Hoxe no cole de Quintela estamos moi, moi, moi contentos.
Esta mañá recibimos unha noticia estupenda:
O Ministerio de Educación comunicounos que o blog da biblioteca escolar do colexio de Quintela, dentro da convocatoria "Premios a materiales educativos en soporte eléctronico que puedan ser utilizados y difundidos en Internet" acaba de recibir o "Premio Especial a las Competencias Lectoras".
Haberá que celebralo!!!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas
Muy muy merecido !! Felicidades !!!
ResponderEliminarGrazas Antonio,o teu comemtario xa é un premio para nós!!!
ResponderEliminarIsa, alégrome tanto, tanto, tanto, tantíiiisiiimo. Bicos e parabéns. Temos que celebrar.
ResponderEliminarcharo
TOMA, TOMA E TOMA. Parabéns. Fantástico. Noraboa. Incrible. Moi merecido. Así me gusta, dando exemplo.
ResponderEliminarE podería sssssseguir.
De todo corazón, felicidades.
Que marabilla! Nim maxinas o que me alegro, sinceramente. Parabéns, parabéns, parabéns... e moito máis. Se que o que vale, vale!
ResponderEliminarParabéns tamén desde o CEIP de Andrade. Un premio ben merecido.
ResponderEliminarSempre un blog de referencia dentro dos biblioblogs escolares.
Unha aperta.
Pois claro que o hai que celebrar! Eu a o estou facendo: nada máis ler a noticia, entráronme aquí unha unhas coxegas no estómago que... ¡ai, que ben men sinto!
ResponderEliminarParabéns!
Oeeeee, oe, oe, oe, oeeeeeee, oeeeeee!!!!!!
ResponderEliminarPorque é un premio ben merecido, porque o celebramos como se fora noso, porque as cousas ben feitas sempre teñen a súa recompensa, porque sodes fantásticos, por todo esto e por moitísimas cousas máis PARABÉNS!!!!!
Moreas de bicos dende Fene
É unha estupenda noticia. FELICIDADES!!
ResponderEliminarAlegámonos moitísimo. Un bo traballo e unha merecida recompensa. Os nosos PARABÉNS a todo o profesorado, o alumnado e, en especial a ti, Isa.
ResponderEliminarUnha aperta.
Isa: sabes que a ledicia e doble, ou triple. Menudo subidón. Tantos esforzos ás veces obteñen recompensas tan gratas coma esta. Estamos con vós nestes momentos de tan inmensa alegría. PARABÉNS
ResponderEliminarBEN, BEN, BEEEEEEEEEEEEEN!!!
ResponderEliminarCo corazón, Isa, alégrome co corazón.
Tanto traballo e tan ben feito tiña que ser recompensado antes ou despois.
Transmite a nosa felicitación a todo o claustro e un bico moi moi quentiño para ti.
As nosas felcitacións tamén dende Cervo, Estas cousas axúdannos a todos a ter a moral alta e a seguir traballando. O dito: unha aperta moi grande.María
ResponderEliminarGrazas a todos por estar aí, e compartir con nós esta alegría.
ResponderEliminarBiquiños dende Moaña
Parece que non chegou a nosa mensaxe de felicitacións. Como non queremos que falte: NORABOA dende As Mariñas.
ResponderEliminarNoraboa Isa!!! O bo traballo sempre atopa a súa recompensa!!!
ResponderEliminarAlegrámonos de corazón dende Ponteareas.
Apertas como páxinas
Bea
Muchas felicidades!!!
ResponderEliminarPatricia
Biblioteca Pino Manso
Grazas de novo a todos, e tamén aos compañeiros dos coles de Moaña, que se pasaron por aquí para felicitarnos, ou mesmo subiron unha entrada nos seus blogs, coma a biblioteca de Milladoiro-Malpica, ou de Reibón-Moaña.
ResponderEliminarDende a Concellería de Cultura e Ensino do Concello de Moaña, darvos de novo a miña norabóa polo traballo na vosa biblioteca en prol do fomento da lectura entre os mais novos. Darlle os parabéns a Isa polo seu esforzo e empeño neste proxecto e animarvos a que sigades adinte.
ResponderEliminarRecoñecer por último que nestes momentos tan duros para o Idioma, este premio significa mais ca nunca que o Idioma Galego pode e debe ser valorado tanto dentro do Pais coma do Estado.
A todos os peques do cole, animarvos que sigades lendo e participando da vosa biblioteca e do voso blog, porque é do mellorciño de Galicia e España.
Un saúdo.
Felicidades dende o Ceip Reibón.
ResponderEliminarA nosa Reibonteca faise eco de tan merecido premio
¡¡¡¡¡¡Parabens!!!!!!!
Bicos, bicos, moreas de bicos, Isa. NORABOA!!!
ResponderEliminarSupermerecido recoñecemento para quen levades tanto e tanto traballo ás vosas costas.
Recolledes neste outono os froitos de moito tempo ben empregado. Unha aperta moi agarimosa desde Ferrol.
Noraboa por ese premio tan merecido.
ResponderEliminarUnha aperta
A tartaruga lectora
Noraboa por ese merecido recoñecemento. Apertas dende Rábade.
ResponderEliminarNoraboa por un premio ben merecido
ResponderEliminarNORABOA!
ResponderEliminarAcabamos de chegar de Navarra e ao ir poñéndonos ao día nos atopamos con esta boísima nova. Parabéns, porque os merecedes de verdade.
Bicos desde Taragoña.
Cova
Dende o CEIP A Rúa, unha aperta e un bico grandote, grandote por este premio tan especial. Alegrámonos como se fose noso!! A seguir facendo as cousas a mar de ben!!
ResponderEliminarNORABOAS ISA !!!
ResponderEliminarSei ben do teu traballo neste blogue e do esforzo e o agarimo que dende o primeiro día, cando este espazo de lecer tan só era unha pantalla vacía, puxeches nel.
As cousas, cando se fan TAN TAN BEN e coidando tanto os detalles, sempre acadan a súa recompensa.
Alégrome moito, MOITISIMO.
Unha aperta,
Carol
Noraboa tamén desde Cabanas. Para vós ten que ser un subidón, pero para os demais tamén é un empuxonciño. Seguide facéndoo así de ben. Moitos bicos,
ResponderEliminarLibroucho
Grazas a todos de novo.Seguimos co subidón,...
ResponderEliminarAínda que sexa con retraso non quero deixar de darvos os meus parabéns e animarvos a que sigades co mismo ánimo.
ResponderEliminarOs nosos parabéns, con retraso, por tan merecidísimo premio. Sodes un blog especial e o voso traballo é impecable. Noraboa!
ResponderEliminar