Ainda que estamos moi caladas, non temades, estamos traballando moito!;
O equipo de biblioteca anda argallando moitas cousas!.Este curso estamos no equipo as seguintes profes: Isa, Inés, Merchi, Susana, Belén, Mayca, María e Ana.
- A partir do vindeiro luns, botamos a andar as mochilas viaxeiras en todos os cursos de Primaria.Este curso son un montón.
- O equipo de apoio de nais xa empezou a traballar, recollendo os libros do préstamo de verán. Tamén estamos pendentes de reorganizar os días de xuntanza, porque este curso son mais mamás voluntarias.
- A vindeira semana empezarán os alumnos e alumnas voluntarias de 4º, 5º e 6º a traballar de axudantes de biblioteca.
- Recibimos xa o primeiro lote de libros das Lecturas de Ida e Volta da Fundación Sánchez Ruipérez. Trátase de unha colección de libros para Infantil e Primeiro ciclo, que podemos desfrutar ata o 15 de Novembro. Xa estamos lendo os libros, que son preciosos.
- Preparamos os carnés para os novos alumnos e alumnas. Esta curso o noso cole creceu moito, somos un montón!
- Fichamos un montón de libros que as familias donan para o préstamo das familias.
- Preparamos a celebración do Día das bibliotecas escolares, que este ano ten o lema "Biblioteca escolar, acelerador de innovación". Para saber mais, recomendamosvos entrar no blog da asesoría de bibliotecas escolares de Galicia:
Xa vos contaremos!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario. Non esquezas por o teu nome pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.