Amosando publicacións coa etiqueta Curso 2008-2009. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Curso 2008-2009. Amosar todas as publicacións

14/04/10

Benqueridos amigos e amigas.

Concello de Moaña
Alcaldía
ALUMNOS E ALUMNAS DE 6º DO COLEXIO PÚBLICO DE QUINTELA

Benqueridos amigos e amigas:
Aínda que cun chisquiño de retraso, chegoume a vosa carta do 30 de abril do 2009. Agradézovos que pensarades en escribirme e tamén que recordedes algunhas das cousas que o Concello fixo meses atrás.

Como xa pasou tanto tempo, pode ser que o que me pedides estea xa arranxado. Se non é así, facédemo saber, por favor. Será mais rápido se mo facedes chegar ao correo electrónico.

Como puidestes comprobar, o parque infantil da Praia de Moaña mudou moito nestes meses. Agardo que os novos xogos sexan do voso agrado e que non haxa randeeiras avariadas. Pídovos tamén que o coidedes, porque agora que xa ides grandes ten que quedar para todos os nenos e nenas que veñen detrás vosa . Agardo que vos gustan tamén os campos novos de fútbol-7. Ah, e por certo, ides á piscina?. Se non ides aínda animádevos, porque mola un cacho.

Este verán o Concello tamén vai facer algunhas obras no voso cole, para que quede un pouco máis bonito do que xa está e Luis, “o dire” non me berre tanto, porque a min sempre me estáberrando, non sei a vós.

E moita sorte, Algúns e algunhas de vós igual acabades en Quintela este ano e ides para o “insti”. Que vos vaia a todos moi ben, e non teñades medo aos mangallóns da E.S.O. , que ao principio parece que asustan moito, pero despois axiña se desfondan.

Dádelles un saúdo aos profesores...e un abrazo forte a todos e todas vós.


Moaña a 09 de abril de 2010-04-14
O ALCALDE
Asdo.Xosé Manuel Millán Otero


Esta é a resposta á carta escrita polos nenos e nenas de 5º do curso pasado. Si queres lela, está no club de escritura do cole.

03/11/09

Trompos,buxainas,...

Polo San Martiño

trompos ao camiño.

Polo San Amaro

trompos ao faiado.

Queres saber máis sobre os trompos ? Entra aquí:

Queres xogar ao trompo?. Entra aquí:

25/08/09

Falan de nós


No blog Educa con TIC , editado por Red.es, (Ministerio de Industria, Turismo y comercio ) publica un artigo sobre o noso cole, firmado polo colaborador Francisco Muñoz (Aula blog 21 ) que agradecemos moito.

Aproveitamos para recomendarvos que exploredes un pouco o blog Educa con TIC, cheo de recursos e artigos moi interesantes para os educadores.

22/08/09

Xoga na rede

Esta páxina, Jueduland, ten moitos xogos e recursos educativos .


20/08/09

Partly Cloudy

Partly Cloudy é unha curtametraxe que se proxecta coa película Up.

Visto en:
Bibliofagia ,Recanto de Mik e en Más que libros

15/08/09

Imos o cine?

Hai moito que non vas ao cine?.
Está neste momento nos cines Up, unha peli de Disney que conta a historia dun vendedor que fai voar a súa casa con milleiros de globos. Claro que nesa aventura contará cun compañeiro inesperado.

11/08/09

O mundo dende o aire

Descubrimos esta preciosa páxina, do fotógrafo Yann Arthus BertrandSeleccionando un país, verás as maravillosas fotos feitas dende o aire.


05/08/09

Si non les,...

Recoñeces os personaxes dos contos?
Axúdalles,...!

04/08/09

Alicia

Vemos en Leer y leer que Tim Burton está preparando unha nova versión cinematográfica de Alicia no pais das maravillas, do escritor Lewis Carroll.
E un libro que hai que ler!!!. Xa sabes que na biblioteca pública de Moaña tes varios exemplares.
Aquí tedes un trailer da película. A nós gustounos moito o gato. Non sei si o ratiño "Paco" estará de acordo,...

26/07/09

As tres mellizas

As tres mellizas son unhas nenas un pouco traviesas e moi divertidas.



Xoga con elas. Neste páxina podes facer crebacabezas, sopas de letras, xogar ao tetris, e ata dar a volta ao mundo con elas:

Páxina oficial: http://www.lastresmellizas.com/



25/07/09

Lecturas que nos gustan para o verán

Mirade que bonito vídeo para a publicidade dun libro, que ademáis está moi ben:


No noso club de lectura falamos dese libro, e de outros:
CLUB DE LECTURA

24/07/09

Leocadio, o león


Estase celebrando en Cangas a Feira do Libro, que remata este domingo. Non deixedes de pasar por alí.
Onte foi a presentación dun novo libro de "Oli", fermosamente ilustrado por Teresa Novoa e editado por Xerais na colección Merlín.

Trátase de "Leocadio, o león". Conta a historia dun león a quen lle gusta xogar cos nenos, e coas gacelas.
Despois dunha serie de peripecias, convertirase nun león moi famoso.
Un libro que vos vai gustar,...

13/07/09

Perdón por romper os contos


Esta é a carta que os nenos e nenas de 4º de Infantil escribiron á nosa mascota, Paco:

Ola Paco:
Somos as tartarugas de Quintela.
Querémoste moito porque nos traes contos e es o noso amigo.
Queremos pedirche contos do Rato Paco, contos de crocodrilos, de cans, de piratas, lobos, bombeiros, bailarinas, contos de medo e de pitiños.
Paco, perdón por romper os contos, e grazas por arranxalos.

Adiós Paco
Moitos cariños
Aula das tartarugas


No CLUB DE ESCRITURA tedes algunhas cartas do obradoiro de este curso.

01/07/09

30/06/09

As librerías máis bonitas de Europa

Vía Nosololibros temos coñecemento deste mapa que edita a páxina Bibliobsessión 2.0. Nel saen as bibliotecas máis fermosas de Europa. En España saen cinco, dúas de Madrid, unha en Guadalajara, outra en Palma de Mallorca, e unha en Santiago de Compostela. Si queres saber cales son, deberás entrar no mapa.



29/06/09

Xoga

Vemos este feixe de xogos da Secretaría Xeral de Política Lingüística no Recanto de Mik.
Son para nenos e nenas de 3 a 6 anos.

27/06/09

Traballar por proxectos

Queremos mostrarvos como e porqué traballamos por proxectos no cole de Quintela:

23/06/09

Datos do préstamo

O noso colexio ten un total de 126 alumnos/as. Todos son socios da biblioteca. Tamén son socios da biblioteca o profesorado, o persoal non docente e unha decena de familias.
Este curso os nenos e nenas de 4º de Infantil (3 anos) utilizaron unhas fichas manuais para o préstamo, polo tanto o préstamos nesa aula non está contabilizados no programa de xestión da biblioteca.

O noso programa contabilizou este curso un total de 1.237 préstamos, dende o mes de outubro ata rematar o curso.

Este verán, por vez primeira, prestáronse lotes de libros ás familias que o solicitaron.
Blog Widget by LinkWithin
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas
var linkwithin_site_id = 42636; Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...