Onte houbo xuntanza do Club de lectura de nais na biblioteca do cole. Aquí tedes a crónica de Beatriz, unha das nais do club de lectura:
"Gozar de Verano en pleno inverno, iso foi o que fixemos na sesión do Club de lectura de onte.
Co gallo de escribir a súa biografía, Coetzee serviuse dun recurso novidoso e á vez sorprendente: conseguiu novelar retallos da súa vida adulta partindo do suposto do seu falecemento: “isto é o que se saberá de min cando non estea”, debeu pensar Coetzee. Permitiu que nos achegásemos a certas parcelas da súa intimidade, sen excesos, e marcando perfectamente os límites do potencialmente coñecible.
As figuras femininas van tomando corpo e coverténdose elas mesmas en protagonistas principais: amosando as súas teimas e preocupacións, e sobre todo relegando á categoría de sombra a figura de Coetzee.
O autor-protagonista é un “miñaxoia” nas mans destas corsarias.
Con gran mestría introduce o transfondo social do Apartheid, as súas consecuencias e mesmo a orixe da colonización en Sudáfrica.
Houbo diferentes opinións sobre o libro mais todos e todas coindicimos no novidoso da técnica e decatámonos do descoñecido que é para nós ese país do sur de África. Coetzee conseguiu trasladar o arrecendo da Sudáfrica máis xenuína a través das páxinas de Verano."
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario. Non esquezas por o teu nome pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.