Quintela: 100 anos de escola en Moaña
1912-2012
4 de Maio de 2012
19 h. No CEIP Quintela
Inauguración da exposición de fotos.
Presentación da recreación dunha aula tipo da metade do século pasado.
Ambas exposicións estarán abertas ao público do 4 ao 24 de maio, de 16 a 18 h.
20 H Centro Cultural Daniel Castelao.
Faladoiro "As nosas vivencias na escola"
Participarán: Elisa de la Peña, Pepe O Caramuxo, Modesta Fandiño, Pepe O Roxo e Filomena Lago.
Participa e comparte connosco os teus recordos.
Desexámosvos que polo menos, durante outros 100 anos sigades "facendo escola". Unha aperta dende Cervo!
ResponderEliminarMaría
Noraboa por estes cen anos! E que sexan moitos máis, como ata agora, sendo un referente para os que cremos na escola pública de calidade.
ResponderEliminarParabéns tamén polos actos que estades a organizar neste centenario. Como nos gustaría acompañarvos.
Unha aperta moi grande para o CEIP Quintela do CEP Brea Segade.
Grazas María e Cova. A celebración está a ser moi emotiva, con emotivos reencontros e investigacións que iremos compartindo con todos e todas.
ResponderEliminar