Con motivo da celebración do centenario do nacemento de Roald Dahl (1916 - 2016), nos clubs de lectura de 5º e 6º estivemos lendo libros do autor (" Charlie e a fábrica de chocolate" e "As bruxas") e mañá miraremos películas baseadas nas súas obras ("Matilda" e "Mi amigo el gigante").
E como culminación da nosa homenaxe a este gran escritor hoxe elaboramos uns murais nos que recollemos parte da súa vida e da súa obra.Aquí vos deixamos unha foto e a nosa recomendación de que leades algún dos seus libros : veredes como vos gusta!
FELICES FESTAS E FELICES LECTURAS !
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario. Non esquezas por o teu nome pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.