Aquí está o producto final, despois de deseñar en papel e na pantalla dixital imprimimos os nosos chaveiros na impresora 3D.
Aquí está o producto final, despois de deseñar en papel e na pantalla dixital imprimimos os nosos chaveiros na impresora 3D.
A profe Victoria converteu os nosos cans deseñados na pantalla dixital en deseños para a impresora 3D
unha vez preparados puxémos a impresora 3D a funcionar .
Despois de debuxar diferentes cans no papel, votamos para decidir se deseñamos un can de corpo enteiro ou so a súa cabeza.
Gañou ...
A clase de primeiro quixemos agradecer a profe Kathy o traballo que realizou na olimpiada. Deseñamos en papel unha medalla para a que tivemos que tomar diferentes medidas e cálculos. De todos os deseños, botamos cal nos gustaba máis para levar á impresora 3D. Deseñamos o modelo, imprimímolo, pintámolo e puxémoslle unha cinta para regalarlla a Kathy.
Quedou encantada!
O cole de Quintela conmemora o Día das Letras Galegas levando un broche en forma de pandeireta feitos na impresora 3D.
Onte, tivemos o pracer de ter connosco na biblioteca do cole unha vez máis a Paola Guimeráns, especialista en educación STEAM, que nos viu ensinar ás familias e alumnado cousiñas sobre o pensamento computacional e linguaxe de programación coas placas Makey Makey e á aplicación Scratch.
Creamos escenarios con personaxes en Scratch, aprendemos sobre circuitos eléctricos con froita como elemento conductor e creamos un cómic poñendo os cables crocodilo sobre grafito dos lápis.
Grazas Paola por compartir estas aprendizaxes con nós!
A nosa cortadora láser ten moita demanda na biblio. Esta vez, os nenos e nenas de 1° de primaria estamos a facer uns paxaros para coserlles lá e poñelos a decorar o cole. Xa vos ensinaremos como nos quedan.
Este mércores, 9 de abril, de 17h a 18.30h, na biblioteca, realizaremos un obradoiro de scratch con Paola Guimeráns.
Aprenderemos a facer pequenos circuitos coas placas makey makey. É unha actividade moi sinxela para que poidades facer cos nenos e nenas en familia. Poden vir acompañados dos pais ou doutro familiar que queirades.
Encántanos estar na biblioteca e aprender co diferente material que alí hai. Estivemos co Lego, co Osmo Pizza e Osmo Coding, cos paus de construir, cos vasos, co UNO e coas pezas de construir.
Moi fermosas as flores que fixeron as nenas e nenos de 2º de primaria para agasallar, xunto cun poema, aos seus padriños e madriñas lectores no Día da Poesía.
Empregaron a aplicación Doodle 3D para diseñar, pasaron os diseños á impresora 3D e puxéronse a imprimir. Por último, metidas nun sobre, deron unha flor e un poema a cada padriño e madriña lector.
Hoxe, o alumnado de 4º estivo repasando as comunidades autónomas de España. O fixeron dun xeito moi divertido e ameno, usando as placas Makey Makey e programando con Scratch.
Na biblioteca temos unha máquina que chama moito a atención do alumnado e fai que pregunten cousas sobre ela. É unha cortadora láser que poucos coñecen o seu uso.
Estes días, o alumnado de 6º de primaria estivo fedellando con ela e co programa de deseño. Cortamos fieltro e DM.
Gustoulles moito!
A pasada semana tivemos na biblioteca un obradoiro de títeres de dedos. Durante tres días e, durante o tempo de recreo, o alumnado dos distintos ciclos tivo a oportunidade de pasar polo taller e crear o seu títere. Tiñemos tres para elixir (eiruga, oso polar e pitiño).
Foi todo un éxito!
Hoxe, como non podía ser doutra forma, no CEIP Quintela, celebramos o día Mundial da Radio cunha pequena homenaxe a este medio de comunicación tan importante e que nos cambiou a vida a todas e todos nós. A por moitos anos máis!
A clase do teatro está a traballar os números en Inglés. Van facer un libriño con eles para levar a casa e así xogar con eles as veces que queiran.
Para facer máis fermoso o libriño, deseñaron e imprimiron un chaveiro coa palabra NUMBERS que levarán colocado.
Mirade que fermosos quedaron!
Canto aprendemos e traballamos cos robots que temos na biblio. Estivemos levando aos nosos robots ata os queixos que lle colocamos pola cuadrícula, escribindo previamente o percorrido que tiñan que facer nun papel e a través de frechas.
Foi moi divertido!
Obradoiro de títeres de cartón
O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria gozamos dun marabilloso obradoiro da man de Ton Arenas, quen nos amosou todo o proceso para deseñar e crear o noso propio títere de cartón. Despois, démoslle voz e representamos pequenas escenas teatrais deixando voar a nosa imaxinación.
Que obras tan fermosas crearon as nenas e nenos de 1° relacionadas co inverno.
Observade!
O alumnado de 6º de primaria estivo deseñando na aplicación Doodle 3D a Paco, a nosa mascota da biblioteca, para que o alumnado voluntario de colaborar nos recreos na garda de biblioteca poidan levalo colgado para identificarse como axudantes.
Quedáronlles moi fermosos!