23/03/23

Teatro e obradoiro para as familias

Marabillosa a representación de Desafógate na biblioteca do cole!
Raquel Queizás tróuxonos esta peza teatral dentro do programa Corresponsables da Universidade de Vigo.
Lis, a monicreque interactuou coa rapazada e as familias para lembrarlles as condutas seguras na praia e  na piscina. Dun xeito ameno e divertido viviu as escenas máis cotiás relacionadas co xogo cerca da auga.
A peza está baseada no conto Un rato con á que aprendeu a nadar , de Carolina Pinedo.
Ao remate os monitores do equipo de submarinismo da Universidade ensinaron a pequenos e grandes a facer unha RCP.
 Moi didáctica a actividade, conseguimos reanimar a moitos dos afogados! 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario. Non esquezas por o teu nome pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.

Blog Widget by LinkWithin
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas
var linkwithin_site_id = 42636; Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...