Amosando publicacións coa etiqueta Fomento da lectura: gústame.... Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Fomento da lectura: gústame.... Amosar todas as publicacións

02/05/25

OS NOSOS CONTOS FAVORITOS

Polo Día do Libro, os nenos e nenas trouxeron a clase o seu conto favorito para compartilo co restos dos amigos e amigas. Explicaron o título, porque lles gustaba tanto ese conto, e cal era a súa páxina favorita. Fixemos unha exposición con eles e agora pouco a pouco os estamos lendo en clase para coñecer esas fantásticas historias.



08/05/17

Os contos favoritos en 5º curso

No mes de abril os contos favoritos, da clase de 5º formaron a exposición que agora nos presentan seguindddo as instrucuón que lles demos para elaborar a exposición. Tentaremos que os libros galegos estean tamén entre os seus libros favoritos, agora que aprenderon a falar tan ben!!!


03/05/14

Escola de piratas, o libro favorito de 3º


 O alumnado de 3º escolleu como preferido entre os lidos ata agora o titulado : "Escola de piratas" .O seu autor chámase Agustín Fernández Paz e o seu  libro moi divertido no que nos ensina a todos o poder da imaxinación.
Quixron facerlle unha pequena homenaxe construíndo a nosa propia escola e converténdonos en piratas por uns días.
Dende logo foi toda unha experiencia PIRATA...




02/05/14

Historia de una gaviota, libro preferido de 4º

Este curso lemos xa uns cantos libros na hora de ler, pero, de todos, o que máis nos gustou foi un titulado "Historia de una gaviota y del gato que le enseñó a volar". O seu escritor é Luis Sepúlveda e conta unha bonita historia sobre o importante que é a amizade para superar todas as dificultades. Tamén fala dos danos que podemos chegar a facerlle á natureza se non temos coidado e do valor que somos capaces de alcanzar nos momentos máis difíciles das nosas vidas.
Recomendámosvos que o leades!
Nós fixemos un mural sobre él.
Esta é a historia que tanto gustou en 4º:

30/04/14

Reunión de O 5º libro

O 5º libro, o club de lectura de 5º E.P., reuniuse para celebrar o mes do libro. Escollemos o noso conto favorito, e contamos aos nosos compañeiros e compañeiras que é o que o fai especial para nós. Pasámolo moi ben!

31/03/14

Os libros favoritos



O libro favorito da clase de 2º, o libro que máis lles gustou este curso titúlase " Quen vive aquí " de Ana María Fernández. Memorizaron moitas poesías que aparecen nel e pasáronno moi ben inventando novos poemas.




28/11/12

Os contos de ratiños

Xa remataron de ler contos de ratiños na clase de segundo. Os nenos e nenas escolleron o conto que máis lles gustou:

10/05/12

Os nosos contos favoritos

Os nenos e nenas do cole mostraron diante da cámara os seus contos favoritos. No canal Youtube da biblioteca tedes vídeos de Infantil, 1º e 2º Ciclo. Aquí vos deixamos aos pequenos de 5º de Infantil:

15/04/12

Os nosos contos favoritos

Xa sabedes que estamos no mes dos libros.Unha das actividades propostas é traer  á clase os nosos contos favoritos. Cada un vaille mostrando  aos demais o seu conto. Aquí temos o primeiro vídeo, da clase de primeiro.Moitos nervios para falar diante dos seus compañeiros, pero que ben o fan!!!

07/04/08

Libros para unha exposición

Seguindo coas actividades programadas para o mes do libro, estamos a recoller nos cursos os libros escollidos polos propios alumnos e alumnas como os seus favoritos, para por na exposición.

Moitos deses libros traen comentarios dos rapaces de porque lles gustan. Non deixedes de ler os comentarios no CLUB DE LECTURA , son moi interesantes!


Blog Widget by LinkWithin
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas
var linkwithin_site_id = 42636; Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...