28/05/16

Presentación do Caderno Nós " Manuel María "

O día 27 de maio visitaron o noso cole dous menbros da Agrupación Cultural Nós de Moaña: Xesús Cancelas e Manuel Méndez. Viñeron presentar ao alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria un caderno e un audiovisual sobre Manuel María, escritor homenaxeado este ano nas Letras Galegas.
Poidemos ver neste traballo diferentes lugares e feitos importantes na vida de Manuel María: a súa casa natal, a librería Xistral, diferentes paisaxes galegos, visita ao Morrazo do autor...
Estas son algunhas das opinións do alumnado presente: A Hugo Calo pareceulle moi ben introducir no audiovisual poemas musicados do autor. Alex considera moi bonitas as fotos antigas que nos amosaron na presentación de diapositivas. 
Grazas a Xesús e a Manuel por amosarnos o seu importante traballo.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario. Non esquezas por o teu nome pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.

Blog Widget by LinkWithin
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas
var linkwithin_site_id = 42636; Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...