Un par de representantes da aula de 5º de primaria, explicaron aos demáis compañeiros e compañeiras do cole o traballo que fixeron sobre o proxecto "O Mar".
Fixéronno moi ben.
Un par de representantes da aula de 5º de primaria, explicaron aos demáis compañeiros e compañeiras do cole o traballo que fixeron sobre o proxecto "O Mar".
Fixéronno moi ben.
O equipo de apoio á biblioteca estará a disposición das familias os días 20, 21 e 22 de xuño para que o alumnado en compañía dun familiar escolla ata 15 libros da biblioteca. Será o préstamo de verán, lecturas para ler no monte ou na praia, e seguir acompañando ao alumnado mentras a biblioteca está pechada.
Despedimonos do club de lectura de sexto, "Lectoras e lecturas".
En resumo, foron dúas as novelas que limos este curso, Skeleton Creek, que se nos alongou no tempo pero que desfrutamos moitísimo. Encántanos o misterio! Con memos tempo adicámonos a El Castillo ambulante, unha novela chea de fantasía.
O vindeiro xoves 29 teremos a última reunión do club de lectura de familias.
Así remataremos este curso, vivindo as sensacións dunha nena casada aos quince anos no século XVI.
Lucía, Hugo, Enzo, Sara e Daniela: "Aproveitamos os alimentos".
Rubén, Sabela, Noela, Emma e Clara: "O aforro da auga"
Esta mañá gozamos de novo da lectura cos nosos amigos e amigas lectores de 3º.
Foi un pracer compartir estes momentos durante o curso.
Hoxe os nenos e nenas de 6º estiveron lendo aos compañeiros e compañeiras de 2º. Gústanos moito compartir lecturas! Grazas, amigos lectores!
O alumnado de 5º estivo traballando moitísimo sobre a proposta que lle fixo a mascota da biblioteca Paco sobre o proxecto "O mar".
Investigaron sobre as illas que conforman o Parque Nacional das Illas Atlánticas. Gravaron na radio distinta información sobre Ons, Sálvora, Cíes e Cortegada e, enlazaron esa información coas Makey Makey programando con Scratch nas maquetas que elaboraron.
Un inmenso traballo que deu un fermoso resultado.
Parabéns!
Nos vindeiros días visitarán a nosa escola para compartir co alumnado de 5º e 6º de Primaria importantes informacións sobre as vantaxes de recursos que ofrece internet e as normas básicas de protección que debemos cumplir para aprender, traballar e relacionarnos de modo seguro.
Na aula de 5º estivemos aprendendo a crear códigos QR, xa que na exposición que imos facer sobre o proxecto "O mar" temos pensado colocar ditos códigos para enlazar uns videos que fixemos coa aplicación Stop Motion.
Resultou ser máis doado do que pensabamos!
Xa están chegando as producións do proxecto O mar. A exposición está empezando a coller contido. Proximamente recibiredes unha invitación para facer unha visita guiada á exposición.
Nas últimas sesións Tic, os nenos e nenas de 3º estivemos cosendo nun retal un led ao redor do cal debuxamos o personaxe do noso libro favorito, o cal se iluminaba cando pechabamos o circuito cunha batería.
Resultou moi entretido e aprendemos moito sobre costura!
Mirade que cousas fermosas saíron...