O alumnado está emocionado co traballo que fixeron referido á exposición interactiva sobre Manuel María. Estiveron visitándoa e quedaron encantados!
Amosando publicacións coa etiqueta Curso 2015-2016 b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Curso 2015-2016 b>. Amosar todas as publicacións
06/06/16
31/05/16
30/05/16
Exposición interactiva Manuel María
A
partir da tarde do venres, día 27, quedou aberta ao público a Exposición Interactiva sobre
Manuel María feita por todo o alumnado.
É necesario instalar
a aplicación AURASMA para poder acceder aos contidos interactivos (aquí vos
deixamos un titorial sobre como facelo http://colexioquintela.blogspot.com.es/…/exposicion-interac… )
Non esquezades FACERVOS SEGUIDORES DA NOSA CANLE no AURASMA, do contrario, non poderedes ver os contidos agochados.
Non esquezades FACERVOS SEGUIDORES DA NOSA CANLE no AURASMA, do contrario, non poderedes ver os contidos agochados.
Na entrada
do cole, tedes algúns consellos máis!
En
caso de non poder acceder cos dispositivos móbiles, falade co profesorado de
garda, para que vos presten algunha das tablet do cole
Podedes vir de 9h a 10h e de 15:30h a
17:00h. ⏰
MOITAS GRAZAS!
28/05/16
Presentación do Caderno Nós " Manuel María "
O día 27 de maio visitaron o noso cole dous menbros da Agrupación Cultural Nós de Moaña: Xesús Cancelas e Manuel Méndez.
Viñeron presentar ao alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria un caderno e un audiovisual sobre Manuel María, escritor homenaxeado este ano nas Letras Galegas.
Poidemos ver neste traballo diferentes lugares e feitos importantes na vida de Manuel María: a súa casa natal, a librería Xistral, diferentes paisaxes galegos, visita ao Morrazo do autor...
Estas son algunhas das opinións do alumnado presente: A Hugo Calo pareceulle moi ben introducir no audiovisual poemas musicados do autor. Alex considera moi bonitas as fotos antigas que nos amosaron na presentación de diapositivas.
Grazas a Xesús e a Manuel por amosarnos o seu importante traballo.

18/05/16
Exposición intercativa Manuel María
Este ano estamos preparando no cole unha exposición interactiva sobre Manuel María, escritor homenaxeado nas Letras Galegas.
Se queredes vir visitar a exposición necesitaredes un dispositivo móbil (móbil, tablet, ipad...) e a aplicación "Aurasma".
Se queredes vir visitar a exposición necesitaredes un dispositivo móbil (móbil, tablet, ipad...) e a aplicación "Aurasma".
Aquí tedes dous titoriais feitos polo alumnado de 6º de primaria para poder descargar a aplicación nos dispositivos ios ou android.
TITORIAL PARA DISPOSITIVOS IOS
TITORIAL PARA DISPOSITIVOS ANDROID
16/05/16
Premio concurso cómic 2016
O concello de Moaña un ano máis convocou unha nova edición do Concurso de Banda Deseñada e 5º e 6º particicipou tamén, un ano máis.
Obtuveron o 2º premio as alumnas Mar e Nerea de 5º e fomos á entrega dos mesmos o pasado venres, 20 de maio.
Alí compartimos espazo coas nenas premiadas e con alumnado de 1º da ESO do IES As Barxas. A alcaldesa, unha concelleira e dous concelleiros fixeron entrega dos premios e dos diplomas para todas as nenas e nenos que participaron no concurso. Ademais informaron de que os traballos serán expostos no mes de xuño para que o público en xeral poida velos.
14/05/16
"O caracol" en sexto de Infantil
O grupo de 6º de Infantil aprendeu o poema de Manuel María "O caracol", do libro de poemas "Os Soños na gaiola"
12/05/16
O poema "Señor gato" en 5º de Infantil
Os nenos e nenas de 5º de Infantil aprenderon o poema Señor Gato", de Manuel María, incluído no libros "Os soños na gaiola.
09/05/16
Facendo cómics
Nas aulas de quinto e sexto traballamos o cómic.
Aproveitamos para aprender lendo os libros da maleta viaxeira de banda deseñada que o CFR de Vigo prestou para a biblioteca do cole.
Agora todos participamos co noso traballo no concurso de cómic do Concello de Moaña.
As copias dos nosos traballos están expostas na entrada do colexio.

06/05/16
As familias unha vez máis...contan
PILI contou en 5º de Infantil, non un, senón dous contos que nos gustaron moito.
EL PERRO GLOTÓN , de ediciones Combel e EL GRAN GRAN GRAN DINOSAURIO de Ediciones Jaguar.
EL PERRO GLOTÓN , de ediciones Combel e EL GRAN GRAN GRAN DINOSAURIO de Ediciones Jaguar.
GRAZAS PILI !!!!
05/05/16
As familias contan....e contan
Ao longo do mes de abril desenvolveuse a actividade en colaboración coas familias"As familias contan".
Esta é a presentación da participación de Yoli en 5º de Infantil:
Esta é a presentación da participación de Yoli en 5º de Infantil:
04/05/16
ABRIL, MES DO LIBRO
DURANTE O MES DE ABRIL E MAIO, NA CLASE DAS BOLBORETAS FIXEMOS UN MONTÓN DE ACTIVIDADES RELACIONADAS CO DÍA DO LIBRO: EXPLICAMOS OS NOSOS CONTOS FAVORITOS, VISITAMOS A EXPOSICIÓN DAS LIBRARÍAS E CONTÁRONNOS MOITOS CONTOS, TANTO OS NENOS E NENAS DO COLE, COMO AS FAMILIAS.
DENDE AQUÍ QUERO FELICITAR AS FAMILIAS POLA SÚA PARTICIPACIÓN NA ACTIVIDADE DE "AS FAMILIAS CONTAN", QUE ESTE ANO RESULTOU SER UN ÉXITO TOTAL. GRAZAS A TODOS E TODAS!!!
DENDE AQUÍ QUERO FELICITAR AS FAMILIAS POLA SÚA PARTICIPACIÓN NA ACTIVIDADE DE "AS FAMILIAS CONTAN", QUE ESTE ANO RESULTOU SER UN ÉXITO TOTAL. GRAZAS A TODOS E TODAS!!!
03/05/16
As familias contan: Astrid
Tivemos unha contacontos moi especial, Astrid a nai de Samuel trouxonos as historias de Pete, un gatiño negro moi divertido.
02/05/16
As zonas climáticas
Neste último trimestre Paco encargounos na clase de 6º investigar sobre as zonas climáticas da terra e sobre o clima dalgunhas cidades importantes. Estas fotos amosan os resultados do noso traballo.
01/05/16
Conta que che conto co Kamishibai
Os nenos e nenas de cuarto curso contáronlle aos pequenos de Infantil o conto de "O coelliño blanco" coa técnica do kamishibai.
Estiveron moi atentos/as!
30/04/16
As familias contan, e contan....
ANA tróuxonos o conto MAMÁ MUU, e tamén unha medalla coma a que gañou o corvo na historia, para cada un de nós. Porque todos e todas temos algo especial!!!!
GRAZAS ANA!!!!
29/04/16
As familias contan de novo
Nova sesión de contacontos en 4º de Infantil:
Desta vez foi Kelly, a nai de Evelyn a que nos agasallou con dúas historias de adiviñas
Desta vez foi Kelly, a nai de Evelyn a que nos agasallou con dúas historias de adiviñas
E DESPOIS...GHALDRUMADAS!!!
28/04/16
Maletas viaxeiras de banda deseñada
Chegaron xa as maletas viaxeiras de banda deseñada!
A biblioteca do Centro de Formación do profesorado de Vigo organiza o préstamo de diferentes maletas de diferentes temáticas. Ata o 21 de maio teremos no noso centro a maleta viaxeira de cómic que rodará polas diferentes aulas na hora de ler.

27/04/16
As familias contan...en inglés
O venres contaremos unha vez máis cunha contadora estupenda, nesta ocasión con contos na súa lingua, o inglés. Serán os máis grandes do cole os que gocen coas súas palabras:
26/04/16
As familias contan en Infantil
HOXE VEU Á CLASE DAS XIRAFAS ANA, A NAI DE IVÁN, E CONTOUNOS UN DOS NOSOS SÚPER FAVORITOS:
E DESPOIS UNHA HISTORIA MOI APETITOSA:
E DESPOIS UNHA HISTORIA MOI APETITOSA:
...CASE TANTO COMO O PASTEL QUE A ACOMPAÑABA!
MOITAS GRAZAS!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas