Vos preguntaredes que andamos a facer na biblioteca do cole. Aquí trabállase ata o último día. Mirande senón:
- A semana pasada andivemos a preparar o festival das Letras Galegas. No noso cole sempre xira arredor do teatro. E moitas das obras son adaptacións de contos.
- En sexto escenificaron unha adaptación en dous actos do conto "O principe e os esmoleiro" de Mark Twain. Fixeronno xenial. Non vos perdades as súas anécdotas no blog do terceiro ciclo AQUI, si queredes pasar unhas risas.
- En Infantil representaron adaptacións de "A princesa do Caurel" AQUÍ, e "O globo vermello".AQUI
- Os nenos e nenas de 2º representaron o conto " Nubiña pascual".
- En cuarto curso fixeron unha adaptación de "O espantallo amigo" de X. Neira Vilas.Mirade no blog do segundo ciclo.AQUÍ
- O mércores pasado fomos a visitar aos nosos amigos do CEP Brea Segade de Taragoña. Como eles están a traballar o proxecto "A pintura" , nós quixemos axudarlles, e cada curso traballou este mes de maio un pintor galego: Maruxa Mallo, Laxeiro, Rosalía Dans, Castelao,Fixémoslle uns debuxos para levarlles, pero tamén preparamos biografías deles para facer presentacións dixitais.
AQUÍ VIVIMOS, que é onde as estamos subindo todas.
O vindeiro martes teremos na biblioteca do cole, a partir das catro da tarde, dous "pases" para as familias, dunha montaxe cos vídeos da entrega de premios "Boas prácticas na biblioteca escolar" en Madrid.
Ademais estamos preparando a próxima cita do club de lectura da nais, as guías de lectura para o verán, os préstamos de verán, ... Aquí traballamos todos!.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario. Non esquezas por o teu nome pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.