Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto: Traballa que traballa. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto: Traballa que traballa. Amosar todas as publicacións

18/04/18

Nun laboratorio de control de calidade

Marta visitounos na clase de segundo  para explicarnos en que consiste o seu traballo no laboratorio da empresa ALONARTI. Alí controla a calidade dos tubos dos envases para que funcionen correctamente:

As librerías colaboran


As librerías de Moaña, un ano máis colaboran connosco no fomento da lectura nas familias. Está aberta a exposición na biblioteca do cole cos novidosos fondos que nos emprestaron por uns días. Este ano , no proxecto Traballa que traballa, parécenos moi importante poñer en valor o traballo dos libreiros e libreiras que nos orientan e dan a coñecer novas lecturas.
Este curso participan La papelería, Alborada e  Nobel O Pontillón.
A exposición pode visitarse de 4 a 5.30 da tarde, ata o xoves 19 de abril.


09/04/18

Un enxeñeiro en segundo

No proxecto Traballa que traballa, recibimos en segundo curso a visita de Alfonso que como inxeñieiro explicounos como é o proceso de fabricación dos coches. Contounos que traballaba co ordenador para darlle a forma necesaria aos compoñentes do coche e como era o traballo dos robots. Foi moi interesante!!!

20/03/18

O traballo nas plataformas petrolíferas

O luns na clase de 6º de Infantil recibiron a Fran, o pai dunha alumna. 
É soldador nun barco e o seu traballo consiste en soldar os tubos polos que se transporta o petróleo que extraen do fondo do mar nas plataformas petrolíferas.
Trouxo fotos dos barcos , de como soldan e como van soltando os tubos no mar. Mostroulles tamén algunhas das ferramentas que emprega.







MOITAS GRAZAS!

26/02/18

Salvamento marítimo en 4º curso

Na clase de 4º de primaria recibimos a visita de Marcos, tío de Aicha, que nos falou do seu importante e interesante traballo. Pilota un helicóptero de salvamento marítimo a axuda a rescatar persoas en perigo.
Grazas, Marcos. polas túas interesantes explicacións!!!



23/02/18

Os traballos das familias en 2º

Falando dos diferentes traballos na clase de segundo descubrimos que necesitabamos coñecer un pouco mellor o traballo dos arquitectos e arquitectas. Invitamos a Rodri e explicounos marabillosamente como era o seu traballo:

Moitísimas Grazas Rodri!!!

22/02/18

Os traballos nas familias de 4º de Infantil

O pai dun alumno de 5º de Infantil é Fisioterapeuta e visitou a aula para contarlles a todos en que consiste o seu traballo.
Trouxoun maletín cheo con algúns utensilios do seu traballo: vendas, cremas, cintas elásticas... 
Aprendemos moito!!








08/02/18

O voluntariado

Algúns dos traballos que estamos a investigar están relacionados co voluntariado. Por iso recibimos no cole  a varios voluntarios e voluntarias da Cruz Vermella que nos contaron cousas moi interesantes da súas experiencias, e o fermoso que é axudar as persoas que nos necesitan.
Deixámovos unhas imaxes da súa charla en quinto de Primaria:

02/02/18

O alumnado de 4º curso visita o Concello

O alumnado de 4º curso visitou o Concello de Moaña. Alí recorreron varios departamentos onde lles explicaron en que consite o seu traballo. Tamén foron recibidos pola alcaldesa e a teniente de alcaldesa.
Aprenderon moitas cousas do funcionamento do Concello


28/11/17

Os oficios: as mariscadoras

Hoxe  3º e 4º tivemos unha clase moi especial. Dúas mariscadoras de Moaña ( Dolores e Tere ) da asociación de mariscadoras de Moaña viñeron  falarnos sobre o seu traballo: o marisqueo a pé.

Grazas por todo!



31/10/17

Os oficios e a galipedia

Hoxe os nenos e nenas de quinto curso entrevistamos a Delio Fernández. Levábamos varios días preparando a entrevista, e tiñamos moita ilusión. Encantounos velo chegar na bicicleta, recibímolo cun gran aplauso. Os nosos compañeiros de sexto curso quixeron estar presentes, tiñan moitas gañas de coñecelo!
Esperamos volver a velo pronto polo cole!

Proxecto Traballa que traballa: ciclista.

27/10/17

Proxecto Traballa que traballa

Este curso desde a biblioteca escolar promovemos o proxecto interdisciplinar sobre os oficios. Trataremos de investigar nos diferentes cursos sobre as características e curiosidades das ocupacións profesionais das familias relacionadas co cole; tamén doutros oficios que nos queden máis lonxe no tempo e no espazo. Xa están chegando as cartas da mascota coas súas inquedanzas de saber.
Blog Widget by LinkWithin
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas
var linkwithin_site_id = 42636; Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...