15/06/23
09/06/23
Proxecto "O Mar" en 5º de primaria
O alumnado de 5º estivo traballando moitísimo sobre a proposta que lle fixo a mascota da biblioteca Paco sobre o proxecto "O mar".
Investigaron sobre as illas que conforman o Parque Nacional das Illas Atlánticas. Gravaron na radio distinta información sobre Ons, Sálvora, Cíes e Cortegada e, enlazaron esa información coas Makey Makey programando con Scratch nas maquetas que elaboraron.
Un inmenso traballo que deu un fermoso resultado.
Parabéns!
25/05/23
Exposición proxecto o mar
Xa están chegando as producións do proxecto O mar. A exposición está empezando a coller contido. Proximamente recibiredes unha invitación para facer unha visita guiada á exposición.
27/02/23
Infantil visita o museo do mar
Hoxe, o alumnado de Educación Infantil, visitou o Museo do Mar de Vigo.
Participamos nun obradoiro de "Tesouros da Ría", onde puidemos descubrir a rica diversidade mariña que temos na nosa ría de Vigo, onde nos explicaron a gran diversidade de especies coas que convivimos, e puidemos tocar tanto unha esponxa, como corais, mandíbula de pel de tiburón, ovos de raia, cunchas, etc.
Tamén visitamos o acuario para observar os peixes que nadan na ría, centolas, mexillóns, tiburón e moitas máis animais mariños.
15/02/23
Proxecto o mar: as bateas
17/01/23
Proxecto o mar
A mascota enviou esta semana as cartas ás diferentes clases, cada unha cunha proposta de investigación diferente. Propoñémonos acercar a realidade cotidiana ás aulas dando pé a observar , investigar e aprender sobre feitos próximos. As bateas, os barcos, o Parque Natural da Illas Atlánticas son algunhas das investigacións que se desenvolverán nas aulas.
12/06/13
Sabedes para que serve?
A contaminación do mar
09/06/13
Día pirata na Illa de San Simón
A mestre de música preparou unha montaxe cas fotos do alumnado do 1º Ciclo.
ser pirata por un día, cansa moito, pero,...mirade o ben que o pasamos todos!!
Os nenos e nenas de Infantil tamén o pasaron xenial:
:
04/06/13
As bateas flotan
E despois de moito traballo chegou o momento de poñela a flotar....e por suposto, FLOTOU
31/05/13
Onde se crían os mexillóns?
A verdade é que nos gustou moito traballar en equipo, tanto que agora todo o queremos facer deste xeito!
08/05/13
Banda deseñada
Os gañadores daranse a coñecer o día das Letras Galegas.
16/04/13
As actividades da biblioteca
Hoxe , En INFANTIL, cambiamos o horario do recreo para poder facer unha actividade na bibliotea. Tiñamos programada unha videoconferencia co Loro Parque de Tenerife.
As chicharras e as tartarugas, que non o lembraban, de camiño dicían:
E PARA QUE IMOS A BIBLIOTECA?:
- Imos recitar unha poesía...?
. - Vannos contar contos....?
- Vannos dicir adiviñas...?
- Vannos falar os maiores....?
. - Imos ver un vídeo....?
E É QUE NA BIBLIOTECA FACEMOS TANTAS COUSAS!!!!
07/04/13
No mes do libro.....un mar de contos
03/12/12
17/11/12
Carta do ratiño Paco
CARTA INVITACIÓN A VER A EXPOSICIÓN
Saberedes que no
mes de novembro do ano 2002, un temporal causou un terrible accidente nun enorme
petroleiro de nome PRESTIGE, que pasaba
diante das costas galegas.01/11/12
Temos unha exposicion de fotografías,...
12/09/12
Empeza o curso
Hoxe empezou o curso, e con él un montón de propostas novas.
Este ano o noso proxecto vai ser "O MAR".
Como pronto cumprírase 10 anos do afundimento nas costas galegas do "Prestige", falaremos deso e xuntos reflexionaremos sobre o importante que é o mar para nós, e como debemos coidalo.
Pediremos a axuda das familias, coma sempre, porque con elas aprendemos moitas cousas.
Tentaremos facer saídas relacionadas co mar, e mais cousas que xa iremos contando.
Cantas ideas e proxectos temos!!!
Convidamos a toda a comunidade escolar a subir a bordo de este proxecto!










