Desta volta, no club de lectura
volvemos apostar por unha novela policiaca, da man de Petros Márkaris, autor
grego pertencente á Xeración Mediterránea de novela policiaca, onde el mesmo se
integra. Para o escritor as diferenzas son notables entre a novela policiaca
nórdica e a mediterránea: a nosa non é tan violenta, os protagonistas seguen os
parámetros propios da súa orixe, grega neste caso. O comisario Jaritos é un
home “normal”, cunha familia “normal”, gusta da vida tranquila, da boa comida e
da lectura do seu dicionario.
É unha novela áxil, dinámica e moi
fluída, en consonancia cos movementos sociais que se están a producir no país
grego. As denuncias á situación actual: crise económica, o paro entre a
mocidade ou a pantasma da troika salfiren a novela. O propio comisario sofre
dentro so seu ámbito privado estas consecuencias, de aí o seu berro indignado.
O tema da dopaxe e o tráfico de
influencias é o motivo principal que dá pé aos asasinatos. Tanto neste libro coma
no seguinte da futura triloxía da crise, Márkaris consegue solidarizarnos co
asasino e mesmo chegamos a comprender o porqué da súa actuación.
Ao longo da novela observamos
chiscadelas cómplices a España: a idea de elixir entre tantas marcas, o seat “por
solidaridad entre los pobres” como lle di o xenro ou apoiar a España na final
do Mundial de fútbol. Non en van estamos bañados polo mesmo mar.
Nas obras anteriores, o comisario
Jaritos é o “home entre os homes”, mais nesta novela vese suaviazado pola presenza
de dúas figuras femininas: Katerina e
Kula.
Sen dúbida, todos coincidimos no valor
social da novela, nun momento en que a historia de España e a de Grecia
coinciden, pois estamos Con el agua al cuello.
Beatriz
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario. Non esquezas por o teu nome pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.