Amosando publicacións coa etiqueta Celebracións: O Entroido. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Celebracións: O Entroido. Amosar todas as publicacións

20/02/26

Obradoiro de disfraces

 O pasado venres, fixemos un obradoiro de disfraces na biblioteca. Un éxito total!

10/03/25

OBRADOIRO DE DISFRACES

O venres tivemos un divertidísimo obradoiro de disfraces na biblioteca, como remate final do Entroido. Pasáronno xenial, dende os máis pequenos do colexio ata os máis maiores. 


06/03/25

Esta semana... obradoiro de disfraces

Para todas e todos aqueles que queirades seguir desfrutando do entroido, hoxe e mañá teremos na biblioteca unha morea de complementos e disfraces para que vos vistades como máis vos guste!
Animádevos, seguro que rimos un montón!



19/02/21

O Entroido tradicional de Meira

Esta mañá o alumnado de 5º e 6º de primaria tivo a sorte de coñecer como se celebra o Entroido Tradicional de Moaña. Visitounos Manolo Covas, membro da Asociación Meiramar Axóuxeres, que nos foi contando como foi o traballo de recuperación desta festa. Tamén nos amosou os traxes das madamas, galáns e do fedelloso, protagonistas indiscutibles desta celebración.

Resultou unha charla moi amena e interesante. Agradecémoslle moito a Manolo que compartira con nós esta parte da historia de Moaña.






23/02/12

Pero,..cantos ratiños!!!

Pero cantos irmanciños tivo o noso ratiño Paco este Entroido!!!:

14/03/11

Que andamos a facer na nosa biblioteca?

Imos contarvos:
  • Na última semana de febreiro houbo xuntanzas dos clubs de lectura do cole. Lembrade: hai un de 5º curso, outro de 6º e otro para as familias. Agora están coas novas lecturas. As próximas xuntanzas serán en Abril.
  • A semana pasada celebramos o Entroido no cole. Este ano fomos de curruvellos. E eso, que é? Pois para sabelo, todos os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º tiveron que facer unhas entrevistas ás súas familias, e pedirlles fotos. Os de 2º ciclo fixeron coas respostas un texto conxunto.Os de 5º curso escribiron uns textos moi chulos.
  • E os de 6º curso? Eles traballaron moito, tiveron que investigar o entroido en todo o Morrazo.
  • Esta semana empezaremos a visitar a EXPOSICIÓN DA AUGA. E onde está esa exposición? Nos corredores do noso cole. E quen a fixo? Todos nós, casa curso fixo unha parte. E porqué? Pois porque llo pedín eu.Traballaron moito, moitísimo. Mesmo tiveron que facer saídas para ver cousas.
  • Ademais, o venres imos recibir ao escritor Xosé A. Neira Cruz. Os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º viñen de ler o seu libro "Violeta non é Violeta" e están desexando preguntarlle cousas de Mo.
  • E a vindeira semana,...a poesía.

27/02/09

Murgas do Entroido

Temos xa subidas as murgas de Entroido no blog de Normalización do colexio . Pulsa no folleto para entrar, e poderás escoitar como cantan os diferentes cursos:

20/02/09

Entroido no cole

Hoxe celebramos o Entroido no cole.Como estamos traballano o proxecto "Outros paises, outras culturas", cada curso disfrazouse do pais que está investigando.
O noso Paco estivo presente, na pancarta do cole.
Aquí tedes unha mostra da festa de hoxe:

17/02/09

O entroido

Como xa vos comentaramos, grazas a o Recanto de Mik , temos unha caza do tesouro sobre o Entroido.

Tedes que pulsar no ratiño Mik, ( que é amigo do noso ratiño Paco) e ir respondendo as preguntas que vos fai, despois de visitar os enlaces.

Xa sabedes que hai agasallo para os primeiros que respondan.

Boa sorte!

10/02/08

Unha ratiña na biblioteca

No entroido, atopamos unha ratiña na biblioteca:
Blog Widget by LinkWithin
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas
var linkwithin_site_id = 42636; Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...