Os vindeiros luns, martes e mércores, na hora do recreo.
21/05/26
20/05/26
DESCUBRINDO TESOUROS
Hoxe tivemos o pracer de contar cunha nai que nos leu un libro moi bonito.
Aprendemos moitos tesouros importantes que están agochados nas persoas: a empatía, o cuidado dos demais, protexer a natureza, a alegría... estes só son algúns exemplos.
Todos e cada un de nós ten un súper tesouro.
Que importante é coñecernos e valorar o que podemos aportar aos demais!
19/05/26
HORA DE BIBLIOTECA EN INFANTIL
Cada semana, o alumnado de Educación Infantil visita a biblioteca do centro para desfrutar dun tempo especial arredor dos libros. Durante a sesión,exploran libremente os diferentes recunchos de lectura e van coñecendo pouco a pouco a colección da biblioteca.
Ademais, realizan o préstamo semanal, escollendo un libro para levar á casa e compartir a lectura coas súas familias. Esta actividade contribúe a fortalecer o hábito lector e a crear vínculos afectivos arredor dos libros.
Aproveitando este momento tan especial, a titora tamén leva a cabo unha sesión de contacontos, na que as historias cobran vida e espertan a imaxinación, a curiosidade e o gusto pola lectura dos máis pequenos.
INVESTIGACIÓNS DE AULA
O alumnado de terceiro de Primaria continúa realizando pequenas investigacións na aula sobre diferentes temáticas que esperten a súa curiosidade e interese. Nesta ocasión, Lois e Jairo sorprenderon aos seus compañeiros e compañeiras cunha investigación sobre un parqur acuático abandonado na Arxentina.
Tras buscar información, documentarse e preparar o seu traballo, presentaron a súa investigación ao alumnado de sexto de Infantil e primeiro de Primaria, compartindo con eles todo o que descubriron sobre este tema.
Estas experiencias son moi enriquecedoras, xa que lles permiten desenvolver a súa curiosidade, aprender a investigar e mellorar as súas habilidades para comunicar e compartir os seus coñecementos cos demais. É unha grande satisfacción velos aprender con ilusión e converterse en protagonistas da súa propia aprendizaxe.
18/05/26
AS FAMILIAS CONTAN EN 6ºP
Hoxe tivemos unha visita moi especial na nosa aula de 6º de Primaria. Ádega, nai dun alumno de clase, participou no programa “As familias contan” e veu compartir con nós varios contos cheos de imaxinación, emoción e aprendizaxes.
Durante a sesión, escoitamos historias moi entretidas que nos fixeron rir e pensar. Ádega conseguiu crear un ambiente moi próximo e divertido, no que todos estivemos atentos ás aventuras e personaxes dos contos.
Ademais de fomentar o gusto pola lectura, esta actividade axúdanos a fortalecer a relación entre a escola e as familias, facendo que o alumnado viva experiencias diferentes e enriquecedoras dentro da aula.
Queremos agradecerlle a Ádega a súa participación, o seu tempo e a ilusión coa que preparou esta visita. Encantounos compartir esta experiencia e esperamos seguir gozando de novas sesións de “As familias contan”.
Moitas grazas, Ádega!
17/05/26
CHARLA SOBRE CORRESPONSABILIDADE NO FOGAR
O alumnado de 5º recibiu unha charla e tamén fixo un obradoiro sobre a corresponsabilidade no fogar.
Traballaron a importancia de compartir as tarefas domésticas e practicaron algunha delas.
Gustoulles moito.
OBRADOIRO DE EDUCACIÓN EMOCIONAL
Estas últimas semanas temos, na clase de terceiro, unha actividade moi especial: un taller de educación emocional.
Nel estamos aprendendo moitas cousas como por exemplo a identificar como actuamos ante un conflito, como debemos falar e dar a nosa opinión sen ofender a ninguén...
Aquí deixámovos algunhas das actividades que fixemos.
15/05/26
Club de lectura
O club de lectura "Capibaras lectoras" tivo o pracer de ler esta magnífica obra de banda deseñada titulada "Drama" de Raina Telgemeier.
Mergullámonos no mundo do teatro a través duns personaxes moi divertidos que tiveron moitas aventuras. E que....a vida no instituto é moi complexa...
Recomendámosvolo!!
ELABORANDO OS NOSOS MARCAPÁXINAS
O alumnado de primeiro fixemos un marcapáxinas empregando a cortadora láser.
Primero fixemos o dexeño nun papel, despois o pasamos á biblioteca da cortadora láser e, por último, a gravar!
14/05/26
SALVEMOS AOS ANIMAIS
12/05/26
07/05/26
Cosemos Leds en 3º de primaria
Desafío CanSat
Este curso académico, o alumnado de 5º participou no desafío CanSat. É unha iniciativa da Axencia Espacial Europea (ESA) que reta o alumnado de toda Europa a construír e lanzar un mini satélite do tamaño dunha lata de refresco.
Un CanSat é unha simulación dun satélite real, integrado dentro do volume e a forma dunha lata de refresco. O desafío para o alumnado é adaptar todos os subsistemas principais que se atopan nun satélite (xerador de enerxía, sensores e sistema de comunicación) dentro deste espazo tan reducido. Ademais, cómpre sempre deseñar un sistema de descenso en forma de paracaídas.
Na fase rexional en Galicia, o CanSat elévase dentro dun dron, dentro dun habitáculo específico xunto aos CanSats doutros equipos, sendo liberado en altitude para comezar a misión primaria. Na rápida caída realízase un experimento científico, analizando posteriormente os datos de presión e temperatura e humidade recompilados.
Aquí vos deixamos un video resumo de todo o traballo realizado.
Parabéns polo excelente traballo!

.jpg)



.jpg)






