Ao longo do curso imos traballando coas novas tecnoloxías e formando ao alumnado no seu uso correcto, respectuoso e seguro.
Chega a quenda das familias, para intercambiar información e recomendacións de boas prácticas no acompañamento aos nenos e nenas cando se achegan a internet.
Animádevos a asistir á charla de Enrique Montenegro, profesor da Facultade de Inxeñería de Telecomunicacións de Vigo. A súa longa experiencia na formación do alumnado de diferentes idades neste plano, aportará claves importantes a todas as familias.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario. Non esquezas por o teu nome pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.