Amosando publicacións coa etiqueta Proxectos: Outros paises. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Proxectos: Outros paises. Amosar todas as publicacións

09/06/09

Viaxando polo mundo


Temos novidades de "Edicións Quintela" , a editorial do cole. Inician a colección "Paco polo mundo", e son tres libros. Os títulos: "Viaxando polo mundo".

Son unha recompilación de parte da información que todos os cursos foron recollendo dos países que traballaron este curso, dentro do proxecto anual da biblioteca

04/05/09

Libros do mundo

Rematando xa o proxecto deste curso, temos unha exposición de libros do mundo, e traballos documentais das clases sobre diferentes paises do mundo. Para a exposición contamos con libros prestados pola biblioteca municipal, e polos compañeiros da biblioteca CEIP Seara de Moaña:




20/02/09

Entroido no cole

Hoxe celebramos o Entroido no cole.Como estamos traballano o proxecto "Outros paises, outras culturas", cada curso disfrazouse do pais que está investigando.
O noso Paco estivo presente, na pancarta do cole.
Aquí tedes unha mostra da festa de hoxe:

25/01/09

Todos e todas a investigar

O venres todos os cursos recibiron unha carta da nosa mascota Paco. Era de cores, como todas as del.
Na carta fálanos de libros de viaxes.
Ademais, pídenos que fagamos unha investigación.
Cada curso terá que averiguar o idioma, a moeda , e a bandeira dun país diferente.
Deberán buscar tamén en que continente está , e o medio de transporte que podemos usar para chegar ata alí.

Suso ,o bibliotecario da biblioteca Municipal, prestóunos unha caixa chea de libros, para axudarnos a buscar as respostas.

Ademais, algúns cursos escribiron cartas as embaixadas para pedir información.
Tamén nas axencias de viaxes imos buscar folletos para ver fotos.

Temos que contestarlle pronto a Paco!.
Canto antes lle cheguen as respostas, antes nos enviará a seguinte carta.

PD:
Os paises son: China, Rusia, Exipto, Marrocos, Estados Unidos, Islandia e México

09/01/09

Novas na biblioteca


Empeza o ano con novidades na biblioteca:
Por un lado, estrenamos novo recanto para os ordenadores dos alumnos, estantería para os libros do mes e carriño para que os pequenos de Infantil deixen os libros que devolven a biblioteca.(Xa pillamos a algún pequeno metido dentro. Pensaban que era un berce!)

Iniciamos ademais un novo aspecto do proxecto da biblioteca deste curso:
O estudio de outros paises, outras culturas.

Cada curso escolleu no primeiro trimestre un pais para investigar e aprender cousas :
Infantil queren saber cousas de China.

1º de Primaria investigaran sobre Rusia.

2º de Primaria queren aprender cousas sobre Marruecos.

3º de Primaria vai traballar sobre Estados Unidos.

4º de Primaria queres saber cousas de Islandia.

5º de Primaria vai investigar sobre México.

6º de Primaria vai traballar sobre Exipto.

Pronto Paco, a mascota da biblioteca, vainos ir enviando cartas para guiarnos nesta busca.
O obradoiro de escritura que estamos traballando este curso é a carta:
Xa nos estrenamos contestando a carta que nos enviou Paco no día das bibliotecas escolares.
Despois escribimos as cartas a Papá Noel.
Agora teremos que seguir, respostando a todas as que nos envíe Paco!!!
Blog Widget by LinkWithin
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas
var linkwithin_site_id = 42636; Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...