Amosando publicacións coa etiqueta As familias participan. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta As familias participan. Amosar todas as publicacións

18/06/26

AS FAMILIAS CONTAN

 Hoxe tivemos a última visita das familias na actividade As familias contan. María, coa axuda de Laia, contounos un conto moi especial: "O elefante que perdeu o seu ollo".


Grazas a todas as familias por participar nesta actividade lectora. Agradecemos a vosa participación, xa que fai posible seguir fomentando entre o alumnado o gusto pola lectura.


06/06/26

EQUIPO DE NAIS E PAIS

Ao longo deste curso continuamos coa valiosa colaboración das familias integrantes do Equipo de Nais e Pais, que participan na organización e funcionamento da biblioteca escolar, encargándose de tarefas como a organización e orde dos fondos, arranxos, forrado de libros e etiquetados e a preparación do préstamo de verán.




31/05/26

CLUB DE LECTURA DE FAMILIAS

Esta semana celebramos a última xuntanza do Club de Lectura de Familias. Nesta ocasión comentamos "Asasinato no muiño do cura" de Arantza Portabales.

Coma sempre, foi un pracer compartir lecturas coas familias e o profesorado do colexio.

Despedimos este curso con ganas de volver a encontrarnos o próximo curso para descubrir e gozar de novas lecturas xuntos.




30/05/26

AS FAMILIAS CONTAN

Tivemos unha nova visita dentro da actividade "As familias contan" na clase dos canciños. A tía de Christian acompañounos para compartir un conto moi "espacial", co que gozamos dunha historia moi divertida.
Queremos agradecerlle a súa participación e, unha vez máis, dar as grazas a todas as familias que colabora nestas actividades. A súa implicación enriquece enormemente a vida da escola e fai que cada visita sexa única.



26/05/26

CHARLA SOBRE CONVIVENCIA

As familias de Quintela puidemos disfrutar dunha tarde de aprendizaxe de estratexias de comunicación, da man de Jeniffer Herbón, de Convive+. Neste obradoiro pais, nais, nenos e nenas, puidemos poñer en práctica a comunicación asertiva, explicando a nosa necesidade dende o noso sentir, con respecto hacia a persoa coa que estamos a falar. 
Unha boa convivencia empeza cunha boa comunicación. No cole de Quintela sabémolo e traballamos nisto. Non podemos evitar os conflitos, pero si podemos aprender a resolvelos de forma tranquila e pacífica. 





 

20/05/26

DESCUBRINDO TESOUROS

Hoxe tivemos o pracer de contar cunha nai que nos leu un libro moi bonito. 

Aprendemos moitos tesouros importantes que están agochados nas persoas: a empatía, o cuidado dos demais, protexer a natureza, a alegría... estes só son algúns exemplos.

Todos e cada un de nós ten un súper tesouro. 

Que importante é coñecernos e valorar o que podemos aportar aos demais!








18/05/26

AS FAMILIAS CONTAN EN 6ºP

Hoxe tivemos unha visita moi especial na nosa aula de 6º de Primaria. Ádega, nai dun alumno de clase, participou no programa “As familias contan” e veu compartir con nós varios contos cheos de imaxinación, emoción e aprendizaxes.

Durante a sesión, escoitamos historias moi entretidas que nos fixeron rir e pensar. Ádega conseguiu crear un ambiente moi próximo e divertido, no que todos estivemos atentos ás aventuras e personaxes dos contos.

Ademais de fomentar o gusto pola lectura, esta actividade axúdanos a fortalecer a relación entre a escola e as familias, facendo que o alumnado viva experiencias diferentes e enriquecedoras dentro da aula.

Queremos agradecerlle a Ádega a súa participación, o seu tempo e a ilusión coa que preparou esta visita. Encantounos compartir esta experiencia e esperamos seguir gozando de novas sesións de “As familias contan”.

Moitas grazas, Ádega!









CLUB DE LECTURA DE FAMILIAS


 

03/05/26

AS FAMILIAS SEGUEN CONTANDO

 Esta semana tivemos dúas sesión de "As familias contan" na clase dos canciños. Sara, a nai de Amaia, e Nuria, a nai de Alex.

Enccántanos ter de contacontos as nosas familias!!!




27/04/26

CONTACONTOS NA SEMANA DO LIBRO

 Na Semana do Libro programamos un contacontos coa compañía Trémola Teatro, titulado A nena que se comía todos os seus libros. Esta actividade formou parte do programa Lectura en Familias.

Gústanos moito recibir ás familias e compartir con vós momentos especiais arredor da lectura. Foi un pracer contar coa vosa participación!


CONTACONTOS EN SEGUNDO

En segundo tivemos un par de visitas moi especiais. Tivemos o privilexio de escoitar uns contos chulísimos por man da mamá de Eric e de Daniela.




21/04/26

AS FAMILIAS SEGUEN CONTANDO

Na clase de 6ºI seguimos disfrutando das lecturas en compañía das familias. 
Tivemos a visita de Fran (pai de pepe), de Laura (nai de Óliver) e Jairo (irmán de Efrén), que viñeron a contar historias de todo tipo.
Grazas a todas as familias por colaborar.




 

15/04/26

APRENDEMOS SOBRE BRASIL

 A clase de segundo tivo unha visita moi especial, a mamá de Emanuela viu aprendernos cousas super interesantes de Brasil. Aprendemos moito!



12/04/26

AS FAMILIAS CONTAN EN INFANTIL

 Comezamos un ano máis a actividade de fomento da lectura, "As familias contan". 

Na clase de 6ºI, tivemos dúas visita, Ruth, a nai de Lucas, e Andrea, a nai de Naira, q se animaron a vir a contarnos dous contos moi especiais.

Grazas por compartir estes momentos de lectura!





10/04/26

AS FAMILIAS CONTAN

Comezamos no colexio, un ano máis, a actividade para o fomento da lectura "As familias contan". 
En terceiro de primaria  tivemos unha visita moi especial: a nai de Mario que veu a contarnos un conto... " Yo mataré mounstros por ti", un libro moi especial para toda a súa familia. Fálanos dos nosos medos e de como podemos superalos... Foi un auténtico pracer escoitar a súa voz. Moitas grazas Jeni.

En cuarto tamén tivemos unha lectura moi tenebrosa. Coñecemos diferentes vivendas moi especiais como a casa do diaño, as tumbas e os inglús.

Moitas grazas Bea por compartir este libro con nós.





23/03/26

PROXECTO: O EMBARAZO

Ao longo do segundo trimestre, o alumnado de 5ºI desenvolveu un proxecto sobre os embarazos, no que o alumnado investigou sobre o tema, coa colaboración das familias.

Estas partciparon activamente achegando información e recursos, o que permitiu enriquecer a aprendizaxe.








16/03/26

Obradoiro de matemáticas para as familias

 

O MARTES AS FAMILIAS ANIMÁRONSE A PARTICIPAR NUN OBRADOIRO DE MATEMÁTICAS MANIPULATIVAS. EXPERIMENTAMOS CON REGRETAS E OUTROS RECURSOS QUE PERMITEN ENTENDER AS MATEMÁTICAS EMPREGANDO ALGORITMOS ABERTOS.




14/03/26

Celebramos o 8M

 Nesta ocasión contamos con Belén, que nos falou deo seu traballo como inxeñeira de telecomunicacións.



12/03/26

CLUB DE LECTURA: EL BALANCEO DEL ALACRÁN

Este luns, no noso club de lectura de familias, tivemos a sorte de contar coa visita dun convidado moi especial,  Eduardo Fernán-López, autor de "El balanceo del alacrán".

Encantounos a túa visita, e  agradecemos  que compartises connosco este tempo, as túas palabras e todo o que hai detrás do libro.

Grazas por facernos pensar, conversar e gozar da lectura contigo. 






16/01/26

Club de lectura de familias

O luns 19 de xaneiro teremos a segunda xuntanza do club de lectura de familias, onde comentaremos o libro "As tolas que non o eran" de Carmen V. Valiña.
Anímate a participar!!!

Blog Widget by LinkWithin
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas
var linkwithin_site_id = 42636; Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...