28/03/07
Educando as emocións: O medo
Este curso, dende a biblioteca quisemos darlle un pouco de continuidade a ese traballo e escollemos unha emoción moi "literaria" para traballar: O medo.
Para eso dotamos a nosa biblioteca dunha gran cantidade de libros de medo, que podedes buscar no noso catálogo (por materias "medo" ou "contos de medo").Os contos os leimos na hora de ler, e falamos sobre as cousas que nos dan medo. Ademais todo o cole escribiu nunhas fichas as cousas que nos asustan.
Os nenos e nenas de Infantil e Primeiro visitaron o Salón do Libro de Pontevedra (que ía sobre o medo),e fixeron moitos traballos plásticos: pantasmas e arañas que colgan dos pasillos.
Os maiores escribiron historias de medo,e fotografiaronse poñendo caras terroríficas que puseron nos pasillos do colexio (sin ningún pudor).Por último decoramos o noso cole de unha maneira terrorífica.
26/03/07
As nosas cousas
Vense os ordenadores dos alumnos e alumnas, a zona de consulta ao fondo e a zona de ficción para os mais maiores do cole.
Xa vos iremos ensinando outras zonas.
Sabedes que estamos renovando muebles e non queremos ensinarvos todo ata que esté rematado.
Imos contarvos un pouco do que fixemos últimamente:
O trimestre pasado traballamos a poesía en todos os cursos:Infantil e Primaria.
Fixemos uns obradoiros onde aprendemos,inventamos, ou cambiamos as palabras e os versos dos poemas que máis nos gustaron.Con algúns deles fixemos murais para celebr
Tamén estamos traballando o medo.Lemos moitos contos de medo,disfrazámonos no entroido de pantasmas,bruxas,monstruos.¡Temos un cole de medo!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas