Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto anual: A ciencia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto anual: A ciencia. Amosar todas as publicacións

08/12/25

INVITACIÓNS POLO DÍA DA CIENCIA

Esta mañá estivemos elaborando as invitacións para o Día da ciencia. Quedáronnos moi ben!

 

05/11/10

Videoconferencia

Onte o alumnado de terceiro ciclo do noso cole participou nuna videoconferencia programada pola CGENDL, en colaboración coa USC e o CERN a través do IES Porto do Son .
O máis salientable foi o innovador da actividade, e as emocións vividas.
Saber que moitos outros rapaces e rapazas, mestres e mestras estaban a ver e escoitar o mesmo ca nós, lendo no chat as súas impresións era moi emocionante.Máis de 60 centros de Secundaria. O noso era o único de primaria, como salientan os nenos e nenas de 3º Ciclo no seu blog.
E sobre todo saber que uns eminentes científicos e científicas dedicaban o seu tempo a facer comprensible esa parte da Física tan pouco visible, casi esotérica ou achegada á ciencia ficción: a física de partículas
As didácticas explicacións de Teresa Fonseca e Abraham Gallas Torreira trasladáronnos nun abrir e pechar de ollos ao túnel acelerador de partículas e a imaxinación das minúsculas partículas que integran a materia.
Desde a USC nunha experiencia pioneira, os profesores Carlos Salgado e Elena Ferreiro resolveron a morea de dúbidas que sobre o mundo que nos rodea se foron verquendo desde todos os puntos do país.
E despois está a mensaxe para a nosa lingua, que acompañou a estes prestixiosos científicos e científicas na súa esplendorosa carreira sen constituír traba algunha.
Parabéns a todos os organizadores por tan proveitosa actividade.

21/04/10

Exposición mulleres e ciencia

Seguimos coa exposición mulleres e ciencia.
As distintas clases están visitando a exposición e despois de ler os paneis, van respondendo as cuestións que lles plantexan os titores.

09/04/10

Mulleres científicas

Inauguramos esta semana a exposición "Mulleres científicas"
Trátase duns paneis coas biografías de 16 mulleres que pola súa traxectoria profesional son significativas para o avance científico.
Esta magnífica exposición é un préstamo da biblioteca escolar do CPI O Progreso de Catoira.
Ven acompañada dunhas fichas que o alumnado debe cubrir despois de consultar a exposición.





Pero nós queremos ampliar a exposición, porque son moitas as mulleres científicas e queremos saber máis sobre elas.
Por eso cada curso está investigando a outras mulleres interesantes, para saber que descubriron e como chegaron a eses descubrimentos.
Sabíades que o Tippex, o papel de calco, os limpiaparabrisas dos coches, os lavalouzas, os paraugas, os traxes ignífugos dos bombeiros e bombeiras, os pañais desechables,....son inventos de mulleres?

10/03/10

A ciencia

Dentro do proxecto interdisciplinar deste curso, emprzamos nestes días a traballar a ciencia. Cada curso vai investigar a vida dalgunha científica e os seus descubrimentos.

Entrando na ilustración tedes unha recompilación de páxinas de interese para que vaiades consultando.

Nos próximos días veredes nos corredores do cole uns paneis onde podedes ir cubrindo os datos que vos pedimos.
Xa sabedes que os que participen, sempre levan premio!

05/02/10

A nosa exposición sobre a astronomía

O proxecto que traballamos ao longo do curso é a ciencia, repartido así:
  • A astronomía
  • Os científicos e científicas, e os seus descubrimentos

No primeiro bloque, cada curso invetigou sobre un aspecto diferente da astronomía, pero escollendo a Galileo Galilei como eixo das nosas investigacións
Foi un tema que apasionou ao alumnado.

Os traballos realizados concretaronse nunha exposición que nestes días visitamos. Destes xeito aprendemos dos demais.

A exposición é un éxito.
Descarga aquí a guía da exposición.
Aquí tedes algunhas fotos:

E aquí podes consultar unha selección de páxinas que fixemos para vós, con información, fotografías e xogos sobre a astronomía.

11/01/10

Novo ano



Despois das vacacións, estamos de volta de novo.
Estas son as actividades que están en marcha:
  • Os axudantes de biblioteca (alumnos e alumnas voluntarios de 3º ciclo) renovan esta semana os seus "contratos" por outros tres meses. No equipo de biblioteca estamos moi satisfeitos do grupo deste curso, pois toman con moita seriedade o seu traballo.
  • Continuamos co noso proxecto anual, (a ciencia) que no primeiro trimestre adicamos á astronomía e neste estará dedicado aos inventos.


  • Unha vez máis, estamos cambiando a distribución da biblioteca, xa que o aumento de alumnado no cole obríganos a maximizar o espazo para poder traballar na biblioteca.Esperamos que vos guste. Pronto subiremos as fotografías, en canto rematemos.

  • O Nadal trouxo un montón de novidades na biblioteca. Estamos fichando moi rápido, para que poidades disfrutalos pronto.

16/11/09

A astronomía

Dentro do proxecto anual ( a ciencia), este trimestre estamos traballando a astronomía.

Clica na imaxe, e entrarás nunha páxina que preparamos para vós, con información, fotografías, xogos,..que vos van axudar a preparar o traballo que vos encargou a mascota.


Pronto teremos na biblioteca unha exposición con libros sobre o tema.
Queres colaborar? Ven no recreo, e axuda a seleccionar os libros.

07/11/09

Imos a aprender...cousas da ciencia

Esta semana todos os cursos recibiron carta de Paco. Este ano quere viaxar...pola ciencia. E primeiro vainos levar ao espacio.

Todos os cursos temos que lle axudar, investigando...ou facendo debuxos ou carteis,...Con todos imos facer un gran mural no que todos imos aprender de todos.

Todos temos que buscar na biblioteca, nas enciclopedias e nas biografías. E logo tamén na rede...

Xa vos iremos contando...

Aqui tedes a carta, e se queredes saber que ten que facer cada curso, entrade nos blogs dos ciclos.

INFANTIL

PRIMEIRO CICLO EN QUINTELA

SEGUNDO CICLO EN QUINTELA

TERCEIRO CICLO EN QUINTELA

28/09/09

A ciencia

Este ano é o Ano Internacional da Astronomía. Por iso hai unha morea de actividades na rede relacionadas co tema.
Hoxe traémosvos a web "Ciencia fácil" onde ides atopar información e mesmo xogos sobre os planetas, as estrelas, os cometas, ...Entra en Xúpiter e investiga:

Vía Biblioteca as Mariñas

23/06/09

Novo proxecto para o vindeiro ano


A proposta da biblioteca, seguiremos traballando un proxecto anual común, que nos permita afondar nun mesmo tema a todo o profesorado.
Queremos integrar no proxecto, na medida do posible, todas as actuacións do centro nas distintas festividades ( Día das bibliotecas escolares, O outono, O Nadal, Entroido, Día da Paz, Día da Poesía, Mes dos libros, Mes das letras galegas) que celebramos no noso centro, para unir esforzos, e non duplicar traballo.
O proxecto aprobado polo claustro para o vindeiro curso, ten o título “A ciencia”
Queremos abordar o proxecto dende varios aspectos: os científicos, os inventos, e os descubrimentos. Pensamos que a amplitude do tema vainos permitir abordar outros temas do currículo como a coeducación, a influencia histórica de certos inventos e descubrimentos, as desigualdades na aplicación dos avances científicos e tecnolóxicos, ...
A nosa mascota Paco ten que ir preparando as súas preguntas, que tanto nos fan traballar.
Blog Widget by LinkWithin
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas
var linkwithin_site_id = 42636; Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...