Amosando publicacións coa etiqueta Celebracións: Abril mes do libro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Celebracións: Abril mes do libro. Amosar todas as publicacións

05/05/26

OS NOSOS CONTOS FAVORITOS

No mes de abril, cada neno e nena da clase dos canciños, trouxo o seu libro ou conto favorito e compartiuno cos compañeiros e compañeiras. Faláronnos da súa páxina favorita, explicaron o argumento e, sobre todo, transmitiron a ilusión pola lectura.

Unha experiencia moi enriquecedora que nos axuda a medrar como lectores e lectoras!



04/05/26

SEMENTANDO LECTURAS

 Aquí tedes unha mostra de fotos enviadas polas familias que nos invita a descubrir como a lectura forma parte dos momentos cotiáns dos nenos e nenas,

A nosa exposición ten por título "Sementando lecturas".




30/04/26

DÍA DO LIBRO NA EEI O CON

 O pasado 24 de abril celebramos o Día do Libro cunha fermosa actividade de convivencia entre 6º de Primaria e a escola de educación infantil "O Con".

Realizamos un apadriñamento lector, onde os maiores lles leron contos aos máis pequenos, compartindo historias e momentos moi especiais. Ademais, houbo un intercambio de cancións e e puxémoslle música coa guitarra de Txelu, a un conto que nos contou a todos e todas unha mestra de infantil  que encheu a xornada de ledicia.

Foi unha experiencia moi enriquecedora que nos permitiu gozar da lectura xuntos e aprender uns dos outros. Volveremos pronto!




28/04/26

23 de abril. Día do Libro

Os padriños e madriñas lectores desfrutaron dunha lectura mutua, de contos teatralizados e de momentos moi especiais na biblioteca.

27/04/26

CONTACONTOS NA SEMANA DO LIBRO

 Na Semana do Libro programamos un contacontos coa compañía Trémola Teatro, titulado A nena que se comía todos os seus libros. Esta actividade formou parte do programa Lectura en Familias.

Gústanos moito recibir ás familias e compartir con vós momentos especiais arredor da lectura. Foi un pracer contar coa vosa participación!


DEGUSTACIÓN DE LIBROS EN INFANTIL

Durante a semana do libro levouse a cabo unha actividade de “Degustación de libros” co alumnado de Educación Infantil. Preparáronse seis mesas temáticas con unha coidada selección de contos e libros variados (aventuras, emocións, información, etc.).

O alumnado, organizado en pequenos grupos, foi rotando polas diferentes mesas, dispoñendo dun tempo determinado en cada unha para explorar libremente os libros. Ao rematar cada quenda, cada neno/a debía escoller o libro que máis lle gustara e sinalalo cunha pegatina.

Esta dinámica permitiu fomentar o interese pola lectura e a expresión de preferencias persoais. Como resultado final, obtívose unha selección dos libros máis valorados polo alumnado, o que ofrece información moi útil sobre os seus intereses lectores.


24/04/26

APADRIÑAMENTO NO DÍA DO LIBRO

Con motivo da celebración do Día do libro, estivemos na biblioteca cos nosos padriños e madriñas lectores desfrutando dun momento moi agradable.

 

02/05/25

OS NOSOS CONTOS FAVORITOS

Polo Día do Libro, os nenos e nenas trouxeron a clase o seu conto favorito para compartilo co restos dos amigos e amigas. Explicaron o título, porque lles gustaba tanto ese conto, e cal era a súa páxina favorita. Fixemos unha exposición con eles e agora pouco a pouco os estamos lendo en clase para coñecer esas fantásticas historias.



23/04/25

DÍA DO LIBRO

Hoxe celebramos o Día do Libro na biblioteca do colexio, cunha sesión de contacontos moi especial, a cargo de Olalla González, compañeira do colexio e autora de moitos libros infantís. O alumnado, dende infantil ata os maiores do cole, disfrutaron coas súas historias.

FELIZ DÍA DO LIBRO!!!





09/04/25

Contacontos co Kamishibai

Este venres na biblio teremos unha sesión de contacontos co Kamishibai.
O alumnado de 3º preparou dous contos para relatar con esta técnica e fixeron unhas invitacións para repartir polas clases.










 

08/04/25

CONTACONTOS

 Hoxe disfrutamos dunha sesión de contacontos ó aire libre, aproveitando o bo tempo. Nesta ocasión, a nosa compañeira Olalla González, contounos os contos de "O coelliño branco" e "Carapuchiña vermella".


 

25/04/24

Visitamos a exposicion das librerías

Con motivo do Día do Libro, as distintas librarías de Moaña cédennos libros para facer unha exposición na biblioteca. O alumnado visita a biblioteca e, de todos os libros, elixe o que máis lle gusta. Anota os datos nun papel e, se queren, poden ir mercalo coas súas familias á libraría para incrementar as súas coleccións persoais.



24/04/24

Día do libro con pistas

No día do libro, participamos nun xogo de pista no que tiñamos que buscar os libros que indicaban as pistas. Así demos coa mensaxe que Paco, a nosa mascota nos deixou.

 

23/04/24

Xogo de pistas na biblio

Polo día do libro, practicamos a formación de usuarios cun xogo de pistas.

 Hoxe celebramos o día do libro cun xogo de pistas na biblioteca. Cando rematamos fixemos un marcapáxinas moi molón.

Feliz día do libro a tod@s!!!

 



Marcapáxinas día do libro

 Hoxe, celebrando o Día do Libro, agasallamos ao alumnado cun marcapáxinas cos libros de Hematocrítico. O alumnado de 3º de Primaria, axudou ao alumnado de Infantil a facer o seu marcapáxinas.

FELIZ DÍA DO LIBRO!!!




22/04/24

6° de primaria na exposición das librarías na biblioteca

 

Con motivo do Día do Libro, as distintas librarías de Moaña cédennos libros para facer unha exposición na biblioteca. O alumnado visita a biblioteca e, de todos os libros, elixe o que máis lle gusta. Anota os datos nun papel e, se queren, poden ir mercalo coas súas familias á libraría e beneficiarse dun desconto.



20/04/24

Exposición librerías de Moaña

 Os koalas visitamos a exposición das librerías de Moaña na biblioteca do cole. Encántanos curiosear nos contos!



19/04/24

Visita á exposición das librerías de Moaña

 Esta semana fomos á biblio para ver a exposición das últimas novidades que nos ofrecen dúas librarías de Moaña. Foi un éxito, xa que gustaron moito algúns títulos.







4° e 5° de infantil na exposición de libros da biblioteca

 Con motivo do Día do Libro, as distintas librarías de Moaña cédennos libros para facer unha exposición na biblioteca. O alumnado visita a biblioteca e, de todos os libros, elixe o que máis lle gusta. Anota os datos nun papel e, se queren, poden ir mercalo coas súas familias á libraría e beneficiarse dun desconto.




As librerías de Moaña na biblioteca do cole

 Como motivo do Día do Libro, as distintas librarías de Moaña cédennos libros para facer unha exposición na biblioteca. O alumnado visita a biblioteca e, de todos os libros, elixe o que máis lle gusta. Anota os datos nun papel e, se queren, poden ir mercalo coas súas familias á libraría e beneficiarse dun desconto.




Blog Widget by LinkWithin
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas
var linkwithin_site_id = 42636; Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...