Esta semana tivo lugar unha charla para familias, que tiña por tema central a “Mellora do rendemento académico”. A charla foi impartida por María Carrasco, a mestra de música. Nela, tratáronse temas como a organización da zona e do tempo de estudio, o funcionamento da memoria, a mellora da atención e a importancia da lectura. Toda esta información é fundamental para que os nenos e nenas poidan optimizar o seu tempo de estudio e mellorar o rendemento académico. Houbo tempo para compartir experiencias e inquedanzas moi interesantes. Moitas grazas pola vosa participación!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario. Non esquezas por o teu nome pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.