Amosando publicacións coa etiqueta Organización da biblioteca: o equipo de nais. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Organización da biblioteca: o equipo de nais. Amosar todas as publicacións

06/06/26

EQUIPO DE NAIS E PAIS

Ao longo deste curso continuamos coa valiosa colaboración das familias integrantes do Equipo de Nais e Pais, que participan na organización e funcionamento da biblioteca escolar, encargándose de tarefas como a organización e orde dos fondos, arranxos, forrado de libros e etiquetados e a preparación do préstamo de verán.




16/09/25

Equipo de nais e pais de apoio á biblioteca

 Hoxe, as nais e pais que colaboran coa biblioteca do cole, comezaron a súa andaina. Estiveron facendo a devolución dos libros que o alumnado levou en préstamo de verán.

Moitas grazas pola axuda!





21/01/13

Equipo de nais da biblioteca escolar

Este curso temos mais xente no equipo de nais da biblioteca escolar:
 Bea, Chus, Rosa, Pili e Esther.
O seu horario de traballo na biblioteca:
 Luns de 9 a 10, xoves de 9 a 10 e de 4 a 5.
Estas son algunhas das súas tarefas:

  • Manter a colección de libros (forrar, reparar, etiquetar, ordenar)
  • Fichas e organizar a colección das familias
  • Actualizar a cortiza da entrada con novas da biblioteca
  • Manter e actualizar o punto de lectura das familias
  • Axudarnos coas propostas para o fomento da lectura nas familias.
  • Axuda co club de lectura de nais.
Fan unha labor moi importante para nós, profesoras do equipo de biblioteca, porque nos permiten centrarnos nas actividades co alumnado.
Grazas a todas.


14/06/12

Historias para monte e praia


Queridas familias:
Este curso tedes de novo a posibilidade de levar en préstamo durante o verán un lote de libros da biblioteca escolar.

Este lote estará formado por un máximo de 15 libros, e poderá permanecer nas vosas casas ata setembro.

Os libros podedes seleccionalos na biblioteca a partir do luns 18. 
Dúas nais, do equipo de apoio á biblioteca estarán alí para atendervos de  9  a 9:30, e de 13:30 a 14 h.

Tamén podedes collelos o día da entrega de notas, luns 25 de Xuño.
                                                                        

23/04/12

Estes son os nosos agasallos para todos e todas no Día do Libro

No día do Libro, todos os nenos e nenas do cole tiveron un agasallo.
 Este ano foi moi especial, pois o agasallo para o alumnado de Primaria (uns marcapáxinas do ratiño Paco) fixeronnos as mamás, a semana pasada, na biblioteca escolar.
Os pequenos de Infantil, recibiron un conto dos Pelelliños para cada un.

21/09/11

Preparando a biblioteca

Este curso imos moi despacio na preparación da biblioteca.
As profesoras do equipo de biblioteca non temos tempo! Menos mal que temos axuda:
As nais do equipo de apio á biblioteca están recollendo as bolsas do préstamo de verán.
Tamén o alumnado axuda. O pasado venres tivemos a xuntanza co alumnado voluntario para axudar na biblioteca escolar neste curso. Son 20 nenos e nenas que nos recreos van traballar en grupos de catro para organizar a biblioteca.
Pronto teremos lista a biblioteca.


24/06/11

Ultima semana

Esta última semana estivemos moi atarefados na biblioteca escolar.
O luns tivo lugar a última xuntanza do curso do club de lectura de nais. 

Ademais, ao longo de toda a semana, as familias puideron levar bolsas de libros en préstamo para o verán, co lema "Historias de monte e praia". Para elo, nais do equipo de apoio encargaronse de aconsellar e anotar os libros. .
A biblioteca recibiu moitas visitas, e os préstamos aumentaron significativamente con respecto ao verán pasado, o que nos permite pensar con gran satisfacción que é unha actividade que se vai afianzando.
Felices lecturas para todos e todas!!

28/05/11

Aqui traballamos todos e todas

Vos preguntaredes que andamos a facer na biblioteca do cole. Aquí trabállase ata o último día. Mirande senón:

  • A semana pasada andivemos a preparar o festival das Letras Galegas. No noso cole sempre xira arredor do teatro. E moitas das obras son adaptacións de contos.
  • En sexto escenificaron unha adaptación en dous actos do conto "O principe e os esmoleiro" de Mark Twain. Fixeronno xenial. Non vos perdades as súas anécdotas no blog do terceiro ciclo AQUI, si queredes pasar unhas risas.
  • En Infantil representaron  adaptacións de "A princesa do Caurel" AQUÍ, e "O globo vermello".AQUI
  • Os nenos e nenas de 2º representaron o conto " Nubiña pascual".
  • En cuarto curso fixeron unha adaptación de "O espantallo amigo" de X. Neira Vilas.Mirade no blog do segundo ciclo.AQUÍ

  •  O mércores pasado fomos a visitar aos nosos amigos do CEP Brea Segade de Taragoña. Como eles están a traballar o proxecto "A pintura" , nós quixemos axudarlles, e cada curso traballou este mes de maio un pintor galego: Maruxa Mallo, Laxeiro, Rosalía Dans, Castelao,Fixémoslle uns debuxos para levarlles, pero tamén preparamos biografías deles para facer presentacións dixitais.
 Si queredes ver as presentacións que lles estamos facendo para agasallalos, mirade no blog
    AQUÍ VIVIMOS, que é onde as estamos subindo todas.

    Por outra banda, o equipo de apoio de nais traballou os venres na biblioteca fichando todos os libros de préstamo temporal, (préstamos de libros que fan as familias para incrementar a súa colección sen engadir gastos a nosa biblioteca) que son moitos, e xa remataron!!! Están tamén habilitando un recanto de lectura para as familias que esperan o remate das actividades pola tarde.

    O vindeiro martes teremos na biblioteca do cole, a partir das catro da tarde, dous "pases" para as familias, dunha montaxe cos vídeos da entrega de premios "Boas prácticas na biblioteca escolar" en Madrid.

    Ademais estamos preparando a próxima cita do club de lectura da nais, as guías de lectura para o verán, os préstamos de verán, ... Aquí traballamos todos!.

    15/09/10

    Empezamos a andar

    Estes días a biblioteca recibe montones de libro dos préstamos de verán: libros para as familias que pasaron o verán nas casas de nenos e nenas do cole.

    Ademáis, empezamos xa a andar:


    • Mañá haberá na biblioteca escolar unha xuntanza no recreo para os alumnos e alumnas do terceiro ciclo que queiran ser axudantes de biblioteca neste curso.Os voluntarios asinarán un "contrato" coas tarefas que deberán realizar durante os recreos que estén de "garda".
    • O equipo de nais e pais de apoio á biblioteca escolar xuntaránse nos próximos días para traballar nos diferentes proxectos de participación das familias de este curso.
    • Abrírase tamén o prazo para os alumnos e alumnas que desexen formar parte dos clubs de lectura.

    • "Paco" ,a mascota do cole, prepara a súa maleta para levar contos aos nenos e nenas de 4º de Infantil, que pronto virán á coñecer a biblioteca escolar.

      Como a crisis tamén nos chega a nós, por primeira vez dende hai catro anos, este curso o concello non nos envía auxiliar de biblioteca. Todos e todas teremos que traballar máis!

    11/06/10

    Historias para monte e praia


    Queridas familias:

    A semana que ven xa podedes levar en préstamo un lote de libros para o verán.
    O horario de atención é as 9 de maña e a partir da 1,30 do mediodía.

    O préstamo faranno as nais do equipo de apoio á biblioteca, que se encargarán de asesoraros.

    Cada familia poderá levar ata un máximo de 15 libros, que deberán devolverse en setembro, na primeira semana de clase.

    01/06/10

    Xornada de portas abertas na biblioteca


    Hoxe celebramos no cole a xornada de portas abertas da biblioteca para pais e nais. María e Chus, as mamás do equipo de biblioteca escolar encargaronse de explicar a organización da CDU, e fixeron novos sociós e préstamos. Ademais informaron do préstamo de verán para as familias, as bolsas de "Historias para monte e praia", que elas se van encargar de xestionar.Foi moi agradable velas falando de libros e lectura.
    As magdalenas fíxoas María.

    29/04/10

    Queridas familias


    Queridas familias:
    Neste mes de abril púxose en marcha un pequeno equipo de apoio á biblioteca escolar formado por nais.

    As xuntanzas son na biblioteca escolar, onde se reunen coa coordinadora de biblioteca. Veñen cheas de propostas moi interesantes, que imos ir levando a práctica pouco a pouco. Unha dela xa a vistes estes días:

    A enquisa que recibistes na casa para contarnos os vosos gustos literarios, as vosas propostas de lectura, coa intención de ampliar e mellorar a colección adicada as familias.

    Os buzóns para recoller as vosas respostas están na entrada da biblioteca, e de Infantil.

    Esperamos as vosas propostas!!!
    Blog Widget by LinkWithin
    As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas
    var linkwithin_site_id = 42636; Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...