30/11/18

A visita da Agrupación cultural Moañesa de Música e Danza

O mércores 28 de novembro  recibimos na biblioteca do cole a Juan Pena , o presidente da Agrupación cultural Moañesa de Música e Danza.
 A clase de 5º de Primaria quería coñecelo todo sobre a actividade desta asociación cultural de Moaña.
Tiñan preparado un cuestionario de preguntas para desenvolver a entrevista e o tempo pasou voando mentres o noso invitado contaba todo o que facían na asociación para difundir e conservar a cultura galega.
Ensinounos como se vestían, como se organizaban e ata escoitamos unha peza de gaita que tocaban na Banda de gaitas.
Moitas grazas Juan!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario. Non esquezas por o teu nome pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.

Blog Widget by LinkWithin
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas
var linkwithin_site_id = 42636; Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...