Hoxe tivemos un día moi especial. Visitounos Paola Guimeráns e ensinounos a facer circuitos con luces Led en papel e tamén en teas.
Na aula de 2º creamos un persoaxe ao que se lle acendía o nariz e eles tiñan que inventar unha historia contando o motivo polo que o nariz alumeaba e debuxarlle un amigo ou amiga.
Na aula de 1º pintamos e recortamos unha casiña e logo creamos un circuito eléctrico para que se iluninase por dentro cando a pegamos no papel.
A continuación creamos un persoaxe debuxando no retal con rotulador e contamos a súa historia aos demáis compañeiros e compañeiras.
Encantounos!
Grazas Paola por ensinarnos tantas cousas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario. Non esquezas por o teu nome pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.