o prazo para os alumnos e alumnas que desexen formar parte dos clubs de lectura.

  • "Paco" ,a mascota do cole, prepara a súa maleta para levar contos aos nenos e nenas de 4º de Infantil, que pronto virán á coñecer a biblioteca escolar.

    Como a crisis tamén nos chega a nós, por primeira vez dende hai catro anos, este curso o concello non nos envía auxiliar de biblioteca. Todos e todas teremos que traballar máis!

11/01/10

Novo ano



Despois das vacacións, estamos de volta de novo.
Estas son as actividades que están en marcha:
  • Os axudantes de biblioteca (alumnos e alumnas voluntarios de 3º ciclo) renovan esta semana os seus "contratos" por outros tres meses. No equipo de biblioteca estamos moi satisfeitos do grupo deste curso, pois toman con moita seriedade o seu traballo.
  • Continuamos co noso proxecto anual, (a ciencia) que no primeiro trimestre adicamos á astronomía e neste estará dedicado aos inventos.


  • Unha vez máis, estamos cambiando a distribución da biblioteca, xa que o aumento de alumnado no cole obríganos a maximizar o espazo para poder traballar na biblioteca.Esperamos que vos guste. Pronto subiremos as fotografías, en canto rematemos.

  • O Nadal trouxo un montón de novidades na biblioteca. Estamos fichando moi rápido, para que poidades disfrutalos pronto.

02/11/09

Axudantes de biblioteca


Xa empezaron a traballar os axudantes de biblioteca deste curso. Son alumnos e alumnas voluntarios de terceiro ciclo.

En parellas, e un día á semana, deben atender a biblioteca durante a hora do recreo, ademáis dalgúns traballos de organización da colección.

Antes asinaron un contrato onde se comprometen a cumprir as súas funcións. A duración do contrato é dun trimestre.

Este curso anotáronse moitos voluntarios, así que haberá que facer quendas rotatorias.

19/06/09

Axudantes de biblioteca

Os axudantes de biblioteca, todos eles alumnos e alumnas de sexto, rematan as súas tarefas estos días. Deben ordenar a biblioteca, recorrer as clases lembrando a necesidade de devolver os libros, recoller as bibliotecas de aula, e gardar os libros nos seus andeis.
Por todo isto, reciben un agasallo. Trátase dunha pequena libreta de notas.
Esperemos que lles gusten!!
O vindeiro curso teremos novos axudantes de biblioteca. Serán alumnos voluntarios do terceiro ciclo. A ver cantos se apuntan!!!
Blog Widget by LinkWithin
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas
var linkwithin_site_id = 42636; Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...