Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto: mira mira. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto: mira mira. Amosar todas as publicacións

19/10/14

Matemáticas e arte

Este mes de outubro celébrase o mes das bibliotecas escolares, este ano co lema BIBLIOTECA ESCOLAR...MATEMÁTICO!!!.
Os distintos cursos xa teñen as súas propostas , que queren incidir na idea de que as matemáticas están en todas partes, e na biblioteca cómo non.
Unha boa mostra é o traballo que o grupo de 6º fixo no curso pasado, cando investigaba sobre a arte. Sempre aparecen datos matemáticos que as veces non interpretamos, esta vez trátase das medidas dos cadros:

08/06/14

As meninas vistas por outros pintores

O cadro das meninas tivo e ten moitas versións. Imos ver algunhas.

30/05/14

Os bits de intelixencia

Os bits son datos que pode almacenar o cerebro, e que chega a través dos sentidos. No colexio preparamos estes bits, baseados na pintura, para fomentar a observación, a capacidade memorística e a cultura.
Resultan moi motivadors. Probáde co  voso alumnado!

25/05/14

A froita na pintura

Esta semana no cole vai estar dedicada á froita. Receitas de froita, froita na merenda,...
A froita é unha parte importante na historia da pintura.
Os cadros que representan distintos tipos de alimentos, froitas , flores,...chámanse "Bodegóns" ou "Natureza morta".
Os bodegón son considerados unha arte menor, pero a maioría dos grandes pintores/as teñen o seu.Velaí unha pequena mostra:

23/04/14

Os ríos e a pintura

Os ríos son parte do noso entorno, e ao longo da historia os pintores reflexaron a vida no río. Observa algúns destes cadros, e despois localizaos no xogo que propoñemos:

31/03/14

As matemáticas e a pintura

No terceiro ciclo o proxecto deste ano, a pintura, axúdanos a traballar en matemáticas:

Miramos este cadro

Título: "Estudo de cor. Círculos concéntricos"
Autor: Wassily Kandinsky , pintor ruso ( 1886-1964)

Para reflexionar:
  • Parécevos que segue sendo actual? 
  • Imaxinades como foi acollido na súa época?

                                                                 


E despois reproducímolo utilizando o compás.
Serviunos para desenvolver a creatividade, e mellorar no uso do compás.



Outra tarefa diferente:

Piet Mondrian (1872- 1944) foi un pintor holandés, autor do cadro que vemos a continuación. O seu título: "Composición II en vermello, azul e amarelo".


Mondrían plasmaba a harmonía con liñas verticais e horizontais.A súa obra foi incomprendida, pola aparente simplicidade dos cadros. Pero para lograr a pureza de cor e liñas. adoitaba utilizar unha grande variedade de técnicas e capas de cores. 
Se vos fixades, podedes adiviñar as pinceladas.
Imos facer a nosa versión do cadro, utilizando o escuadro e o cartabón.

E por último:


Este é o mosaico "A árbore da vida", que fixo Gustav Klimt para o palacio Stoclet de Bruselas.


Ao pintor xa o coñecedes. polo seu famosísimo cadro, "O bico"



Aquí a nosa proposta: 
Tentade localizar e clasificar algúns triángulos, segundo os seus lados. 


20/02/14

Pintura e matemáticas

Queres saber canto miden algúns dos cadros máis famosos? ·
 “As meninas”, de Diego Velázquez,
mide 276 de alto por 318 cm de ancho .


 “A Gioconda”, de Leonardo da Vinci 
77 cm de alto por 53 cm de ancho 

 “Enrique VIII”, de Hans Holbein o Mozo
28 cm de alto por 20 cm de ancho 


“A habitación", de Van Gogh
 74 cm de alto por 56,5 cm de ancho 
“Guernica”, de Pablo Picasso
3,50 cm de alto por 7,80 de ancho 

 “A persistencia da memoria”, tamén coñecido como “ Os reloxos brandos,” de Salvador Dalí
 119,5 de alto por 90 cm de ancho.
  “Varios círculos”, de Kandinsky
127 cm de alto por 200 cm de ancho 

 Que vos parece calcular as medidas dos cadros nas vosas aulas?
 Será interesante ver canto ocupa cada un!

09/02/14

A pintura no mes do amor

Agora que estamos no mes do amor, aquí temos dous cadros para ver.
O primeiro é "O bico" de Gustav Klimt realizado entre 1907 e 1908.
Para facer este cadro, que mide 180 x 180 cm, o autor utilizou ouro e prata
 O cadro está na Galería Belvedere de Viena


.
Observa aquí a expresión :


O segundo cadro que vos presentamos é dun pintor holandés. Trátase de  "A carta " de Johannes Vermeer , pintado probablemente no ano 1669. Este cadro que mide 44x38´5cm, está actualmente no Rijksmuseum de Amsterdam. No cadro vemos como a criada vén de entregarlle unha carta de amor a unha moza.

07/02/14

A pintura na historia

No terceiro ciclo fixeron unha recreación da pintura na historia, dende a pintura rupestre, pasando polas pinturas na cerámica, os mosaicos, os retablos, os frescos:

04/02/14

Proxecto mira mira. Miramos un cadro

Na clase de quinto curso atopámonos con esta reprodución do cadro  "Escuela rural" de Albert Anker, e ... mirámolo.
Tratábase de observar, apender a mirar os cadros, respostando a moitas preguntas:

Onde están? É unha escola, ou ten outros usos? Hai calefacción? Hai encerado? Como son os pupitres? Hai pupitres para todos? Quen está sentado neles? Onde están sentadas as rapazas? Por que?
Como é a roupa dos rapaces? Algún aparenta máis riqueza? Se é así, onde está sentado?
E as rapazas? Algunha ten mellor roupa, de máis abrigo? Onde está sentada?
Como é o comportamento dos rapaces? Como imparte a disciplina o profesor?
Que papel ten a profesora? Que levan as rapazas nas cestas? Para que? 
Como é o material escolar?














O cadro permitiunos reflexionar sobre como era a escola noutros tempos. Era mellor que agora?
E sobre a diferencia de trato entre os nenos e as nenas.
Foi unha sesión moi interesante!!

03/02/14

As mulleres na pintura

Mirade este vídeo, e tentade averiguar a que cadros pertencen estas mulleres.

20/01/14

Picasso e a paz

Pablo Picasso preparou un cartel para unhas xornadas de paz,....pero mirade a presentación de diapostivas para saber máis:

07/12/13

Proxecto: Mira, mira a pintura

As tartarugas estamos investigando sobre Wassily Kandinsky e descubrimos que naceu en Moscú. Pregunteilles onde estaba Moscú e estas foron as súas respostas:
  • Está lejísimos.
  • Lo podemos ver con un telescopio.
  • No, que el telescopio es para ver la luna.
  • Lo podemos ver con mis prismáticos.
  • Moscú está muy lejos de Moaña.
  • Necesitamos un mapa 
Así que nos puxemos a traballar e intentamos averiguar onde estaba Moscú.


Que é un mapa?
  • Es donde vemos Moscú.
  • Para seguir el camino.
  • Para buscar o camiño.
  • Para buscar a Moscú.
  • Para ver por onde está Moscú ou outros sitios que non sabemos como ir.


10/10/13

O ratiño Paco xa está no cole!!


CARTA DE PACO :


COMO ESTADES? SEGURO QUE MOI CONTENTOS NA VOSA NOVA CLASE.
EU XA VOLVÍN DAS VACACIÓNS .ESTIVEN LENDO TODOS OS LIBROS QUE TIÑADES NA SECCIÓN DE ARTE, OS QUE TEÑEN ETIQUETA ROSA, E GOCEI MOITO VIAXANDO POLOS MUSEOS DO MUNDO, ENCÁNTÁRONME

GUSTARÍAME  VER  O  COLE  CONVERTIDO  NUN MUSEO,  ASÍ QUE, QUE  VOS  PARECE  SE INVESTIGADES
 SOBRE VARIOS PINTORES E PINTORAS?

E  QUE FAGADES A  REPRODUCIÓN  DUN  CADRO   DESTES AUTORES PARA EXPOÑELA.

A  INFORMACIÓN  QUE  ATOPEDES  PODEDES EXPOÑELA  TAMÉN  E  MÁIS  TARDE  CONTARÉDESLLA AOS  VOSOS  COMPAÑEIROS/AS


APERTAS COLORIDADAS!!!!
Blog Widget by LinkWithin
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas
var linkwithin_site_id = 42636; Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...