Este mércores, 9 de abril, de 17h a 18.30h, na biblioteca, realizaremos un obradoiro de scratch con Paola Guimeráns.
Aprenderemos a facer pequenos circuitos coas placas makey makey. É unha actividade moi sinxela para que poidades facer cos nenos e nenas en familia. Poden vir acompañados dos pais ou doutro familiar que queirades.
Lembrade apuntarvos a través da axenda dos nenos/as ou a través do correo do colexio (ceip.quintela@edu.xunta.es).
Esperámosvos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario. Non esquezas por o teu nome pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.